Acabamos de celebrar o Día de Rosalía e para nós ela é o mellor símbolo do 8 de marzo. Nas súas obras ocupouse das mulleres reais, das mulleres do seu pobo e de todos os pobos do mundo: as viúvas dos vivos e mortos, as nais aldraxadas pola xustiza, as meniñas famentas, as que tiñan que pedir, as violentadas ...
Pero ademais, ela é a nosa escritora nacional, título que na maioría das literaturas leva un home. E por que ? Pois porque ela creou un horizonte de esperanza e dignidade para a nosa xente, para a nosa cultura e a nosa lingua. E todo iso a partir das ideas sobre a muller e o mundo que xa tiña moi claras con 21 anos: liberdade, independencia e igualdade.
Estas ideas son as que defende o feminismo, fronte ao machismo que cre que os homes son superiores ás mulleres. O feminismo non quere quitarlle dereitos aos homes, quere que as mulleres teñamos os mesmos dereitos ca eles.
E a educación é o que pode cambialo todo.
Non hai cores de nenas e cores de nenos, xoguetes de nenas e xoguetes de nenos, libros para nenas e libros para nenos...
As nenas e os nenos poden facer as mesmas cousas.
Hai persoas que teñen tan interiorizados eses pensamentos sexistas que ata lles parecen naturais. Temos que buscalos e erradicalos .Con que so unha persoa abra os ollos e trate de cambiar o seu punto de vista, estaremos satisfeitas.
Nenas/os e mestras/es XUNTXS FARÉMOLO! Estamsos segurxs! |
Recomedámosvos ler todos estes libros que temos na biblio:
Ningún comentario:
Publicar un comentario