Como sabedes. as nenas e nenos de 2º elixiron a Arqueoloxía como rama da ciencia a investigar durante este curso, dentro do Proxecto anual "Tol@s pola ciencia".
Para poñelos en situación, a profe decidiu visitar un castro... E o mais cercano, quitando o de Trelle que está sen excavar, é o de Santomé en Ourense.
Santomé está mergullado nun espeso bosque de carballos, sobreiras, érbedos e piñeiros. Nas áreas excavadas emerxen muros, debúxanse as formas das casas que aínda están aí, séntense os pasos dos homes e mulleres que alí habitaron de xeito interrumpido entre a Idade do Ferro e a fin do Imperio Romano. Contra o século I a.C., unha comunidade instalouse no castro, construíndo murallas e torreóns que nós recorremos coma se fosemos verdadeiros arqueólogos.
Despois achegámonos á sala de exposicións que o Museo Arqueolóxico de Ourense ten en San Francisco, pois as obras de reforma obrigan a manter pechadas ao público as instalacións da Praza Maior. Alí unha arqueóloga de verdade explicounos as características das esculturas e outros obxectos castreños, algúns deles atopados no castro de Santomé.
Na Procura do pasado by Slidely Slideshow
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
Ningún comentario:
Publicar un comentario