Son moitos os recursos didácticos creados por profesores e alumnos de distintos centros de ensino de Galicia para traballar a figura de
Carlos Casares.
Ademais do noso Roteiro Carlos Casares en Ourense, a Fundación Carlos Casares fixo unha recompilación das mesmas:
INICIATIVAS CENTRADAS NA VIDA DE CARLOS CASARES
- Páxina de recursos fotográficos, audiovisuais e textuais da Fundación Carlos Casares.
- A primavera das letras, proxecto didáctico da Real Academia Galega.
- Timeline sobre a súa vida e obra, do CEIP Condesa de Fenosa de O Barco
- 17 anécdotas para o 17 de maio. Guía do CEIP de Laredo (Chapela) – José Manuel Portela.
- Exposición de cartelas sobre a vida de Carlos Casares e cuestionario da mesma (Seminario Galán).
- Do seminario Galán tamén contamos cunha biografía e un díptico do Día das Letras Galegas.
- Roteiro sobre Carlos Casares en Santiago de Compostela realizado polo IES Carlos Casares de Vigo.
- Da man da profesora Begoña Allegue Rodríguez, tres pequenas actividades educativas interactivas: “Casares e o cine“, “Casares: sociedade e política” e mais “Casares: lingua e cultura“.
- Creación audiovisual “Carlos Casares. Letras 2017“, do IES ISaac Díaz Pardo.
- Telexornal Carlos Casares. Peza audiovisual de calidade, dirixida polo profesor Luis Gómez Aldegunde, do CPPI dos Dices-Rois e as alumnas Noemi Sóñora, María González, Sabela Rei, Clara Pardal, Antía Feáns, Alicia Quiñones e Estela Otero.
- Da mesma autoría é “A miña obra favorita de Carlos Casares“.
INICIATIVAS CENTRADAS NA OBRA DE CARLOS CASARES
- Guía didáctica d´As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (Centro Dramático Galego) en colaboración coa Fundación Carlos Casares, con actividades para diferentes idades. Conta tamén cunha web sobre a obra de teatro, amosando información adicional de interese para o equipo docente e o alumnado (vídeos, descarga de material, noticias, manualidades, etc.).
- Adaptación teatral d´A galiña azul para escolares, realizada polo Seminario Galán.
- Páxina webquest con guía didáctica de Eva López Castro sobre o libro A galiña azul, para o segundo ciclo de educación primaria.
- Guía de lectura narrativa na sección de dinamización do sitio Cultura.gal para prelectores e primeiros lectores. Entre as seis obras que se traballan, está a obra A galiña azul.
- Blogue “Ventos cruzados“, sobre hipertextualidade en textos literarios.
- Unha iniciativa ben interesante dos Argalleiros e Argalleiras das Letras, blog da biblioteca do IES Castro da Uz: audiolibros de obras de Carlos Casares, lidos polo alumnado do centro.
- Diapósitivas de Revolta da Freixa sobre a obra narrativa de Carlos Casares.
- Do Seminario Galán son estas Guías Didácticas adaptadas a Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria, e mais 5º e 6º de Primaria.
OUTRAS INICIATIVAS RELACIONADAS CON CARLOS CASARES
- Proxecto “Galaxia Casares”, do IES Carlos Casares. Contén numerosos traballos, vídeos e iniciativas sobre o autor ourensán, entre os que destaca especialmente o álbum ilustrado As estrelas máis estrelas de todas as estrelas.
- Un fermoso marcapáxinas do Seminario Galán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario