xoves, 23 de setembro de 2021

Chegou a LAVAMAGIC

 Buscando recursos para poñer en marcha o noso proxecto anual, atopamos Lavamagic, a lavadora das emocións. É un proxecto  creado por Susana Molina, unha profesora de Valladolid e parécenos unha idea moi interesante e motivadora para coñecer e xestionar as emocións promovendo a empatía e a inclusión.

Es una lavadora de cartón que ofrece infinitas posibilidades tanto dentro como fuera del aula. Trabaja sobre el aspecto emocional y desarrolla habilidades tanto personales como sociales”, dinos Susana


O outro día chegou a lavadora e Efrén foi polas aulas  a explicar como funciona e as actividades que se poden realizar 

.

Na Biblio tamén explicamos o funcionamento da Lavamagic

domingo, 19 de setembro de 2021

Novo curso, novo proxecto, novas ilusións

 Comeza un novo curso e son moitas as emocións que nos asaltan nestes primeiros días de escola: nervios polo comezo dunha nova etapa, tristeza por deixar o verán atrás, alegría por volver a ver as compañeiras /os de clase, curiosidade por como será a nova mestra/e, medo ás dificultades que se poden presentar ... 

A caixa das emocións

Todas estas emocións son normais e non podemos facer nada para que non aparezan. As emocións non se poden controlar, o que si podemos é aprender a xestionar a conducta asociada a cada emoción. 

O novo curso trae tamén outras emocións: a ilusión que esperamos que se converta nun grande desexo de aprender , a esperanza por mellorar e os bos propósitos  para que se  fagan realidade os novos proxectos. Todas/os poñeremos todo da nosa parte.

O PDI que eliximos para traballar este curso , xa vos destes conta que  trata sobre as emocións e a maneira de xestionalas.  E isto serviranos para aprender  a ser  máis responsables, a combinar constancia e esforzo,  e a seguir as normas de comportamento .