mércores, 10 de marzo de 2021

Fortes e bravas. Mulleres con bata


A bata de traballo, o típico mandilón de cadros que usaban e aínda usan as mulleres galegas no entorno rural e tamén nas zonas urbanas para realizar as tarefas do fogar foi o punto de partida para reflexionar sobre o traballo das mulleres. 

 Varias xeracións de mulleres tiveron ou teñen aínda como indumentaria  

"oficial" de traballo na casa ou no campo o delantal, mandilón  ou bata que podemos considerar coma símbolo deses traballos que son tan imprescindibles para soster o mundo pero que son socialmente invisibles e están mal remunerados.

Hai tantas batas e formas de levalas coma mulleres , por iso o alumnado trouxo fotos das avoas, bisavoas e nais que as empregan para recoñecer a labor das mulleres que, sen salario nin vacacións  seguen levantando Galicia sen importar a idade ,  e tamén das que levantan Galicia coa bata posta nos seus traballos como médicas, limpiadoras, enfermeiras, mestras ...

Todas son as nosas heroínas fortes e bravas que traballan fóra e dentro da casa e sempre co sorriso posto.


O que contan as bisavoas

E non só nós homenaxeamos ás mulleres con bata: 

Mural de YosebaM
Claudia Brenlla
Hai  anos  a realizadora galega Claudia Brenlla, inspirada pola artista Petra Buchegger, fixo un documental  sobre as batas e as mulleres de Galicia para reivindicar o papel da muller na sociedade  que ten recibido moitos premios. Bata por fóra, muller por dentro.

E por outra banda temos a  Joseba Muruzábal, un pintor de Cambre,  cerca de A Coruña que, para homenaxear a todas as mulleres creou por toda Galicia unha serie de murais que titulou como "Fenómenos do rural" e que retratan ás superavoas , ás auténticas mulleres galegas sobre as fachadas dos edificios. 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario