mércores, 15 de xuño de 2022

We'll be friends

 

O profe Arturo inventou a letra desta canción dedicada a Efrén, a nosa mascota. Este esquío é o noso amigo dende hai unha chea de anos cando un día apareceu polo cole e quedou a vivir na biblioteca. Sempre nos acompaña nas actividades que se levan a cabo e anímanos a que, o que fagamos, o fagamos ben e con gusto e ilusión.

Tamén quere facerse amigo de todas as nenas e nenos que veñan ao cole o ano que ven, e o seguinte , e ... 
Credes que o conseguirá?


martes, 14 de xuño de 2022

Parabéns, Xiana


Nesta nova edición do programa Atrévete da Consellería de Cultura, Educación e OU, a nosa alumna Xiana, grande emprendedora de 5º EP, "atreveuse a ter unha idea" novedosa  e resultou gañadora coa súa orixinal  proposta "app solidaria". 


 O vindeiro  día  21  irá a Santiago a recoller o seu premio: un diploma, unha tablet e un grande aplauso.

martes, 7 de xuño de 2022

Os Bolechas no Cole


Xa hai tempo que os Bolechas nos pediron que falaramos do noso proxecto anual para o seu programa "Os Bolechas no cole" que sae no Xabarín Club da TVG. Coas gravacións que lles mandamos, nas que explicabamos como funciona a Lavamagic, montaron un capítulo que trata sobre as emocións  e que quedou moi ben:

E tamén nos enviaron o video do programa no que colaboramos o ano pasado. Lembrades? Si home, aquel que trataba sobre "As lembranzas dos avós"