venres, 24 de maio de 2019

Cans

O Festival de Cans é un festival moi especial.


Celébrase  sempre, dende o ano 2004, o terceiro ou cuarto fin de semana do mes de maio, coincidindo co festival de  Cannes en Francia.
Cans é un festival de curtametraxes de produción galega, onde a música tamén xoga un papel moi relevante. 
Durante o festival, a aldea transfórmase completamente. 
Os veciños e veciñas ceden os seus espazos cotiáns para seren de uso público por uns días.
Hai dez espazosO Cuberto de Chelo, o Cuberto do Pato, o Baixo de Carlos, o Baixo de Alfonso, a Casa do Pedreiro, o Jalpón de Alicia, o Baixo do Carreira, a Casa de Mari, o Baixo de Bugarín ou o Baixo do Moncho)  que se converten en salas de proxección, e que durante o ano son adegas, alpendres, jalpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas.
Outros espazos, como placas de casas en construción, galiñeiros ou leiras convértense en lugares para actuacións musicais e outras actividades. 
Ademáis do festival de curtas hai estreas de filmes e documentais, coloquios con cineastas, roteiros sonoros e un feixe de actividades repartidas por toda a aldea.
E en Cans a xente trasládase dun lado a outro en chimpíns, que son como as limusinas de Cannes. 
 As pantallas son construidas por dous carpinteiros da  aldea , e a herba empacada e as táboas pasan a converterse en asentos para que o público vexa os filmes.
Hai curtas de ficción, de animación, documentais, concurso de videoclips ...

Nós estivemos no Baixo de Bugarín onde asistimos á proxección de varias curtas e falamos cunha deseñadora de vestiario. Despois fixemos unha visita guiada polos lugares máis emblemáticos da aldea: O Jalpón de Alicia, a Leira onde se celebran coloquios con directores e directoras recoñecidas,   e vimos o Parque do Río que se adicada ás familias e á programación para os cativos: o MiniCans.  






Tamén estivemos en O Torreiro, un espazo que rende tributo a todas as grandes personalidades do cine que levan pasado pola aldea. Cada unha das lousas de pedra co debuxo dunha estrela corresponde a un homenaxeado.  Alí teñen a súa estrela Luis Tosar, Isabel Coixet, Fernando León, Mabel Ribera, Celso Bugallo, Javier Gutiérrez ou José Luis Cuerda. No medio da estrela   os homenaxeados non deixan as pegadas das súas mans como en Hollywood, senón  que marcan os seus cinco dedos, formando as súas “pezuñas” reais.

luns, 20 de maio de 2019

VII Romaría das Letras

Como pasa o tempo!
Sa van sete anos dende que decidimos celebrar o Día das nosas Letras cunha festa popular ! 
E as familias seguen a animarnos coa súa presenza ...
Este ano, por mor do "fresco" que ía, representamos as obras de teatro no escenario interior. 

 Pero, todo saiu moi ben! 

EI: "A carrasquiña"


1º e 2º EP : O casamento da pulga 


3º EP: "Romaría sen comida"


4º EP: A cabeza non para...


5º EP : "A consulta da Dra Casimira"


6º EP:"Eu creo no noso!"

Bandas sonoras

domingo, 5 de maio de 2019

Maios

O cole ole a rosas, caraveis, xestas, fiuncho e outros aromas vexetais. Tamén a pousos de café. 
As nenas e nenos de E. Infantil prepararon os materiais para elaborar as súas alfombras florais.
Primeiro houbo que desfollar as flores e separalas por cores: branco, amarelo, vermello, rosa, verde...
Tiveron tamén que pintar o serrín que trouxo Sara .
Con todo preparado, saíron ao patio a combinar todos os elementos e crear uns tapices ben coloridos, unhas obras de arte efímero que facían referencia a dúas películas  infantís: "Buscando a Nemo" e "Río". 
Xa sabiamos que as obras tiñan as horas contadas, pero... experimentar con  materiais naturais é toda unha aventura ...

Maios2019_ Alfombras by Slidely Photo Gallery

xoves, 2 de maio de 2019

Preparando as Letras Galegas


Antón Fraguas Fraguas (1905-1999) foi un dos grandes persoeiros da cultura galega do século XX. Dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo.
 Pero  foi ante todo un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demais o moito que sabía. 
A súa vida, é un exemplo de como a calidade humana, o esforzo, a bondade e a xenerosidade sempre son recompensadas. 


Recursos para traballar sobre a figura de Antonio Fraguas


  • Recursos do Seminario Galán



  • Video da Biblioteca "Saturnino Hermida" do I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol).
A_Fraguas_Letras_19 from bibliosatur on Vimeo.
  • Liña do tempo  do IES  Sampaio de Tui


  • Portal das Palabras : Antonio da Insuela en sete obras







Primavera das Letras: Xogos interactivos, fichas didácticas  e outros materiais 

mércores, 1 de maio de 2019

Bocata de vitaminas


Ponlle as pilas ao teu bocata é unha iniciativa  que percorre toda Galicia achegando aos escolares os beneficios dos alimentos do mar . 
A través de charlas e obradoiros o alumnado descubriu a ampla variedade de alimentos en conserva, sans e nutritivos,  que poden atopar, todos  os nutrintes  que lles aportan e ademáis aprenderon receitas sinxelas que poderán repetir na casa  para sorprender ás súas familias.