O día 25 de novembro é un día para a reflexión.
É necesario loitar con todas as nosas forzas para acabar coa violencia, e unha das mellores formas de facelo é a educación: só se educamos aos nenos e nenas na igualdade, na solidaridade e na tolerancia conseguiremos terminar con esta lacra.
Nós quixemos sensibilizar ao nosos alumnado para que valoren ás persoas, xa sexan homes ou mulleres, aprendendo que o traballo non ten sexo, que as persoas son libres para elixir e decidir o traballo que queren desempeñar na súa vida.
Traballamos os estereotipos
Tivemos uns momentos de reflexión sobre as profesións das persoas. Para comprobar como funcionan os estereotipos de xénero, pedimos aos nenos e nenas que describisen a "unha persoa que opera", unha persoa que conduce un camión", unha persoa que apaga incendios e rescata xente"... (evitando mencionar o seu sexo)
A maioría das respostas foron "é alto e forte, co pelo curto..."
- E como é unha persoa que axuda ao cirurxián, ou unha persoa que fai peiteados?
As respostas foron : "alta, delgada, co pelo longo..."
Ao cabo,dixémoslles que iamos facer un xogo e entrou na biblioteca unha muller vestida cun chandal.
Preguntámoslles cal pensaban que era a súa profesión. Estas foron as respostas:
- Entrenadora persoal
- Profesora de E. Física
- Dependenta
- Mestra
- Enfermeira...
Dixémoslles que tiñan que adiviñar cal era a súa profesión facendo preguntas. Ela só podía responder si/non.
A muller abandoou a biblioteca uns minutos e apareceu equipada co traxe que emprega diariamente no seu traballo: era BOMBEIRA.
Os rapaces e rapazas fixéronlle moitas preguntas sobre a súa profesión e sobre todo interesáronse polos perigos da mesma. Ela explicou que, ante todo, había que ter sangue frío para actuar en situacións límite e que "nesta profesión non hai superheroes, todo se basea no traballo en equipo"

25N by Slidely Photo Gallery
Ningún comentario:
Publicar un comentario