O cinema é maxia, pero tamén é ciencia. A súa historia está intimamente ligada aos avances científicos.
O profesor chiflado (1963)
Julious Kelp, un profesor de química da universidade está farto de que os seus alumnos máis musculosos abusen del e decide apuntarse a un ximnasio para mellorar o seu aspecto físico. Cando ve que non o consigue, decide crear un brebaxe e cada vez que o bebe convértese nun xoven moi guapo
No corazón da terra (1977)
Un científico inglés, obsesionado pola estrutura da terra, inventa unha máquina deseñada para viaxar ao centro do planeta. Decide formar parte do experimento e acompañado do seu axudante proban a máquina. O invento escapará ao seu control e mandará aos dous a unha viaxe no tempo que os levará a Prehistoria.
Triloxía: Regreso ao Futuro (1985-1990)
O adolescente Marty McFly faise amigo de Doc, un científico ao que todos toman por tolo. Cando Doc crea unha máquina para viaxar a través do tempo, un error fai que Marty chegue a 1955, cando os seus pais aínda non se coñeceran. Marty terá que conseguir que se coñezan, senón a súa existencia sería imposible.
Querida, encollín aos nenos (1989)
Un científico e inventor crea unha máquina que permite encoller o tamaño dos obxectos. Unha pelota activa a máquina por accidente e os seus fillos son reducidos a un tamaño microscópico. Vivirán unha auténtica aventura intentando atravesar o xardín, transformado nunha auténtica xungla para eles, ata chegar á casa.
Uns peques xeniais (1997)
Dous cientícos fundan un parque temático para poñer en prácticas as súas teorías de que certos nenos de dous anos están dotados de unha grande sabedoría, heredada senéticamente, a cal se perde cando aprenden a falar. Os esforzos da parella céntranse en achar un método que lles permita descifrar a linguaxe dos bebés, antes de que empecen a falar.
Flubber e o profesor chiflado (1997)
Un simpático e despistado profesor que traballa nunha universidade que está a punto de pechar por falta de diñeiro fai un sorprendente descubrimento : unha sustancia voadora que produce enerxía e que se move a velocidades supersónicas (Flubber)
Jimmy Neutrón, o neno inventor (2001)
Jimmy e os seus amigos viven en Retroville, unha cidade moi aburrida, por iso están agardando a inauguración do novo parque de atraccións. Mentres montan na montaña rusa, todos os adultos son abducidos polos Yokians, uns alieníxenas verdes con cara de ovo.
Descubrindo aos Robinsons (2007)
Cando Lewis coñece a Wilbur Robinson, un rapaz misteriososo que ven do futuro, decide acompañalo nunha viaxe a través do tempo onde descubre o segredo da familia Robinson
Chuvia de albóndigas (2009)
Flint, un xoven científico soña con inventar algo que mellore a vida de todos os seus veciños. Despois de intentalo varias veces logra crear algo que funciona: unha máquina que fai caer comida do ceo.
Planet 51 (2009)
Chuck, un astronauta humano un pouco torpe, chega ao Planeta 51 e os habitantes fuxen despavoridos. Cren que é unha invasión extraterrestre e comezan a perseguilo. Axudado polo robot Rover e dun neno do planeta, tratará de escapar para non rematar convertido nunha peza do Museo Espacial de Invasores Alieníxenas.
Frankenweenie (2012)
Trala inesperada morte do seu can Sparky, o pequeno Victor válese do poder da ciencia para traelo de novo á vida... cuns poucos axustes. Victor intenta mantelo agochado, pero cando Sparky consegue saír... o pobo enteiro aprenderá que crear unha nova vida pode converterse en algo monstruoso.
Camiñando entre dinosauros (2013)
Película que mestura acción con criaturas creadas por ordenador en animación 3D, para introducirnos no mundo prehistórico e vivir de preto a evolución dos dinosauros dende que rompen o ovo, pasando pola loita pola comida e o enfrentamento cos depredadores que os acosan.
Atrapa a bandeira (2015)
Un millonario decide colonizar a lúa e o goberno de EEUU e a NASA teñen serias dificultades para frear as súas intencións, xa que ademais quere apropiarse do Helio 3, a fonte de enerxía do futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario