Pero este ano imos vivir o Entroido máis raro dos últimos corenta : coas rúas case desertas, sen desfiles, sen celebracións; aínda que o espíritu festivo siga connosco.
Por mor da pandemia, todos os concellos onde o Entroido é a festa máis celebrada, cancelaron os festexos.
No cole, imos festexar estas datas en "grupos burbulla", sen mesturarnos uns cos outros e sen a compañía das familias coma outros anos. Tamén teremos o noso "festival de comedias", pero en diferido. Gravaremos o que prepare cada aula e poderedes ver os disfraces e as representacións no Bloguesquío.
Para documentarvos sobre esta tradición en Galicia, deixovos unha páxinas moi interesantes:
👺 28 personaxes do Entroido ourensán
👾 Entroidar: Documental
💃 Canto sabes do Entroido? : Xogo para repasar o vocabulario
🙌 A correr o Entroido! : Xogo de Verdadeiro/ Falso
😎 Do Entroido: Xogo
Ningún comentario:
Publicar un comentario