Dúas coreografías que fixemos durante o curso 24-25.
A primeira, Henna Henna, canción tunecina de Cheb Khaled e Cameron Cartio.
A segunda, a coñecida APT, de Rosé e Bruno Mars. Nesta coreografía acompañounos Liah.
HENNA HENNA
APT
Dúas coreografías que fixemos durante o curso 24-25.
A primeira, Henna Henna, canción tunecina de Cheb Khaled e Cameron Cartio.
A segunda, a coñecida APT, de Rosé e Bruno Mars. Nesta coreografía acompañounos Liah.
HENNA HENNA
APT
A principio de curso, atopei unha canción moi bonita feita por un grupo de mestres/as e alumnado de los centros CRA Alto Gállego y CEIP Puente Sardas e que actualmente está coordinado desde a Asociación Proyectos Artísticos del Pirineo (PRAPI).
Púxenme en contacto con eles para facer un video no noso cole sobre o tema da igualdade, tema que levamos traballando no cole como Proxecto de Centro deste curso 23-24.
Como a igualdade é cousa te toda a sociedade, falei coa Asociación de Familias do colexio para que puideramos incluír a xente da contorna de Toén. O resultado foi maravilloso. Unha gran experiencia para o alumnado, pois eles mesmos gravaron a canción en galego, e fixemos os videos para que ahora vexades o resultado de como quedou todo.
Déixovos o enlace á páxina de " Depende dos 2 " para que vexades os inicios e o fermoso percorrido do proxecto que levan a cabo.
https://www.dependedelos2.com/
Grazas a todos/as pola vosa participación, sensibilidade e compromiso co tema da igualdade.
Neste día, o alumnado de 3º e 41 de Primaria fixo unha visita á Biblioteca pública de Ourense e asistiron ao Auditorio a unha obra chamada " NAUTILUS, 20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO " escenificada pola Compañía La Negra.
Gañadora do premio FETEN 2020 á Mellor proposta orixinal pola súa sensibilización medioambiental. Nautilus é unha versión da clásica novela de aventuras 20.000 leguas de viaje submarino cunha lectura actual, comprometida e preocupada pola conservación dos océanos e do noso planeta.
A súa dedicación a ensaiar os bailes durante o tempo do recreo, foi captando a atención de compañeiros e compañeiras do cole que querían velas. E comezaron a imitalas facendo os mesmos movementos.
Como mestre de música, non deixei escapar a ocasión de facer algo conxunto entre todos/as e comezamos a ensair unha das cancións de Blackpink no mes de outubro. Antes das vacacións de Nadal, fixemos a coreografía no ximnasio e non teño máis que palabras de eloxio para todo o alumnado pola dedicación, esforzo e compañeirismo que demostraron.
Lisa, Jisoo, Jennie e Rosé estarían moi orguiosas de vós. Gracias a todos/as e en especial a Leire, Antía, Uxía e Raquel por mostrar o camiño.
O profe Arturo inventou a letra desta canción dedicada a Efrén, a nosa mascota. Este esquío é o noso amigo dende hai unha chea de anos cando un día apareceu polo cole e quedou a vivir na biblioteca. Sempre nos acompaña nas actividades que se levan a cabo e anímanos a que, o que fagamos, o fagamos ben e con gusto e ilusión.
Un día á semana cada grupo-clase aproveita o recreo para cantar. Arturo recolleu as propostas do alumnado e hai varias listas de reprodución. Ninguén esquece a súa quenda e pasan un rato divertido
O uso do karaoke ten moitos puntos a favor:
.png)
| Create your own free picture slideshow |
"Surfeando" pola rede atopei este video con letra e a música de Jesús Sáez e realizado polo grupo Masartísticas para defender a presenza das ensinanzas artísticas na educación.