Amosando publicacións coa etiqueta Dia dos Nenos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia dos Nenos. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de novembro de 2020

Dia da Infancia



Celebramos o
Día Internacional da Infancia. É unha data para lembrar que as nenas e nenos non son só seres fráxiles que necesitan ser protexidos, senón que son persoas que teñen dereitos: Dereito a seren educados, dereito a divertirse, a aprender e a expresarse , dereito a recibir coidados médicos e alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos e onde queira que teñan nacido.



Entre todas e todos  fixeron este mural no que resumiron o que aprenderon:

Aurora sorprendeunos cun poema :

Hoxe é o noso día by Ceip Saco e Arce on Scribd


luns, 20 de novembro de 2017

Dereito dos nenos (a escoitar contos)

A todos os nenos e nenas lles encanta escoitar, ler e inventar contos. 
Se nos detivéramos a pensar en todos os beneficios que isto lles reporta aos rapaces (e a nós mesmos), de seguro que nos animábamos a contarlles historias máis a miúdo.
A Declaración Universal dos Dereitos dos nenos a escoitar contos é un manifesto que nos recorda todas esas ventaxas. 
Este manifesto apareceu publicado por primeira vez en Venezuela alá polos anos 70 do século pasado e exixten múltiples variantes .
Esta é a adaptación que fixemos na nosa Biblioteca:



DiaDereitosDosNenos2017 by Slidely Slideshow

martes, 2 de decembro de 2014

Temos Dereitos

Xa dixemos que o pasado día 20 de novembro se cumpriron 25 anos da Convención dos Dereitos da Infancia.
Nós xuntámonos para recordar algúns dos Dereitos dos Nenos que deben ser protexidos.


xoves, 20 de novembro de 2014

Día da infancia

En 1924 asinouse a Declaración de Xenebra, que está considerada a primeira declaración sobre os dereitos dos nenos. É un texto breve, de só 5 artigos, Sinxelo, pero importante. A comunidade internacional percibía que o mundo estaba cambiando rápidamente e que @s nen@s tiñan que ser protexidos e que se lles debía asegurar un futuro digno.

E...xa que estamos co mes das Mates... canto tempo pasou dende aquela?

Pois, si... 90 anos.

35 anos máis tarde, un 20 de novembro (esta vez tendes que adiviñar o ano)  aprobouse a Declaración dos Dereitos d@s Nen@s. Tamén é un texto curto, tan só 10 artigos. Neles recóllense os deberes da sociedade para protexer aos nenos e nenas e os dereitos de est@s a ser protexidos.

Tiveron que pasar outros  30 anos  (xa adiviñastes en que ano foi?)  para que a ONU proclamara a Convención dos Dereitos D@s Nen@s, o texto internacional de protección a infancia máis importante, porque deixa de ser unha mera declaración de intencións e pasa a converterse en ley e tod@s os nen@s do mundo poden buscar amparo nela.

 A ver, xa descubristes cantos anos cumpre?

Acertastes... 25 anos ,  nada menos!

"Motivos non faltan para estar de festa: tres aniversarios  que se teñen que celebrar .
Lástima que a alegría non poida ser completa. 
Cada día morren miles de nenos e nenas que non teñen nome, nin saúde, nin educación... E morren polas guerras, polas enfermidades, pola fame, pola sede, polos maltratos ... 
Miles de nen@s que nunca souberon que eran nen@s e que tiñan que vivir contentos e ser amados.

A realidade non ten que enturbiar a esperanza e o compromiso para seguir traballando en prol dos dereitos d@s nen@s.
Boa festa e feliz aniversario aos nen@s e aos adultos que os queren."

                                                                                                                                                   Xavier Puigdollers Noblom 


Recursos Dereitos do neno


Nesta ligazón atoparedes unha recompilación de  recursos de todo tipo  para conmemorar esta data feita pola profesora Mª Asunción García (picade na imaxe):


luns, 25 de novembro de 2013

Tod@s fomos nen@s

"Todos fomos nenos algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nenos, que sempre foi e seguirá sendo  o desexo  mais universal da humanidade"
                                                            (Cumio mundial en favor da infancia -
                                                                            Informe do Secretario Xeral)

E cando nos facemos maiores, volvemos a sentirnos nen@s outra vez.
 Por iso nos gusta visitar aos "avós" do Centro de Día ... Porque se alegran  cando imos, porque nos aplauden "a rabiar" ...Porque conectan connosco ...
Esta vez, despois de moita espera por mor do tempo (tiña que ser un día sen chuvia porque a volta ía ser camiñando) celebramos tod@s xunt@s o Día do Maior, o Dia da Biblioteca e o Día dos Nen@s (fóisenos acumulando o "chollo" e celebramos todo xunto). 
Queriamos levar un agasallo, asi que cada clase  escolleu un libro  para  ler, contar, cantar ou representar a historia.


 

mércores, 20 de novembro de 2013

20 de novembro: Día dos Nen@s

Como cada ano, o 20 de novembro está dedicado aos Dereitos das nenas e nenos. 
Dádesvos conta da sorte que temos por vivir onde vivimos?

E vós como o ides celebrar?

Unídevos a Lunicef e cantade alto polos dereitos da infancia: 



E tamén podedes ver estes videos que Pocoyo&friends fixeron para UNICEF. Só tedes que picar na imaxe: