Amosando publicacións coa etiqueta diversidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta diversidade. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de marzo de 2026

Día das enfermidades raras

 Para celebrar o Día das Enfermidades Raras, tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca.  María del Carmen, a mamá de Xoel, acompañounos para compartir un conto co obxectivo de dar visibilidade ás enfermidades raras. 

A través da  lectura,  os nosos alumnos/as disfrutaron dunha historia emocionante e aprenderon o valor da empatía, a inclusión e o respecto á diversidade.




mércores, 8 de decembro de 2021

Non sobra ninguén

 

Todas as persoas, coas súas capacidades, poden aportar moito ao desenvolvemento da sociedade. 

Só o compromiso  e o respecto pola diversidade serán capaces de conseguir a integración de todos e todas. Esta é a única vía posible para construir entre todxs unha sociedade máis plural, equitativa e xusta. 

Todas as persoas contan, e os distintos talentos aportan valor e equilibrio ao conxunto. 

Por iso o noso compromiso é que ninguén quede atrás, porque todos somos importantes e necesarios.

Baixo o mesmo paraugas


Non importa se tés orellas de bolboreta, se és unha rá de tres ollos, se és un monstro  de cores ou se levas un cazo tras de ti noite e día. Ás veces o esencial é invisible para os ollos, so se pode ver co corazón.

As diferenzas enriquécennos e a empatía e o respecto fai que nos unamos á campaña "Baixo o mesmo paraugas" para dar visibilidade a unha sociedade diversa e plural, pero cos mesmos desexos e ilusións.

Busca o teu super poder

 "Coñéceme polas miñas habilidades, non polas miñas discapacidades". -Robert M. Hensel.


Non todas as superheroínas e os superheroes levan capa .

Todas e todos temos algún poder, algo que facemos especialmente
ben, pero tamén temos debilidades, algo que non se nos da tan ben e para o que precisamos axuda.
Esto é o que nos fai ser especiais porque nos diferencia dos demais e nos fai ser únicos.
AFAD Valdepeñas creou o conto "Super Lucía" para explicar aos nenos e nenas que é a discapacidade dun xeito sinxelo e nós baseámonos nel para facer este video:

xoves, 2 de abril de 2020

Rompendo barreiras



O día 2 de abril celebramos o Día Mundial do Autismo para dar a coñecer a realidade destas persoas, as súas necesidades e as súas capacidades.

Este ano, como moitas outras cousas, toca celebralo na casa.
Os nenos de EI 3  e a súa profe Marta sumáronse á convocatoria . No video poderedes ver como fixeron o símbolo con cousas que tiñan pola casa...



Tamén podedes ver estes videos:

Para EI : Elmer 

Para 1 , 2  e 3 EP :  Academia de Especialistas

Para 4, 5 e 6EP : Ex-Et

sábado, 21 de marzo de 2020

21M. Calcetíns desparellos


Unímonos ó reto "Calcetíns Desparellos" impulsado por Down Galicia para dar visibilidade  ás persoas con Sindrome de Down  e fomentar a súa inclusión.
Hoxe había que levar calcetíns diferentes coma símbolo de que "todxs somos diferentes e iguais á vez".
A Síndrome de Down non é unha enfermidade. É a alteración xenética máis común nas persoas,  que teñen tres cromosomas no par 21.
Trátase de poñer en valor os logros e capacidades destas persoas , reivindicar a súa integración familiar, escolar, laboral e social e  fomentar a súa  inclusión nas actividades cotiás a través da formación e o emprego.