Amosando publicacións coa etiqueta DiaTerra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DiaTerra. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de abril de 2020

Dia da Terra

5️⃣
Globo terráqueo con Europa y África0️⃣Hoxe cúmprense ら🔵 anos do primeiro Día da 🌏, e celebrámolo mentres o 🌍 se enfrenta a un desafío global e no que a saúde das persoas e a do medio ambiente é unha prioridade.☝
Agora, mais que nunca temos a oportunidade de reflexionar sobre a nosa relación👐 co planeta.🌄 .
 O COVID-19👾ensinounos os límites do planeta e as consecuencias da nosa forma de vida.
Temos que buscar unha forma xusta💚 e sostible💧de saír desta crise, porque so así poderemos evitar catástrofes maiores.💢
Nos, aínda que sexa dende as nosas casas, queremos render unha pequena homenaxe ao noso planeta, por "soportarnos con paciencia". E, a ver se nos damos conta, máis pronto que tarde, de que debemos protexelo .
Para iso, profes e alumnxs recitamos poemas, contamos contos, adiviñas... Iso si, cada un dende a súa casa.

mércores, 23 de marzo de 2016

Día dos Bosques

Dende un punto de vista biolóxico, os bosques cobren o 31% da superficie terrestre e son os ecosistemas  máis diversos. Albergan máis do 80% das especies vexetais e animais e xogan un papel moi importante na nosa loita por adaptarnos ao cambio climático, xa que contribúen a manter o equilibrio nos niveis de osíxeno, dióxido de carbono e humidade na atmosfera.

Por outro lado, dende a perspectiva humana, as árbores proporcionannos traballo,  refuxio,  combustible e medicinas . Ao redor de 1600 millóns de persoas dependen dos bosques para o seu sustento e tamén contribúen ao coñecemento científico e a exploración artística.

Pero a deforestación continúa  a un ritmo de 13 millóns de hectáreas por ano e é responsable dunha grande porcentaxe das emisións de gases que proiducen o efecto invernadoiro e contribúen ao quecemento global.

Os bosques son vida. 

Son os pulmóns do planeta ademáis de seren o fogar de centos de especies animais e vexetais. Ademais,  son vitais para o noso suministro de auga porque inflúen en como e onde chove e lavan e filtran a nosa auga.

Ao protexer os bosques do mundo, estamos protexendo a auga limpa da que dependemos para a nosa supervivencia.


Por iso, no Día Internacional dos Bosques, queremos recordar a importancia de protexelos.

Hoxe é un día para tomar conciencia!

via GIPHY


mércores, 1 de maio de 2013

Abraza unha árbore


Unha árbore e moito máis que unha planta cun tronco leñoso, pólas e follas.
 É un ser vivo que  foi venerado por moitos pobos ao longo da historia, entre eles os celtas. As árbores formaban parte dos seus ritos e prácticas máxicas, da súa vida cotiá e consideraban que tiñan usos medicinais. 
Crían que cada árbore posuía un espíritu, e que o seu rostro podía verse no seu tronco e a súa voz escoitarse no son das follas movidas polo vento.
Nos momentos de soidade, tristeza ou preocupación, os nosos antepasados buscaban unha árbore e abrazaban o seu tronco para transmitirlle os seus problemas e recibir, a cambio, a súa forza.

Así, os namorados buscaban un tilo ao que confiarlle as súas penas de amores, os homes qu ían á guerra, abrazaban un carballo que representaba ao deus Marte e as persoas que tiñan pouca confianza en sí mesmas achegábanse a un bido, que estaba baixo a protección de Mercurio.

Cando camiñamos entre as árbores dun parque ou un bosque, podemos sentir a súa enerxía. Por iso, como no noso patio temos moitas árbores, pensamos que sería unha boa idea celebrar o Día da Terra con elas.  As árbores axúdannos a  establecer contacto coa natureza, a relaxarnos,  e a comunicar a nosa mensaxe a Nai Terra.