Amosando publicacións coa etiqueta NenoCan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NenoCan. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de marzo de 2013

Reescribindo "O neno can"

Como colofón á lectura do libro "O NENO CAN" de Francisco Castro e Fina Casalderrey, as nenas e nenos do 3º ciclo levaron a cabo a reescritura dos 5 relatos dos que consta. 
Como o fixeron?  Meténdose dentro do libro e facéndose coprotagonistas do mesmo. 
Os traballos están publicados no blogue "O souto dos laretas".
Deixovos a ligazón:
http://blogs.prensaescuela.es/osoutodoslaretas/category/creacion-literaria/

Queremos dar as grazas a Francisco Castro por facerse eco do noso traballo, pois leva un tempo compartindoo con todos os seus amig@s do facebook.
Grazas por esta mostra de cariño cos nos@s nen@s e co noso cole.

Este é o seu primeiro comentario:

Impresionado polo traballo alucinante dos nenos e nenas de 3º ciclo do Ceip Saco E Arce de Toén, que están reescribindo O NENO CAN, de Fina Casalderrey e meu. Hoxe queda aquí, convertido en nova de xornal, o primeiro dos contos pero como se estivese protagonizado por un neno das aforas de Ourense.
Impresionado, de verdade que si, ao ver como estes personaxes van collendo vida de seu, vivindo noutras latitudes. Grazas e grazas.”

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Hora de Ler

                     
 "O neno Can"  é o libro que eliximos para ler este trimestre.
Son as historias de varios nenos e nenas: Aakesh, Nadim e Altair,Kai, Leila e Carlos, nenos e nenas coma nós , pero aos que ninguén lles dixo que tiñan dereitos.
Fina Casalderrey e Francisco Castro escribiron xuntos este libro no que tratan de denunciar as inxustizas que sofren nenos e nenas de todo o mundo.
É un libro a favor da UNICEF e acaba de lograr un gran recoñecemento internacional ao ser elixido polo Centro IBBY de Oslo para formar parte do catálogo que recolle as mellores publicacións sobre discapacidade.   

Preparamos uns cantos xogos sobre o libro, que podedes ir facendo a medida que o ledes, ou deixalos para cando o teñades rematado.
Ánimo! A ver quen consegue máis puntos!