Amosando publicacións coa etiqueta Glogster. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Glogster. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de febreiro de 2013

Preparando o Día de Rosalía

 Neste cartaz dixital atoparedes recursos para preparar o Día de Rosalía.
Espero que vos sexan útiles



E aquí tendes  o ppt que preparou a "profe" Marisa para que os pequerrechos coñezan a vida de Rosalía:

mércores, 16 de xaneiro de 2013

Educar en valores

A vida é fermosa e vale a pena vivila pero seguindo unhas normas e principios que nos guíen. Son o que chamamos  VALORES.
 Por iso é tan importante que ensinemos e orientemos aos nen@s dende ben pequenos para que medren dacordo con estes valores e poidan ser mulleres e homes de éxito. 
A educación en valores ten como obxectivo último a formación integral dos cativos, que lles permita acadar valores positivos para eles mesmos e para a sociedade na que se desenvolverán; valores como a responsabilidade, o esforzo persoal, o compañeirismo, a autoestima, a solidariedade ou a tolerancia.

Picade nas ligazóns deste cartaz dixital e atoparedes contos, xogos, videos...

venres, 26 de outubro de 2012

Volve a noite dos mortos...

Está a piques de chegar de novo o Samaín, unha festa de orixe celta que os EEUU popularizaron como Halloween e difundiron a través do cinema.
Os antigos celtas dividían o ano en dúas metades: unha luminosa, de fartanza, calor e verán , e outra  escura, de escaseza, frío e inverno.
No medio das dúas quedaba a noite de Samaín, unha noite máxica na que os espíritos malignos quedaban ceibes e os defuntos visitaban as casas.Coa chegada dos romanos e máis tarde do cristianismo, a maior parte das tradicións pagás foron alteradas  ou prohibidas. A noite converteuse na de Todos os Santos, aínda que pola costa atlántica de Europa perviviu  o costume de lembrarse dos mortos e a crenza de que as meigas elixían o 31 de outubro para realizar os seus aquelarres.
En Irlanda, as vellas tradicións conserváronse durante toda a Idade Media, e foron os inmigrantes irlandeses os que levaron os vellos costumes aos Estados Unidos.

Neste mural dixital atoparedes recursos para celebrar esta festa con cancións terroríficas , películas arrepiantes , libros monstruosos  ... e moito máis.
Picade nos enlaces se vos atrevedes  e... deixádevos levar  ao máis alá....

sábado, 9 de xuño de 2012

No verán, ler e xogar

Aqui tendes o Mural dixital que preparei con actividades, xogos e lecturas para o verán.
Pasade o rato por riba e elixide o que queirades.
Espero que o disfrutedes!