Amosando publicacións coa etiqueta películas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta películas. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de marzo de 2019

EntreLobos

"Entrelobos" é o título duna película dirixida por Gerardo Olivares en 2010 e na que interveñen actores e actrices moi coñecidos do cinema español.
Narra as peripecias de Marcos Rodríguez Pantoja. Nos anos da posguerra, cando Marcos tiña uns 6 ou 7 anos,  foi vendido (si, como o oídes, ven-di-do) polo seu pai a un pastor. Cando este morreu,  quedou na Serra Morena sen máis compaña que unha manada de lobos e sen máis amigos que un furón e unha curuxa.  Viviu alí ata os 19 anos sen ter contacto cos humanos.
Cando o devolveron á sociedade, caeu en mans de xente que o maltratou. Ríronse del e menospreciárono, por iso di  " foi o momento da miña vida no que pasei máis  medo".
Ata que coñeceu a un galego, co que veu vivir a Rante, un pobo preto de aquí, e onde leva dende hai máis de 15 anos. 
A súa historia foi obxecto de estudios e ten viaxado por moitos lugares para falar sobre as súas peripecias.
O pasado día 20 tivemos a sorte de telo no cole. Vimos a película e
foi un privilexio escoitar as súas historias, os sons  que reproduce só empregando a súa voz e a música que é quen de facer só usando unha palliña... 

Grazas por vir, Marcos. 
E grazas a ti, Santos, por convidalo.

Picando na  imaxe , podedes entrar na páxina web do filme onde falan sobre os actores e actrices,  anécdotas da rodaxe e moitas outras cousas .




E aquí podedes ver a primeira parte da película. Se vos interesa, en YouTube hai tres partes máis:

domingo, 19 de novembro de 2017

Cine en Super 8

O cine en Super 8 ten mais de 50  anos de historia.
Nos tivemos moita sorte e, grazas ao pai da profe Maite, puidemos ver películas antigas  e descubrir moitas cousas sobre este formato cinematográfico.
Amadeo trouxo a súa cámara e o seu proxector de Super 8, que mercou en Alemaña  hai case 50 anos,  e ensinounos  como se  monta a película  e como se unen varias cintas, porque cada unha so dura tres minutos.
Aprendemos que este formato apareceu para poñer ao alcance dos afeccionados a filmación de esceas familiares e ver películas cando na televisión non había tantas horas diarias  de emisión coma hoxe.
Tamén,  que para cargar a película había que meter un cartucho na cámara e logo levalo a revelar a un laboratorio de fotografía que a entregaba lista para usar no proxector.
As películas eran en branco e negro e non tiñan son, pero eran igual de divertidas .
Recoñecemos  moitos personaxes que todavía hoxe son favoritos dos nenos e nenas: Piolín e o gato Silvestre, Bugs Bunny, o pato Lucas, o rato Mickey e o seu can Pluto...  e descubrimos outros que non coñeciamos tanto: Speedy González, o gordo e o fraco ... Powered by emaze

sábado, 18 de novembro de 2017

Multicines Efrén


Todos os xoves son "Xoves de curtas" no cole. 
Xa vos informamos días atrás dos cambios que iamos aplicar a esta actividade.
Para levalos a cabo, tivemos que elaborar todos os elementos necesarios: taquilla, entradas, carteleira... 
E hoxe foi a grande apertura dos Multicines Efrén.
Houbo unha grande afluencia de público e formáronse grandes colas de xente de todas as idades  para recoller as entradas. 


Xoves de Curtas by Slidely Slideshow

sábado, 11 de novembro de 2017

Cinencia: Inventos de cine

Xa falamos anteriormente da relación do cine coa ciencia.
O cine nace da fotografía e esta está relacionada con dúas disciplinas científicas: a física (cámara oscura) e a química (reacción das sales de prata coa luz). 
Coa aparición do cinematógrafo, os irmáns Lumiere mostraron nas súas primeiras películas  unha vertiente científico-realista do cinema , mentras que  Georges Melie mostrou unha vertente fantastico-inventiva .
Máis adiante, tamén foi a ciencia a que propiciou a aparición do cine sonoro en 1927 con "O cantor de Jazz",  en 1939 , as cores en "O mago de Oz" e cinemascope en "West Side Story" ; a tecnoloxía dixital, con películas como "A guerra das Galaxias" e as técnicas informáticas que fixeron posible o cine de animación como "Toy Story" (1995).

En moitas das películas que coñecemos aparecen ideas revolucionarias que décadas atrás foron consideradas "ciencia ficción", pero que agora son unha realidade.
Imos mostrarvos unha serie de  inventos, avances, tecnoloxías que saltaron das pantallas de cine aos andeis das tendas

"Viaxe a Lúa" Georges Méliês 1902

"Metropolis" Fritz Lang -1927 

"Tempos modernos" Charles Chaplin 1936 


"Os supersónicos"  Hanna/Barbera 1962/87  




"Star Trek"  Leonard Nimoy 1966/69 



"2001, unha Odisea no espazo" Stanley Kubrik 1968


"O durmiñón" Woody Allen 1973 

"Blade runner" Ridley Scott 1982



"Star Wars" George Lucas 1983 

"Soños eléctricos" Steve Barron 1984 

"A rapaza de rosa" Howard Deutch 1986 

"Regreso ao futuro"  Robert Zemeckis 1989 



"Desafío total"  Paul Verhoeven - 1990 


"Minority report" Steven Spielberg 2002 


"Iron man" Jon Favreau -  2008

venres, 10 de novembro de 2017

Semana da Ciencia: A ciencia no cine

O cinema é maxia, pero tamén é ciencia.  A súa historia está intimamente ligada aos avances científicos.

Na Semana da Ciencia seleccionamos algunhas  películas infantís e xuvenís protagonizadas por científicos ou inventores. Algúns viaxaron ao futuro, outros salvaron o planeta, e moitos destes personaxes quedaron para sempre na historia do cinema.


O profesor chiflado (1963)
Julious Kelp, un profesor de química da universidade está farto de que os seus alumnos máis musculosos abusen del e decide apuntarse a un ximnasio para mellorar o seu aspecto físico. Cando ve que non o consigue, decide crear un brebaxe e cada vez que o bebe convértese nun xoven moi guapo



No corazón da terra (1977) 

Un científico inglés, obsesionado pola estrutura da terra, inventa unha máquina deseñada para viaxar ao centro do planeta. Decide formar parte do experimento e acompañado do seu axudante proban a máquina. O invento escapará ao seu control e mandará aos dous   a unha viaxe no tempo que os levará a Prehistoria.

 Triloxía: Regreso ao Futuro (1985-1990)

O adolescente Marty McFly faise amigo de Doc, un científico ao que todos toman por tolo. Cando Doc crea unha máquina para viaxar a través do tempo, un error fai que Marty chegue a 1955, cando os seus pais aínda non se coñeceran. Marty terá que conseguir que se coñezan, senón a súa existencia sería imposible.




Querida, encollín aos nenos (1989)
Un científico e inventor crea unha máquina que permite encoller o tamaño dos obxectos. Unha pelota activa a máquina por accidente e os seus fillos son reducidos a un tamaño microscópico. Vivirán unha auténtica aventura intentando atravesar o xardín, transformado nunha auténtica xungla para eles, ata chegar á casa.


Uns peques xeniais (1997)

Dous cientícos fundan un parque temático para poñer en prácticas as súas teorías de que certos nenos de dous anos están dotados de unha grande sabedoría, heredada senéticamente, a cal se perde cando aprenden a falar. Os esforzos da parella céntranse en achar un método que lles permita descifrar a linguaxe dos bebés, antes de que empecen a falar.



Flubber e o profesor chiflado (1997)


Un simpático e despistado profesor que traballa nunha universidade que está a punto de pechar por falta de diñeiro  fai un sorprendente descubrimento : unha sustancia voadora que produce enerxía e que se move a velocidades supersónicas (Flubber)

Jimmy Neutrón, o neno inventor (2001)

Jimmy e os seus amigos viven en Retroville, unha cidade moi aburrida, por iso están agardando a inauguración do novo parque de atraccións. Mentres montan na montaña rusa, todos os adultos son abducidos polos Yokians, uns alieníxenas verdes con cara de ovo.


 Descubrindo aos Robinsons (2007)

Cando Lewis coñece a Wilbur Robinson, un rapaz misteriososo que ven do futuro, decide acompañalo nunha viaxe a través do tempo onde descubre o segredo da familia Robinson

Chuvia de albóndigas (2009)
Flint, un xoven científico soña con inventar  algo que mellore a vida de todos os seus veciños. Despois de intentalo varias veces logra crear algo que funciona: unha máquina que fai caer comida do ceo.


Planet 51 (2009)
Chuck, un astronauta humano un pouco torpe, chega ao Planeta 51 e os habitantes fuxen despavoridos. Cren que é unha invasión extraterrestre e comezan a perseguilo. Axudado polo robot Rover e dun neno do planeta, tratará de escapar para non rematar convertido nunha peza do Museo Espacial de Invasores Alieníxenas.


Frankenweenie (2012)
Trala inesperada morte do seu can Sparky, o pequeno Victor válese do poder da ciencia para traelo de novo á vida... cuns poucos axustes. Victor intenta mantelo agochado, pero cando Sparky consegue saír... o pobo enteiro aprenderá que crear unha nova vida  pode converterse en algo monstruoso.


Camiñando entre dinosauros (2013)
Película que mestura acción con criaturas creadas por ordenador en animación 3D, para introducirnos no mundo prehistórico e vivir de preto a evolución dos dinosauros dende que rompen o ovo, pasando pola loita pola comida e o enfrentamento cos depredadores que os acosan.

 

Atrapa a bandeira (2015)
Un millonario decide colonizar a lúa e o goberno de EEUU e a NASA teñen serias dificultades para frear as súas intencións, xa que ademais quere apropiarse do Helio 3, a fonte de enerxía do futuro. 

  

martes, 31 de outubro de 2017

Xoves de curtas

O xoves é dia de cine no cole. 
A biblioteca convértese nunha sala de cine e os rapaces asisten a proxección  dunha  curtametraxe seleccionada.

Neste mes de outubro, as elixidas foron:

"A viaxe a Lúa" de Georges Méliès (1902), por ser a primeira película de ciencia ficción da historia do cine

"Mr Bean na Biblioteca" de Rowan Atkinson (1990/95). Un pouco de humor para  celebrar a Semana da Biblio

"A bruxa Regañadentes" (2005) adaptación da historia publicada por OQO, para  pasar un pouco de medo ...
Informamos que,debido á estupenda acollida que ten esta actividade, a partires do vindeiro mes de novembro imos cambiar o sistema:

Poderedes elixir entre catro salas de cine, con catro curtas diferentes.
Teredes que coller unha entrada na taquilla para asistir á proxección que queirades.
 O aforo é limitado, así que teredes que darvos présa, para que ninguén se vos adiante...

Vémonos!


domingo, 9 de setembro de 2012

O Superfamoso... TADEO JONES

Benvido Tadeo!
Por fin podemos disfrutar da última película de animación española!
Despois de 4 anos de traballo, "As aventuras de Tadeo Jones", personaxe creado por Enrique Gato, acaba de estrearse nos cines.
É unha película de aventuras, donde o humor xoga un papel moi importante.Os personaxes principais son : Tadeo, Sara, Fredy, Jeff, Belzoni...
 Tadeo é o aventureiro que todos levamos dentro. E Sara é valente, intrépida e, sobre todo, intelixente.
Adiviñade quen lles deu a voz a estes personaxes :  pois entre outros José Mota e Michelle Jenner.
Tadeo é unha mistura de todos os aventureiros da historia do cine : Indiana Jones,  Allan Quatermain ...
Todo comezou cunha curtametraxe, que, para sorpresa dos seus creadores , gañou un feixe de premios.
Aqui vos presento...  O NACEMENTO DE TADEO JONES



E, se queredes saber máis, visitade o sitio web oficial da película. Hai trailers da película, xogos...
 Picade na imaxe: