O Apalpador xa preparou os agasallos e, a estas alturas, ou xa pasou polas casas dos nenos e nenas a noite do 24, ou aínda terán que agardar po el ata a noite do día 31.
Pero antes diso, Sali contounos a historia deste personaxe
E tamén podedes ler este poema de Xurxo L. Valcárcel:
Este ano decidimos que foran os rapaces e rapazas os que recomendaran unha lectura aos seus compañeiros. Para iso organizamos unha especie de "amigo invisible". Cada un deles tivo que "agasallar" ao compañeiro ou compañeira que lle tocou por sorteo cun libro da biblioteca. Claro que ... tivo que ter en conta os gustos do amigo... Os agasallos foron repartidos o último dia de clase antes do descanso de Nadal.
A existencia deste castro foi descuberta en 1920, pero non se comezou a escavar ata a década dos anos 70. Dende os anos 80 véñense realizando excavacións por parte do Museo Arqueolóxico de Ourense que puxeron ao descuberto gran número de edificacións, unha rúa empedrada e varias vivendas . O castro foi habitado polos castrexos dende a idade de ferro, no século I a. de C. Na cima e na ladeira podemos ver restos de edificacións circulares e as bases dun torreón de vixiancia. No século II d. de C. o poboado foi abandoado, ata que cen anos despois volveu ser ocupado por outra civilización con características galaico-romanas que se asentou fóra das murallas. O máis sobresaínte desta época é a zona de vivendas que se atopa a entrada do complexo: unha casa cun patio porticado e un edificio de duas prantas con escaleiras exteriores e que contaba cun singular sistema de calefacción.
Pías excavadas nas rochas
Sáese do poboado por unha rúa empedrada, da que se conservan uns 30 metros. En toda a área do castro podemos ver como as rochas foron utilizadas para excavar pías ou como elementos constructivos, servindo nalgúns casos de muros das casas.
Visita virtual a casa de dúas plantas:
Vista frontal da casa porticada:
Recorrido virtual pola casa porticada:
Como sabedes. as nenas e nenos de 2º elixiron a Arqueoloxía como rama da ciencia a investigar durante este curso, dentro do Proxecto anual "Tol@s pola ciencia".
Para poñelos en situación, a profe decidiu visitar un castro... E o mais cercano, quitando o de Trelle que está sen excavar, é o de Santomé en Ourense.
Santomé está mergullado nun espeso bosque de carballos, sobreiras, érbedos e piñeiros. Nas áreas excavadas emerxen muros, debúxanse as formas das casas que aínda están aí, séntense os pasos dos homes e mulleres que alí habitaron de xeito interrumpido entre a Idade do Ferro e a fin do Imperio Romano. Contra o século I a.C., unha comunidade instalouse no castro, construíndo murallas e torreóns que nós recorremos coma se fosemos verdadeiros arqueólogos. Despois achegámonos á sala de exposicións que o Museo Arqueolóxico de Ourense ten en San Francisco, pois as obras de reforma obrigan a manter pechadas ao público as instalacións da Praza Maior. Alí unha arqueóloga de verdade explicounos as características das esculturas e outros obxectos castreños, algúns deles atopados no castro de Santomé.
O día 25 de novembro é un día para a reflexión. É necesario loitar con todas as nosas forzas para acabar coa violencia, e unha das mellores formas de facelo é a educación: só se educamos aos nenos e nenas na igualdade, na solidaridade e na tolerancia conseguiremos terminar con esta lacra. Nós quixemos sensibilizar ao nosos alumnado para que valoren ás persoas, xa sexan homes ou mulleres, aprendendo que o traballo non ten sexo, que as persoas son libres para elixir e decidir o traballo que queren desempeñar na súa vida.
Traballamos os estereotipos
Tivemos uns momentos de reflexión sobre as profesións das persoas. Para comprobar como funcionan os estereotipos de xénero, pedimos aos nenos e nenas que describisen a "unha persoa que opera", unha persoa que conduce un camión", unha persoa que apaga incendios e rescata xente"... (evitando mencionar o seu sexo) A maioría das respostas foron "é alto e forte, co pelo curto..." - E como é unha persoa que axuda ao cirurxián, ou unha persoa que fai peiteados? As respostas foron : "alta, delgada, co pelo longo..." Ao cabo,dixémoslles que iamos facer un xogo e entrou na biblioteca unha muller vestida cun chandal. Preguntámoslles cal pensaban que era a súa profesión. Estas foron as respostas: - Entrenadora persoal - Profesora de E. Física - Dependenta - Mestra - Enfermeira...
Dixémoslles que tiñan que adiviñar cal era a súa profesión facendo preguntas. Ela só podía responder si/non. A muller abandoou a biblioteca uns minutos e apareceu equipada co traxe que emprega diariamente no seu traballo: era BOMBEIRA.
Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa profesión e sobre todo interesáronse polos perigos da mesma. Ela explicou que, ante todo, había que ter sangue frío para actuar en situacións límite e que "nesta profesión non hai superheroes, todo se basea no traballo en equipo"
Despois de ver a curta "A escada da violencia", pareceunos moi acaído traballar a igualdade entre nenos e nenas, homes e mulleres .
A cada clase démoslle un chanzo e tiveron que decoralo cun lema que fixese referencia a igualdade, a amizade, o bo trato...
Con todos os chanzos construímos a Escada da Igualdade
Nas clases de EI, as profes explicaron que os homes e as mulleres poden facer os mesmos traballos .
Rematamos cantando a canción Respecta e tolera (Marcando o ritmo coa música da canción "We will rock you" de Queen):