sábado, 18 de xaneiro de 2020

Elixe ben a cor ...


 Estamos a participar no proxecto "Recíclate con Sogama" un programa de educación ambiental  que ten por obxecto promover a  implicación do alumnado na xestión  sostible dos residuos.    Tamén ten moito que ver co  consumo responsable, a menor produción de lixo , o fomento da reutilización e a reciclaxe. 
É dicir, que desenvolve  moitos obxectivos do noso proxecto anual. 

Para facilitar a recollida selectiva de lixo, Sogama enviou ao centro unha "illa de reciclaxe" formada por  tres colectores (amarelo, azul e verde) e que instalamos no patio. Tamén nos mandaron unhas bolsas-caixa que foron repartidas polas aulas e un composteiro para o tratamento da materia orgánica que se xenera no comedor escolar . O compost  que obteñamos  empregarémolo no horto .

Ademáis, tivemos unha xornada de formación na que nos explicaron os conceptos básicos da sostibilidade aplicada ós residuos, aclararon as dúbidas que tiñamos  e falaron sobre a problemática que, nas sociedades modernas, representa a elevada xeración de lixo e como combatela a través das boas prácticas ambientais .
Elixe ben a cor by Slidely Photo Gallery

Se todxs camiñamos na mesma dirección,   evitaremos que o lixo afecte á nosa saúde e benestar e contribuiremos a protexer a nosa contorna  tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico ( disminución de custos para os nosos concellos )

Ningún comentario:

Publicar un comentario