O xoves é dia de cine no cole.
A biblioteca convértese nunha sala de cine e os rapaces asisten a proxección dunha curtametraxe seleccionada.Neste mes de outubro, as elixidas foron:
"A viaxe a Lúa" de Georges Méliès (1902), por ser a primeira película de ciencia ficción da historia do cine
"Mr Bean na Biblioteca" de Rowan Atkinson (1990/95). Un pouco de humor para celebrar a Semana da Biblio
"A bruxa Regañadentes" (2005) adaptación da historia publicada por OQO, para pasar un pouco de medo ...
Informamos que,debido á estupenda acollida que ten esta actividade, a partires do vindeiro mes de novembro imos cambiar o sistema:
Poderedes elixir entre catro salas de cine, con catro curtas diferentes.
Teredes que coller unha entrada na taquilla para asistir á proxección que queirades.
O aforo é limitado, así que teredes que darvos présa, para que ninguén se vos adiante...
Vémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario