
Por iso, no ano 2000 creou a sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade no Consello da Cultura Galega, institución que presidía. Pretendía estudar as pegadas que a ciencia e a técnica ían deixando na realidade de Galicia e na cultura galega.
Definíase coma un home que escribía obras de literatura, pero tamén coma unha persoa preocupada polos problemas do seu tempo, entre os que estaban os relativos á ciencia e á técnica.
Nos seus últimos anos, despois de ler o libro "Dios y la nueva física" do divulgador científico Paul Davies, non deixou de mercar e "devorar" todo canto libro e artigo que sobre física cuántica caía nas súas mans.
Incluso deu unha conferencia no Liceo Recreo de Ourense "Diálogo entre literatura e ciencia", na que fixo unha descrición apaixoada da nova física cuántica.
( Francisco Díaz-Fierros, catedrático emérito da USC e membro da Real Academia Galega
"La Voz de Galicia, 12/05/17 )
Ningún comentario:
Publicar un comentario