sábado, 23 de decembro de 2017

O Amigo invisible

Todxs temos participado algunha vez no xogo do "Amigo Invisible".
 Aos nenxs tamén lles gusta e por iso non é a primeita vez que facemos esta actividade na Biblio.
Primeiro hai que saber a quen lle vas facer o agasallo que, por suposto,  é un libro. 
Para iso facemos un sorteo. 
Despois hai que buscar polos andeis e atopar un libro que sexa do agrado da persoa que nos tocou en sorte. Envolvémolo e, o último día antes do descanso de Nadal, os axudantes de biblioteca encárganse de repartir os agasallos polas clases. 
Así de sinxelo.!


amigoInvisible by Slidely Slideshow

martes, 19 de decembro de 2017

Desexos de Nadal

A estas alturas, todxs os cativxs andan nerviosxs e coa ilusión polas nubes pola cercanía do Nadal.
E como vivimos estas datas no cole?
Pois tratando de fomentar a solidariedade e a xenerosidade entre os nenos/as e falando abertamente sobre o problema do consumismo.
A actividade que  propuxemos foi formular os  desexos de nadal  a través dunha pequena tarxeta suxeita cunha pinza da roupa "tuneada" que colgamos nunha árbore feita con paus de carballo.
Reflexionar sobre o que temos e  o que desexamos , o que teñen e desexan os que están ao noso redor e como nos sentimos ao compartir e facer algo polos demais é unha actividade que fomenta a aprendizaxe e nos fai medrar como persoas.
                        ¡A  educación pode (e debe) cambiar o mundo!

martes, 12 de decembro de 2017

A Biblioteca recomenda ...


E,  que pensades que pode recomendar unha biblioteca?
Pois, claro! LECTURAS...

O NADAL é unha época estupenda para ler en familia. Nesas tardes frías da fin de semana, despois de adornar a árbore ou poñer o Belén, un pouco de relax á beira da cheminea é un pracer que todos podemos disfrutar...

Non sabedes que libro ler ou agasallar no Nadal?
Estes son os nosos recomendados.

Novidades para todos os gustos e idades.


Pica na imaxe da dereita e elixe o que prefiras 


E para pasar un Nadal de Cine, nada mellor que ver a carteleira , que nos ofrece novidades pensadas para toda a familia: 
Aínda que tamén na casa podemos disfrutar de películas navideñas cos nosos fillxs (en video, coa televisión á carta, con plataformas tipo Netflix). Sairán máis baratas e poderemos velas comendo os nosos flocos de millo caseiros ... 😉


mércores, 6 de decembro de 2017

Noraboa

Dende hai 34 anos, a Subdelegación do Goberno convoca o Concurso Escolar sobre a Constitución. Este ano, o concurso estaba centrado no Título VIII da Carta Magna, que se refire á organización territorial do Estado e no que se explica o papel e o funcionamento da administración local e autonómica.
 Hoxe celebrouse no Auditorio Municipal o acto de entrega de premios, e o traballo de Sofía  Vázquez Novoa, de EI 3, estivo entre os gañadores. 

PARABÉNS, SOFÍA!

luns, 27 de novembro de 2017

25N: Non ao Maltrato

Na nosa cultura hai persoas que pensan que homes e mulleres
posúen comportamentos e capacidades diferentes, incluso pensan que é algo natural, innato, debido ás diferenzas físicas e psicolóxicas que distinguen aos dous sexos. 
 Un ano  máis volvemos a levantar as nosas voces para rexeitar  a violencia contra as mulleres, para berrar que homes e mulleres, nenos e nenas son iguais e teñen os mesmos dereitos, que ninguén pode maltratar a ninguén e que todxs somos responsables e podemos loitar para que esta terrible lacra desapareza.
Parécenos  moi importante educar aos nenxs en valores de igualdade, en actitudes que fomenten o equilibrio de poder, a corresponsabilidade, o reparto equitativo de tarefas entre homes e mulleres en todos os ámbitos sociais e, sobre todo, na sensibilización para desmarcarse dos estereotipos  sexistas que fundamentan a desigualdade de xéneros e que dan como consecuencia a violencia contra as mulleres. 

  • Conto ARTUR  e CLEMENTINA

Adela Turín, unha escritora italiana moi comprometida coa loita contra o sexismo ,  escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. 
Apoiámonos nel para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero. Trala lectura do conto na BE, mantivemos unha charla cos alumnxs sobre as impresións que tiveron e os sentimentos que xurdiron neles.

Despois, xa nas aulas, fixemos unha manualidade consistente en elaborar unha tartaruga empregando cartolina e reciclando unha botella . Dentro da cuncha, os nenxs tiñan que escribir unha frase ou palabra que Artur lle debería ter dito a Clementina, modificando deste xeito a súa maneira de pensar e actuar. 
Unha palabra cambia o conto by Slidely Slideshow
  • Carteis

Tamén se elaboraron carteis en contra da violencia e escribimos palabras rexeitando as conductas violentas, que logo pegamos nun cartaz colectivo para representar a igualdade entre nenas e nenos.

25N, 2017 by Slidely Photo Gallery
  • Canción
Cantamos a canción "Son Muller" gañadora do concurso Quero Cantar, promovido pola Deputación da Coruña.
É do grupo MBCP (Máis Boas Cas Patacas), formado por 8 rapazas de 3º de ESO do IES de Cacheiras en Teo e transmite unha mensaxe reivindicativa sobre a procura da igualdade de xénero, baseada en valores como a fortaleza, a liberdade e a indepencdencia das mulleres.

  • A nosa mascota Efrén tamén se quixo manifestar en contra da violencia e creamos un "pin" coa súa efixie.

xoves, 23 de novembro de 2017

Semana da Ciencia: Un planetario na escola

Gracias a ANPA do cole puidemos disfrutar dunha actividade que espertou o interese de todos os nenos e nenas: un planetario viaxeiro que aterrizou na nosa escola e  que nos achegou á máis antiga das ciencias, a Astronomía.
Os nenos, ansiosos de respostas sobre o Cosmos, solucionaron as súas dúbidas con videos e contidos adaptados ás súas idades e, mentras se divertían, achegáronse un pouco máis ao universo que nos rodea. 


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a digital slideshow



luns, 20 de novembro de 2017

Dereito dos nenos (a escoitar contos)

A todos os nenos e nenas lles encanta escoitar, ler e inventar contos. 
Se nos detivéramos a pensar en todos os beneficios que isto lles reporta aos rapaces (e a nós mesmos), de seguro que nos animábamos a contarlles historias máis a miúdo.
A Declaración Universal dos Dereitos dos nenos a escoitar contos é un manifesto que nos recorda todas esas ventaxas. 
Este manifesto apareceu publicado por primeira vez en Venezuela alá polos anos 70 do século pasado e exixten múltiples variantes .
Esta é a adaptación que fixemos na nosa Biblioteca:



DiaDereitosDosNenos2017 by Slidely Slideshow

domingo, 19 de novembro de 2017

Cine en Super 8

O cine en Super 8 ten mais de 50  anos de historia.
Nos tivemos moita sorte e, grazas ao pai da profe Maite, puidemos ver películas antigas  e descubrir moitas cousas sobre este formato cinematográfico.
Amadeo trouxo a súa cámara e o seu proxector de Super 8, que mercou en Alemaña  hai case 50 anos,  e ensinounos  como se  monta a película  e como se unen varias cintas, porque cada unha so dura tres minutos.
Aprendemos que este formato apareceu para poñer ao alcance dos afeccionados a filmación de esceas familiares e ver películas cando na televisión non había tantas horas diarias  de emisión coma hoxe.
Tamén,  que para cargar a película había que meter un cartucho na cámara e logo levalo a revelar a un laboratorio de fotografía que a entregaba lista para usar no proxector.
As películas eran en branco e negro e non tiñan son, pero eran igual de divertidas .
Recoñecemos  moitos personaxes que todavía hoxe son favoritos dos nenos e nenas: Piolín e o gato Silvestre, Bugs Bunny, o pato Lucas, o rato Mickey e o seu can Pluto...  e descubrimos outros que non coñeciamos tanto: Speedy González, o gordo e o fraco ... Powered by emaze

sábado, 18 de novembro de 2017

Multicines Efrén


Todos os xoves son "Xoves de curtas" no cole. 
Xa vos informamos días atrás dos cambios que iamos aplicar a esta actividade.
Para levalos a cabo, tivemos que elaborar todos os elementos necesarios: taquilla, entradas, carteleira... 
E hoxe foi a grande apertura dos Multicines Efrén.
Houbo unha grande afluencia de público e formáronse grandes colas de xente de todas as idades  para recoller as entradas. 


Xoves de Curtas by Slidely Slideshow

PELIcastañas

O magosto é unha data para celebrar, para iso é día festivo en Ourense. E, que mellor que indo a ver unha película?
Como lle damos tanto á cabeza,  fixémonos unha pregunta:
 Haberá salas de cine no país das castañas?
 E se as hai,... que películas poñerán?
Para quedarnos máis tranquilos, metémonos a deseñadores e decidimos crear nós os carteis desas películas que, se non o están , deberían estar en cartel nese país imaxinario, ... ou, por que non?, en calquera outro.

A ver se vos gusta a nosa selección:

PeliCastañs by Slidely Slideshow

E, como seguro que  nese país tamén estudian ingléscoma nós... ai van as nosas recomendacións para un ciclo de cine "in English"

Picade aqui para ir ao Blogue Skills

luns, 13 de novembro de 2017

O outono cheira a castañas

Pasado o Samaín, o outono tráenos unha nova celebración, o MAGOSTO, quizais a festa máis ourensá.
No cole sumámonos a esta tradición na que cada ano realizamos moitas actividades para converter este día nunha festa.
Non faltaron as castañas asadas e a fogueira, pero tampouco os obradoiros, a decoración das aulas  e os XOGOS : equilibrio con castañas, carreira de sacos, birlos, lanzamento de aros, paracaídas...


XogosMAgosto2017 by Slidely Slideshow

Un dez para o noso magosto:


Ceip Saco E Arce de Slidely by Slidely Slideshow

sábado, 11 de novembro de 2017

Cinencia: Inventos de cine

Xa falamos anteriormente da relación do cine coa ciencia.
O cine nace da fotografía e esta está relacionada con dúas disciplinas científicas: a física (cámara oscura) e a química (reacción das sales de prata coa luz). 
Coa aparición do cinematógrafo, os irmáns Lumiere mostraron nas súas primeiras películas  unha vertiente científico-realista do cinema , mentras que  Georges Melie mostrou unha vertente fantastico-inventiva .
Máis adiante, tamén foi a ciencia a que propiciou a aparición do cine sonoro en 1927 con "O cantor de Jazz",  en 1939 , as cores en "O mago de Oz" e cinemascope en "West Side Story" ; a tecnoloxía dixital, con películas como "A guerra das Galaxias" e as técnicas informáticas que fixeron posible o cine de animación como "Toy Story" (1995).

En moitas das películas que coñecemos aparecen ideas revolucionarias que décadas atrás foron consideradas "ciencia ficción", pero que agora son unha realidade.
Imos mostrarvos unha serie de  inventos, avances, tecnoloxías que saltaron das pantallas de cine aos andeis das tendas

"Viaxe a Lúa" Georges Méliês 1902

"Metropolis" Fritz Lang -1927 

"Tempos modernos" Charles Chaplin 1936 


"Os supersónicos"  Hanna/Barbera 1962/87  




"Star Trek"  Leonard Nimoy 1966/69 



"2001, unha Odisea no espazo" Stanley Kubrik 1968


"O durmiñón" Woody Allen 1973 

"Blade runner" Ridley Scott 1982



"Star Wars" George Lucas 1983 

"Soños eléctricos" Steve Barron 1984 

"A rapaza de rosa" Howard Deutch 1986 

"Regreso ao futuro"  Robert Zemeckis 1989 



"Desafío total"  Paul Verhoeven - 1990 


"Minority report" Steven Spielberg 2002 


"Iron man" Jon Favreau -  2008

venres, 10 de novembro de 2017

Semana da Ciencia: A ciencia no cine

O cinema é maxia, pero tamén é ciencia.  A súa historia está intimamente ligada aos avances científicos.

Na Semana da Ciencia seleccionamos algunhas  películas infantís e xuvenís protagonizadas por científicos ou inventores. Algúns viaxaron ao futuro, outros salvaron o planeta, e moitos destes personaxes quedaron para sempre na historia do cinema.


O profesor chiflado (1963)
Julious Kelp, un profesor de química da universidade está farto de que os seus alumnos máis musculosos abusen del e decide apuntarse a un ximnasio para mellorar o seu aspecto físico. Cando ve que non o consigue, decide crear un brebaxe e cada vez que o bebe convértese nun xoven moi guapo



No corazón da terra (1977) 

Un científico inglés, obsesionado pola estrutura da terra, inventa unha máquina deseñada para viaxar ao centro do planeta. Decide formar parte do experimento e acompañado do seu axudante proban a máquina. O invento escapará ao seu control e mandará aos dous   a unha viaxe no tempo que os levará a Prehistoria.

 Triloxía: Regreso ao Futuro (1985-1990)

O adolescente Marty McFly faise amigo de Doc, un científico ao que todos toman por tolo. Cando Doc crea unha máquina para viaxar a través do tempo, un error fai que Marty chegue a 1955, cando os seus pais aínda non se coñeceran. Marty terá que conseguir que se coñezan, senón a súa existencia sería imposible.




Querida, encollín aos nenos (1989)
Un científico e inventor crea unha máquina que permite encoller o tamaño dos obxectos. Unha pelota activa a máquina por accidente e os seus fillos son reducidos a un tamaño microscópico. Vivirán unha auténtica aventura intentando atravesar o xardín, transformado nunha auténtica xungla para eles, ata chegar á casa.


Uns peques xeniais (1997)

Dous cientícos fundan un parque temático para poñer en prácticas as súas teorías de que certos nenos de dous anos están dotados de unha grande sabedoría, heredada senéticamente, a cal se perde cando aprenden a falar. Os esforzos da parella céntranse en achar un método que lles permita descifrar a linguaxe dos bebés, antes de que empecen a falar.



Flubber e o profesor chiflado (1997)


Un simpático e despistado profesor que traballa nunha universidade que está a punto de pechar por falta de diñeiro  fai un sorprendente descubrimento : unha sustancia voadora que produce enerxía e que se move a velocidades supersónicas (Flubber)

Jimmy Neutrón, o neno inventor (2001)

Jimmy e os seus amigos viven en Retroville, unha cidade moi aburrida, por iso están agardando a inauguración do novo parque de atraccións. Mentres montan na montaña rusa, todos os adultos son abducidos polos Yokians, uns alieníxenas verdes con cara de ovo.


 Descubrindo aos Robinsons (2007)

Cando Lewis coñece a Wilbur Robinson, un rapaz misteriososo que ven do futuro, decide acompañalo nunha viaxe a través do tempo onde descubre o segredo da familia Robinson

Chuvia de albóndigas (2009)
Flint, un xoven científico soña con inventar  algo que mellore a vida de todos os seus veciños. Despois de intentalo varias veces logra crear algo que funciona: unha máquina que fai caer comida do ceo.


Planet 51 (2009)
Chuck, un astronauta humano un pouco torpe, chega ao Planeta 51 e os habitantes fuxen despavoridos. Cren que é unha invasión extraterrestre e comezan a perseguilo. Axudado polo robot Rover e dun neno do planeta, tratará de escapar para non rematar convertido nunha peza do Museo Espacial de Invasores Alieníxenas.


Frankenweenie (2012)
Trala inesperada morte do seu can Sparky, o pequeno Victor válese do poder da ciencia para traelo de novo á vida... cuns poucos axustes. Victor intenta mantelo agochado, pero cando Sparky consegue saír... o pobo enteiro aprenderá que crear unha nova vida  pode converterse en algo monstruoso.


Camiñando entre dinosauros (2013)
Película que mestura acción con criaturas creadas por ordenador en animación 3D, para introducirnos no mundo prehistórico e vivir de preto a evolución dos dinosauros dende que rompen o ovo, pasando pola loita pola comida e o enfrentamento cos depredadores que os acosan.

 

Atrapa a bandeira (2015)
Un millonario decide colonizar a lúa e o goberno de EEUU e a NASA teñen serias dificultades para frear as súas intencións, xa que ademais quere apropiarse do Helio 3, a fonte de enerxía do futuro.