Néboa en Ourense?
Non. É o fume que enche toda Galicia.
No cole, o fume non deixaba ver a paisaxe |
O corazón encóllese ao ver as noticias que nos chegan pola tele e a prensa.
A sensación de caos, o ceo de toda Galicia escurecido polo fume e sentir o cheiro a
queimado que entra polas ventás das casas pechadas a cal e canto, fai que a rabia se converta en bágoas.
A angustia convertida en documento sonoro e as lapas estendéndose coas fortes ráfagas de vento...
Concellos da montaña lucense constatan perdas "irreparables" de especies de árbores autóctonas, de animais queimados vivos e bosques cheos de vida convertidos en cinzas.
Concellos da montaña lucense constatan perdas "irreparables" de especies de árbores autóctonas, de animais queimados vivos e bosques cheos de vida convertidos en cinzas.
Hoxe Galiza chora, pero chora bágoas de cinza.
Chora Galicia
na tarde quente
na noite escura
que arde
sen máis pesare que a dor
sen máis pesare que a dor
na tarde quente
na noite escura
que arde
sen máis pesare que a dor
sen máis pesare que a dor
Chora Galicia
e non consola
triste paisaxe
negrura
loito e moito rencor
loito e moito rencor
Chora Galicia
paisaxe escura
verde esquecido
lamentos
desta terriña do amor
desta terriña do amor
paisaxe escura
verde esquecido
lamentos
desta terriña do amor
desta terriña do amor
Non consola o noso pranto
nin paramos de chorar
como fixo sempre a terra
seguiremos a loitar
seguiremos a loitar....
nin paramos de chorar
como fixo sempre a terra
seguiremos a loitar
seguiremos a loitar....
"Chove en Santiago" Luar na Lubre vs Regueifando pola vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario