Nos tivemos moita sorte e, grazas ao pai da profe Maite, puidemos ver películas antigas e descubrir moitas cousas sobre este formato cinematográfico.
Amadeo trouxo a súa cámara e o seu proxector de Super 8, que mercou en Alemaña hai case 50 anos, e ensinounos como se monta a película e como se unen varias cintas, porque cada unha so dura tres minutos.
Aprendemos que este formato apareceu para poñer ao alcance dos afeccionados a filmación de esceas familiares e ver películas cando na televisión non había tantas horas diarias de emisión coma hoxe.
Tamén, que para cargar a película había que meter un cartucho na cámara e logo levalo a revelar a un laboratorio de fotografía que a entregaba lista para usar no proxector.
As películas eran en branco e negro e non tiñan son, pero eran igual de divertidas .
Recoñecemos moitos personaxes que todavía hoxe son favoritos dos nenos e nenas: Piolín e o gato Silvestre, Bugs Bunny, o pato Lucas, o rato Mickey e o seu can Pluto... e descubrimos outros que non coñeciamos tanto: Speedy González, o gordo e o fraco ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario