miércoles, 17 de mayo de 2017

Festa das Letras Galegas, 2017


Un ano mais celebramos o Día das Letras Galegas cunha grande festa popular onde non faltaron as actuacións. 
Cancións, bailes tradicionais e representacións teatrais mostraron a todos as dotes artísticas das nenas e nenos do cole, que participaron no festival con moita ilusión (e moitos nervios, todo hai que dicilo) .
Como xa imaxinaredes,  foi un verdadeiro éxito... 

Mirade as fotos:


LetrasGalegas2017 by Slidely Photo Gallery

martes, 16 de mayo de 2017

Carlos Casares e a Ciencia

Casares tivo dende sempre unha idea moi particular do que era a cultura e sempre considerou a ciencia como algo propio da mesma. Para él a visión da cultura que so tiña en conta actividades relacionadas coas artes e as letras era antiga e moi limitada.
Por iso, no ano 2000 creou a sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade no Consello da Cultura Galega, institución que presidía. Pretendía estudar as pegadas que a ciencia e a técnica ían deixando na realidade de Galicia e na cultura galega.
Definíase coma un home que escribía obras de literatura, pero tamén coma unha persoa preocupada polos problemas do seu tempo, entre os que estaban os relativos á ciencia e á técnica.
Nos seus últimos anos, despois de ler o libro "Dios y la nueva física" do divulgador científico Paul Davies, non deixou de mercar e "devorar" todo canto libro e artigo que sobre física cuántica caía nas súas mans.
Incluso deu unha conferencia no Liceo Recreo de Ourense "Diálogo entre literatura e ciencia", na que fixo unha descrición apaixoada  da nova física cuántica.

( Francisco Díaz-Fierros, catedrático emérito da USC e membro da Real Academia Galega
"La Voz de Galicia, 12/05/17 )

jueves, 4 de mayo de 2017

Maios 2017

No cole, como en Ourense, celebramos a festa da primavera: a Festa dos maios,  onde os principais protagonistas son as flores e, por suposto, as nenas e nenos.
Facemos un maio figurativo, con forma piramidal.
Como en España está prohibido coller musgo, levamos uns anos que decoramos o noso maio só con fiollo, xestas, uces e flores. Tamén empregamos carrabouxos ou bugallos e, ás veces,  cáscaras de ovos.
Gracias a todas as familias que colaboraron buscando todo o necesario para confeccionalo.
E gracias ao profe Pepe que veu a axudarnos.


 
MAIOS2017 by Slidely Slideshow

martes, 2 de mayo de 2017

Coñezamos mellor a Carlos Casares


 Son moitos os recursos didácticos creados por profesores e alumnos de distintos centros de ensino de Galicia para traballar a figura de
Carlos Casares.
 Ademais do noso  Roteiro Carlos Casares en Ourense,  a Fundación Carlos Casares fixo unha recompilación das mesmas:

INICIATIVAS CENTRADAS NA VIDA DE CARLOS CASARES

INICIATIVAS CENTRADAS NA OBRA DE CARLOS CASARES

 OUTRAS INICIATIVAS RELACIONADAS CON CARLOS CASARES

lunes, 1 de mayo de 2017

Roteiro literario

Sabiades que, paseando por Ourense se pode aprender moito sobre a obra de Carlos Casares?
O seu mundo literario está moi unido á nosa cidade e a algunhas zonas da provincia como A Limia e o Ribeiro. 
O Concello ven de presentar un roteiro literario (de onde sacamos toda a información e pasaxes das obras) que comeza no parque de San Lázaro e visita outros lugares do centro histórico da cidade como a catedral, a rúa do Paseo, a Praza Maior ou a Praza do Trigo ..

Animádevos a buscar as placas que se agochan nas fachadas de edificios e prazas e nos mostran os lugares de estudio, formación e tertulia de Carlos Casares, así como as paisaxes  que serven de escenario as  obras literarias do autor, nacido en Ourense en 1941.

Se picades no mapa adxunto poderedes seguir o roteiro de maneira virtual...

Compartimos lecturas

Por fín, xa chegou o día! 
Unha vez máis o mes dos libros bríndounos a oportunidade de desfrutar da lectura cos padriños e madriñas.
O "apadriñamento lector"  é unha  actividade que chegou hai algúns anos ao  cole para quedarse, e que da gusto repetir un ano  tras outro. 
Para os de tres anos é a súa primeira experiencia, e vívena cunha mestura de ilusión e curiosidade. Os demais lembran as experiencias doutros  apadriñamentos e marchan confiados e contentos.
Os padriños e madriñas tiñan todo preparado para acompañar aos seus afillados e afilladas cara algún recunchiño cómodo e alí,  ler as historias que coubesen nese anaquiño de lecer no que se converteu o "Hora de Ler".

compartimos lecturas2017 by Slidely Slideshow