luns, 27 de novembro de 2017

25N: Non ao Maltrato

Na nosa cultura hai persoas que pensan que homes e mulleres
posúen comportamentos e capacidades diferentes, incluso pensan que é algo natural, innato, debido ás diferenzas físicas e psicolóxicas que distinguen aos dous sexos. 
 Un ano  máis volvemos a levantar as nosas voces para rexeitar  a violencia contra as mulleres, para berrar que homes e mulleres, nenos e nenas son iguais e teñen os mesmos dereitos, que ninguén pode maltratar a ninguén e que todxs somos responsables e podemos loitar para que esta terrible lacra desapareza.
Parécenos  moi importante educar aos nenxs en valores de igualdade, en actitudes que fomenten o equilibrio de poder, a corresponsabilidade, o reparto equitativo de tarefas entre homes e mulleres en todos os ámbitos sociais e, sobre todo, na sensibilización para desmarcarse dos estereotipos  sexistas que fundamentan a desigualdade de xéneros e que dan como consecuencia a violencia contra as mulleres. 

  • Conto ARTUR  e CLEMENTINA

Adela Turín, unha escritora italiana moi comprometida coa loita contra o sexismo ,  escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. 
Apoiámonos nel para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero. Trala lectura do conto na BE, mantivemos unha charla cos alumnxs sobre as impresións que tiveron e os sentimentos que xurdiron neles.

Despois, xa nas aulas, fixemos unha manualidade consistente en elaborar unha tartaruga empregando cartolina e reciclando unha botella . Dentro da cuncha, os nenxs tiñan que escribir unha frase ou palabra que Artur lle debería ter dito a Clementina, modificando deste xeito a súa maneira de pensar e actuar. 
Unha palabra cambia o conto by Slidely Slideshow
  • Carteis

Tamén se elaboraron carteis en contra da violencia e escribimos palabras rexeitando as conductas violentas, que logo pegamos nun cartaz colectivo para representar a igualdade entre nenas e nenos.

25N, 2017 by Slidely Photo Gallery
  • Canción
Cantamos a canción "Son Muller" gañadora do concurso Quero Cantar, promovido pola Deputación da Coruña.
É do grupo MBCP (Máis Boas Cas Patacas), formado por 8 rapazas de 3º de ESO do IES de Cacheiras en Teo e transmite unha mensaxe reivindicativa sobre a procura da igualdade de xénero, baseada en valores como a fortaleza, a liberdade e a indepencdencia das mulleres.

  • A nosa mascota Efrén tamén se quixo manifestar en contra da violencia e creamos un "pin" coa súa efixie.

1 comentario:

  1. Parabéns!!! Que iniciativa máis chula. Sempre é un pracer seguirvos.

    ResponderEliminar