O castro foi habitado polos castrexos dende a idade de ferro, no século I a. de C. Na cima e na ladeira podemos ver restos de edificacións circulares e as bases dun torreón de vixiancia.
No século II d. de C. o poboado foi abandoado, ata que cen anos despois volveu ser ocupado por outra civilización con características galaico-romanas que se asentou fóra das murallas. O máis sobresaínte desta época é a zona de vivendas que se atopa a entrada do complexo: unha casa cun patio porticado e un edificio de duas prantas con escaleiras exteriores e que contaba cun singular sistema de calefacción.
Pías excavadas nas rochas |
Sáese do poboado por unha rúa empedrada, da que se conservan uns 30 metros.
En toda a área do castro podemos ver como as rochas foron utilizadas para excavar pías ou como elementos constructivos, servindo nalgúns casos de muros das casas.
Visita virtual a casa de dúas plantas:
Vista frontal da casa porticada:
Recorrido virtual pola casa porticada:
Ningún comentario:
Publicar un comentario