xoves, 30 de xaneiro de 2020

PAZ, tres letriñas de nada ...

Este ano queriamos un día da Paz sostible e por iso nos dedicamos
a reutilizar e a reciclar...
Reutilizamos unha chea de botellas de plástico da auga do comedor. Fómolas gardando durante moito tempo!
Pintámolas e con elas fixemos un "super-mural" no que participamos todos.
A iso se lle chama cooperación!!!

Reciclamos dúas cancións que traducimos ao galego.
 Unha de Unai Quirós  "Cultiva a PAZ", que cantaron xs nenxs de EI : 

E outra que escribiron tres profesores do Colexio Lourdes FUHEM de Madrid. Puxémonos en contacto con eles e "prestárono-la" moi amablemente.  
Aquí podedes escoitar a nosa versión de "O Bonito":

Tamén pintamos unhas pulseiras da paz para recordar este día da amizade e a colaboración.

E, empregando o Kamishibai,  escoitamos o conto titulado "Se eu tivera unha puga ..." que nos fala da amizade e a xenerosidade. 

sábado, 18 de xaneiro de 2020

Elixe ben a cor ...


 Estamos a participar no proxecto "Recíclate con Sogama" un programa de educación ambiental  que ten por obxecto promover a  implicación do alumnado na xestión  sostible dos residuos.    Tamén ten moito que ver co  consumo responsable, a menor produción de lixo , o fomento da reutilización e a reciclaxe. 
É dicir, que desenvolve  moitos obxectivos do noso proxecto anual. 

Para facilitar a recollida selectiva de lixo, Sogama enviou ao centro unha "illa de reciclaxe" formada por  tres colectores (amarelo, azul e verde) e que instalamos no patio. Tamén nos mandaron unhas bolsas-caixa que foron repartidas polas aulas e un composteiro para o tratamento da materia orgánica que se xenera no comedor escolar . O compost  que obteñamos  empregarémolo no horto .

Ademáis, tivemos unha xornada de formación na que nos explicaron os conceptos básicos da sostibilidade aplicada ós residuos, aclararon as dúbidas que tiñamos  e falaron sobre a problemática que, nas sociedades modernas, representa a elevada xeración de lixo e como combatela a través das boas prácticas ambientais .
Elixe ben a cor by Slidely Photo Gallery

Se todxs camiñamos na mesma dirección,   evitaremos que o lixo afecte á nosa saúde e benestar e contribuiremos a protexer a nosa contorna  tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico ( disminución de custos para os nosos concellos )

luns, 13 de xaneiro de 2020

Noa no espello

Pasamos unha mañá moi divertida na biblioteca con Sabela Gago e as súas historias. 
Con ela viñeron Noa, Antón, Uxía, a avoa e a profe ...  que nos axudaron a descubrir que cada persoa é especial e que temos que facer fronte  as críticas dos demáis e superalas  do mellor xeito posible.

Noa era unha nena a que lle gustaba xogar á pelota, ás espadas, ler cómics de superheroes  e asubiar. E non entendía por que ó seu mellor amigo e á súa curmá os seus gustos  lles parecían "de nenos". 

Unha sesión moi dinámica e entretida, con xogos de linguaxe, mímica, música que nos fixo gozar dunha historia sobre a  igualdade de xénero, a través da mirada da nena protagonista ...

Coma sempre, XENIAL! e moi recomendable.