mércores, 10 de marzo de 2021

Fortes e bravas. Mulleres con bata


A bata de traballo, o típico mandilón de cadros que usaban e aínda usan as mulleres galegas no entorno rural e tamén nas zonas urbanas para realizar as tarefas do fogar foi o punto de partida para reflexionar sobre o traballo das mulleres. 

 Varias xeracións de mulleres tiveron ou teñen aínda como indumentaria  

"oficial" de traballo na casa ou no campo o delantal, mandilón  ou bata que podemos considerar coma símbolo deses traballos que son tan imprescindibles para soster o mundo pero que son socialmente invisibles e están mal remunerados.

Hai tantas batas e formas de levalas coma mulleres , por iso o alumnado trouxo fotos das avoas, bisavoas e nais que as empregan para recoñecer a labor das mulleres que, sen salario nin vacacións  seguen levantando Galicia sen importar a idade ,  e tamén das que levantan Galicia coa bata posta nos seus traballos como médicas, limpiadoras, enfermeiras, mestras ...

Todas son as nosas heroínas fortes e bravas que traballan fóra e dentro da casa e sempre co sorriso posto.


O que contan as bisavoas

E non só nós homenaxeamos ás mulleres con bata: 

Mural de YosebaM
Claudia Brenlla
Hai  anos  a realizadora galega Claudia Brenlla, inspirada pola artista Petra Buchegger, fixo un documental  sobre as batas e as mulleres de Galicia para reivindicar o papel da muller na sociedade  que ten recibido moitos premios. Bata por fóra, muller por dentro.

E por outra banda temos a  Joseba Muruzábal, un pintor de Cambre,  cerca de A Coruña que, para homenaxear a todas as mulleres creou por toda Galicia unha serie de murais que titulou como "Fenómenos do rural" e que retratan ás superavoas , ás auténticas mulleres galegas sobre as fachadas dos edificios. 


 

luns, 8 de marzo de 2021

8 de marzo: Xuntxs podemos

Acabamos de celebrar o Día de Rosalía e para nós ela é o mellor símbolo do 8 de marzo.  Nas súas obras ocupouse das mulleres reais, das mulleres do seu pobo e de todos os pobos do mundo: as viúvas dos vivos e mortos, as nais aldraxadas pola xustiza, as meniñas famentas, as que tiñan que pedir, as violentadas ...

Pero ademais, ela é a nosa escritora nacional, título que na maioría das literaturas leva un home. E por que ? Pois porque ela creou un horizonte de esperanza e dignidade para a nosa xente, para a nosa cultura e a nosa lingua. E todo iso a partir das ideas sobre a muller e o mundo que xa tiña moi claras con 21 anos: liberdade, independencia e igualdade.

Estas ideas son as que defende o feminismo, fronte ao machismo que cre que os homes son superiores ás mulleres. O feminismo non quere quitarlle dereitos aos homes, quere que as mulleres teñamos os mesmos dereitos ca eles.

 E a educación é o que  pode cambialo todo.

                           Xogando xuntxs, desfrutando xuntxs e aprendendo xuntxs en igualdade poderemos limar estereotipos e demostrar  que as mulleres e os homes teñen os mesmos dereitos e poden facer as mesmas cousas.

 Non hai cores de nenas e cores de nenos, xoguetes de nenas e xoguetes de nenos, libros para nenas e libros  para nenos...

As nenas e os nenos poden facer as mesmas cousas.

      Hai persoas que teñen tan interiorizados eses pensamentos sexistas que ata lles parecen naturais. Temos que buscalos e erradicalos .Con que so unha persoa abra os ollos e trate de cambiar o seu punto de vista, estaremos satisfeitas.

Nenas/os e mestras/es XUNTXS FARÉMOLO! Estamsos segurxs!


Recomedámosvos ler todos estes libros que temos na biblio

Lendo en feminino


xoves, 4 de marzo de 2021

Rosaliando no cole e nas casas

 

Este ano, tendo en conta a situación sanitaria e  que estamos a vivir , a proposta da AELG pareceunos moi axeitada : reivindicar a figura de Rosalía a través da música e o ritmo , que nos axuden a esquecer as preocupacións que rondan polo noso interior.

Ela xa o fixo a través da súa visión do amor e a dor, da paisaxe, do feminismo... cos seus poemas escritos hai ben anos.

Ela deixou un legado que  intentamos recoller e levar ás aulas sementando música e poemas para reivindicar o noso, para confraternizar malia levar a cara cuberta