Comeza un novo curso e son moitas as emocións que nos asaltan nestes primeiros días de escola: nervios polo comezo dunha nova etapa, tristeza por deixar o verán atrás, alegría por volver a ver as compañeiras /os de clase, curiosidade por como será a nova mestra/e, medo ás dificultades que se poden presentar ...
A caixa das emocións |
Todas estas emocións son normais e non podemos facer nada para que non aparezan. As emocións non se poden controlar, o que si podemos é aprender a xestionar a conducta asociada a cada emoción.
O novo curso trae tamén outras emocións: a ilusión que esperamos que se converta nun grande desexo de aprender , a esperanza por mellorar e os bos propósitos para que se fagan realidade os novos proxectos. Todas/os poñeremos todo da nosa parte.
O PDI que eliximos para traballar este curso , xa vos destes conta que trata sobre as emocións e a maneira de xestionalas. E isto serviranos para aprender a ser máis responsables, a combinar constancia e esforzo, e a seguir as normas de comportamento .
Ningún comentario:
Publicar un comentario