Amosando publicacións coa etiqueta benvidos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta benvidos. Amosar todas as publicacións

domingo, 25 de setembro de 2022

Un novo curso comeza !!!!



Xa comezou o curso, e desde o CEIP Saco e Arce, e en especial desde a Biblioteca do cole, queremos dar a benvida a todas as familias. Este curso estamos moi ledos de vir ao cole coas novas que chegaron... ADEUS MÁSCARA !!! bueno... pero moito olliño porque o virus segue por ahí...

 Na Biblio tamén temos novidades importantes. A profe Marisa será a nova encargada da Biblio e estará arroupada por un equipo da Biblioteca moi dispostos a continuar o traballo que durante moitos anos levaron a cabo moitos mestres e mestras do cole, cordinados pola teacher Carmen. Poremos todo o noso esforzo para elo. 

Estes días, a nosa mascota Efrén, pasou polas clases a saudar a todo o alumnado e coñecer ás novas incorporacións do cole. Coa axuda do equipo da Biblio, estiveron falando das novas Normas da Biblioteca. Bueno... esto xa botou a andar... 

En moi poucos días, Efrén contaravos a todas as familias o tema sobre o que traballaremos este curso. como Proxecto Anual de Centro.... A AUGA. 

Moitas apertas e Feliz Curso 22-23 !!!!

luns, 5 de outubro de 2020

Disfrutemos da Biblio, pero con sentidiño!

A Biblio volve estar aberta, pero para usala imos ter que seguir un protocolo que impida que o virus "acampe" entre os libros e nos dea un susto.


PROTOCOLO da Biblio ante o COVID-19

Pronto estarán tamén en marcha as mochilas viaxeiras e as "bolsiñas" de infantil.

luns, 14 de setembro de 2020

Comezamos: Benvidas ao cole

Efrén, que adoita estár na Biblio dedicado aos seus labores,   quixo dar a benvida a todas as nenas, nenos e profes neste comezo de curso no que, xa todas sabemos por que, teremos que asimilar novas  normas, novas formas de comportamento e, esperemos que non, novas formas de aprendizaxe (que xa practicamos o curso pasado).

E fíxoo  preparado con todos os medios de prevención, como facemos todas e todos : máscara, pantalla e xel nas mans.

De tódolos xeitos, somos optimistas  e  agardamos que  sexa un ano coma todos os demais:  cheiño de novas propostas, novas actividades e  coma sempre... cheíño de soños.

domingo, 25 de setembro de 2016

Ola de novo ...

Ola, amigas e amigos, 
Aqui estamos outra vez tralo descanso do verán, tralas horas de piscina ou de praia (que este ano abofé que foron moitas, grazas ao tempo que veu) e tralas horas pasadas diante das tabletas, ordenadores e consolas... e estou seguro de que  diante dalgún bo libro...
Comezamos, coma sempre con moitas gañas de falar, escoitar, descubrir novas cousas, relacionar a aprendizaxe teórica coa súa aplicación real... é dicir,  APRENDER.

Xa  estou preparando os carnés dos novos lectores e novas lectoras e comecei a preparar as mochilas viaxeiras. Agora estamos moi ocupados decidindo en que proxecto imos traballar este curso. 
Xa vos irei contando...

Vémonos na Biblio!

martes, 8 de setembro de 2015

Volta ao cole...




    Transcurrido o periodo de descanso estival, toca retomar as nosas tarefas.

   E trataremos de facelo con ilusión, alegría e entusiasmo continuando coa nosa liña de acción enfocada ao traballo conxunto entre a escola e a familia,  participando todas e todos na educación d@s nos@s nen@s.


    Un ano máis, so nos queda darvos as grazas pola vosa confianza.


mércores, 11 de setembro de 2013

Benvido Setembro

Ilustración de Nancy Wolff
Benvid@s ao novo curso escolar!!
Parece que foi onte cando estabamos celebrando a festa de final de curso e, sen darnos conta... xa estamos preparando as mochilas e os mandilóns para comezar  de novo... 
Chegan de novo os madrugóns, as presas, os deberes... a volta á "normalidade", ao ritmo de vida habitual.
O novo curso que nos agarda seguro que estará cheo de novos retos, novas iniciativas e  grandes ilusións no que tod@s _familias e profesor@s_ debemos xuntar os nosos esforzos . 
Seguro que tod@s xuntos conseguiremos  chegar á meta!!


martes, 11 de setembro de 2012

Benvidas e Benvidos ao novo curso


Ola, queridas nenas e queridos nenos:
Aquí estou de novo 
¿Como estades? ¿Qué tal as vacacións? ¿Que tal ese verán lector?
Eu acabo de chegar . Aínda nen desfixen as maletas... A que vos dedicastes vós todo o verán? Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupado, coma sempre, viaxando e buscando máis novidades para traer á nosa Biblio.  
  Preparádevos, que veño cargado de ideas!!
A partir de hoxe xa podedes vir  a biblioteca cando queirades.
É moi importante que recordedes as normas, para que ninguén esqueza que a Biblio é de todos e de todas, e polo tanto debemos axudar no seu coidado para que continue sendo o noso lugar de encontro.Espérovos! 
Aínda que non me vexades, eu estarei pendente de que non vos falte nada e de atender as vosas suxestións.
Tamén espero que teñades un bo comezo daHORA DE LER”.
 Anímovos a que disfrutedes dese tempiño, e aproveitedes para emprender unha nova lectura que vos apeteza.
  O ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron estupendos. 
Cantos libros lemos ao longo o curso!! 

E agora, antes de preparar a mochila, mirádevos ao espello e comprobade se estades completiños, ou se vos falta algunha das partes que debe ter calquera lector....

Vémonos!