E...xa que estamos co mes das Mates... canto tempo pasou dende aquela?
Pois, si... 90 anos.
35 anos máis tarde, un 20 de novembro (esta vez tendes que adiviñar o ano) aprobouse a Declaración dos Dereitos d@s Nen@s. Tamén é un texto curto, tan só 10 artigos. Neles recóllense os deberes da sociedade para protexer aos nenos e nenas e os dereitos de est@s a ser protexidos.
Tiveron que pasar outros 30 anos (xa adiviñastes en que ano foi?) para que a ONU proclamara a Convención dos Dereitos D@s Nen@s, o texto internacional de protección a infancia máis importante, porque deixa de ser unha mera declaración de intencións e pasa a converterse en ley e tod@s os nen@s do mundo poden buscar amparo nela.
A ver, xa descubristes cantos anos cumpre?
Acertastes... 25 anos , nada menos!
"Motivos non faltan para estar de festa: tres aniversarios que se teñen que celebrar .
Lástima que a alegría non poida ser completa.
Cada día morren miles de nenos e nenas que non teñen nome, nin saúde, nin educación... E morren polas guerras, polas enfermidades, pola fame, pola sede, polos maltratos ...
Miles de nen@s que nunca souberon que eran nen@s e que tiñan que vivir contentos e ser amados.
A realidade non ten que enturbiar a esperanza e o compromiso para seguir traballando en prol dos dereitos d@s nen@s.
Boa festa e feliz aniversario aos nen@s e aos adultos que os queren."
Xavier Puigdollers Noblom
Nesta ligazón atoparedes unha recompilación de recursos de todo tipo para conmemorar esta data feita pola profesora Mª Asunción García (picade na imaxe):
Ningún comentario:
Publicar un comentario