BLOGUESQUÍO
Blogue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén
PÁXINAS
- Inicio
- Aprender a aprender
- Biblioteca dixital
- Biblioteca Inclusiva
- Booktubers
- Buzón de Suxestións
- Cancións molonas
- Cataventos
- Educación documental
- Clubes Lectura
- Cuestionarios Biblio
- Efren, a nosa mascota
- Escornabots
- Formación de usuarios
- Guías de Lectura
- Hora de Ler
- Mindfulness
- Mochilas viaxeiras
- Proxectos Documentais
- Radio Tarabela
- Somos Autores - EEE (Efrén Esquío Edicións)
- VideoContos
- Un conto antes de durmir
- Xogos Educativos
- Os podcast de Efrén
martes, 19 de maio de 2026
domingo, 10 de maio de 2026
EN ABRIL, LIBROS MIL
No mes de abril, como cada ano, celebramos o mes do libro facendo diversas actividades:
O 23 de abril, Día do Libro, tivemos un contacontos con Erea Mora. Ademais Efrén, a nosa mascota de biblio visitou todas as clases e entregou sobres moi especiais con sementes de flores para plantar. Co lema “ Lemos para medrar” lembrounos que, ao igual que coas plantas, se lemos , estamos “sementando o noso futuro”.
Tamén tivemos a visita das familias. Durante a “hora de ler” varias nais e pais visitaron a biblioteca para compartir contos e historias con nós. Grazas por vir!!!
Os nosos colabores/as tamén contaron contos usando o kamishibai para narrar as historias dun modo diferente.
Finalmente fixemos o apadriñamento lector. Foi emocionante ver aos alumnos/as máis maiores compartindo lecturas cos máis pequenos.
domingo, 26 de abril de 2026
mércores, 8 de abril de 2026
BUSCA DOS OVOS DE PASCUA NA BIBLIOTECA
O último día de clases antes das vacacións de Semana Santa tivemos unha busca de ovos na biblio. Axudados por Efrén e os colaboradores e colaboradoras estivemos na procura dos ovos de chocolate. Grazas a todo/as por participar.
Contacontos Celso Fernández Sanmartín
Celso Fernández Sanmartín na nosa biblio.
O pasado 20 de marzo tivemos a sorte de contar con Celso Fernández Sanmartin, un auténtico mestre da narración oral. Fíxonos desfrutar non só de contos, tamén de historias da vida.
Pasámolo moi ben.
xoves, 26 de marzo de 2026
Día das enfermidades raras
Para celebrar o Día das Enfermidades Raras, tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca. María del Carmen, a mamá de Xoel, acompañounos para compartir un conto co obxectivo de dar visibilidade ás enfermidades raras.
A través da lectura, os nosos alumnos/as disfrutaron dunha historia emocionante e aprenderon o valor da empatía, a inclusión e o respecto á diversidade.
luns, 23 de marzo de 2026
UNHA SEMANA ENTRE NOTICIAS
A semana do 9 ao 16 de marzo celebramos a semana da prensa na Escola. Tivemos a oportunidade de analizar diferentes noticias de varios xornais e explorar as diferenzas entre as seccións que os compoñen. Entre os xornais cos que traballamos estiveron: Nós Diario (o único xornal integramente en galego da nosa comunidade), La Voz de Galicia, La Región, e El Progreso de Lugo.
Tamén tivemos a visita dun xornalista de La Voz de Galicia co que alumnado de 5º e 6º de E.P puido aprender como se fai un xornal. Ademais, participamos no concurso de murais coas portadas dos xornais desa semana.
xoves, 26 de febreiro de 2026
Día de Rosalía e da Lingua materna
Estes días conmemoramos no cole o día de Rosalía de Castro e o día da lingua materna.
Para tal ocasión, xuntámonos todos e todas na biblioteca para ler un conto sobre a vida e a obra de Rosalía. Uxía e Noelia foron as encargadas de trasladarnos a aquela época na que Rosalía destacou na poesía, na música e no sentir galego.
Ao remate, cantamos a canción " Rosalía pequeniña "
O proxecto deste curso escolar tamén estivo presente neste día e para celebrar o día da Lingua materna, adornamos un vestido de Rosalía con flores que ían escritas con diferentes palabras nos idiomas maternos do alumnado do cole.
Quedou marabilloso !!!
luns, 9 de febreiro de 2026
Traballo sobre a mitoloxía galega
Aquí tedes o traballo realizado polos nosos alumnos e alumnas sobre os seres terroríficos da nosa mitoloxía.
Cada páxina está feita con imaxinación e maxia galega!!!!
Agardamos que vos guste tanto coma a nós.
venres, 19 de decembro de 2025
mércores, 10 de decembro de 2025
25 N
O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. O alumnado decorou uns panos con lemas contra dita violencia relacionándoos co tema do proxecto do centro deste curso que é "A Vestimenta: Máis que moda".
Algúns deses lemas foron:
- Vístome como quero.- Cosemos fíos de igualdade.- O noso patrón é o respecto.- Cortamos a tea da violencia.Repartíronse pegatinas co lema "vestímonos de respecto"E o alumnado de 1º creou e interpretou un rap titulado “Xa me visto eu, non me vistes ti”
venres, 5 de decembro de 2025
mércores, 12 de novembro de 2025
Mensaxe de Efrén para o alumnado de 3º e 4º
Mensaxe de Efrén para o alumnado de 3º e 4º de Primaria.
Vémonos pronto !!!




















