martes, 19 de maio de 2020

Escolma de musica tradicional

Entre as  actividades para a que solicitamos colaboración dende a casa estaba tocar algunha peza de música galega coa gaita ou con outro instrumento.
Obtivemos duas respostas : Mateo, que está comezando a dar os seus primeiros pasos tocando o punteiro e faino estupendamente  (aínda que sabemos de boa tinta que pronto terá a súa propia gaita) e Pablo, que toca coma un profesional.
Escoitade, escoitade:

Bailamos a muiñeira

Este ano,  pola romaría das Letras, queriamos bailar todxs xuntxs unha peza tradicional e, fixémolo, claro que o fixemos... xuntos na distancia.
Escollemos a muiñeira de Chantada porque é unha das pezas máis coñecidas do repertorio dos gaiteiros. 
Foi creada no 1865 e estreada nas festas da Veiga  en Chantada e foi gravada por primeira vez en 1928.
Fostes moitas as familias e os nenos e nenas que enviastes a vosa muiñeira... 
GRAZAS a todxs por colaborar. Sodes uns excelentes bailaríns e bailarinas.


Peeero, no medio de todos os videos,  resulta que un deles quedou sen incluir na recompilación.
 Bufff! é a primeira vez que nos pasa algo así!. Pero todo  se pode arranxar...
Por iso o imos poñer aquí, porque non nos parece xusto que, tras levar o traballo de preparar o baile, non poidades ver o ben que o fan Xiana e Breogán .  Tamén incluimos unhas fotos que nos quedaron por meter ... 

 Sira e Álvaro tamén quixeron mandarnos o seu saúdo:

Actividade compartida




Varios colexios participaron da actividade que propuxo a nosa biblioteca para celebrar o Día das Letras:



  • EEI Barrionovo de Arteixo 
  • CEIP Amadeo Rodríguez Barroso de Ourense


  • CEIP Plurilingüe A Inmaculada de Ourense

Pitas, galos, pitiños ... baixo a choiva

As nenas e nenos de E. Infantil sorprendéronnos coas súas pitas baixo a choiva :

luns, 18 de maio de 2020

A rua Carvalho Calero

Moitas persoas que viven en Ourense, estamos seguros que non saben que hai unha rúa que leva o nome do intelectual ao que se lle dedica este ano o Dia das Letras.
 Falamos, como non, de Ricardo Carballo Calero.
A biblio propuxo a nenas e nenos  que empregasen Google maps para atopar a rúa e que debuxarna a ruta que deberían seguir para chegar á devandita rúa dende a súa casa .

A nosa proposta non remataba aì. Unha vez localizada a rúa, se era posible, debían achegarse ata alí e recitar un poema ou ler un texto de Carvalho Calero.
E xs que non puideron achegarse, fixeron que a rúa fose ás súas casas..

domingo, 17 de maio de 2020

María do Ceo no Día das Letras

Para nós foi un luxo contar coa colaboración da cantante María do Ceo na nosa romaría virtual.
Ela, que ten dado concertos dentro e fóra do país, quixo facernos este agasallo . O noso himno, na súa voz doce e melancólica, trae os sentimentos e as emocións a flor de pel.
Disfrutádeo:

Un poema inédito

O proxecto Semente Trasancospara honrar a  súa memoria, fixo público o sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras, o primeiro poema que Ricardo Carvalho Calero escribiu en galego . 
Foi publicado na revista Maruxa en 1925baixo o pseudónimo Ilex, cando o autor tiña 15 anos. 
Ata o momento, o poema era inédito e nel apreciase a influencia de Rosalía de Castro.
Titúlase A Galiza  e a asociación gravouno  e colgou  un vídeo na plataforma YouTube.

sábado, 16 de maio de 2020

A primeira xuntanza despois do confinamento :Os vapores das Burgas

En tempos, nas xuntanzas de amigxs ou cando había unha festa, os mozos e mozas adoitaban tocar, cantar e  bailar  pezas tradicionais. 
Isto foi o que  fixeron na casa da familia de Alex un destes días co grupo de gaitas "Os vapores das Burgas". 

mércores, 13 de maio de 2020

Saímos na prensa

 O xornal La Voz de Galicia faise eco da nosa iniciativa para celebrar o Día das Letras Galegas:

                                                         
 OURENSE

 O colexio de Toén e o Concello de Viana do Bolo propoñen actos para as Letras Galegas

 

Localizar as rúas co nome de Carvalho Calero 
é unha das iniciativas

OURENSE / LA VOZ        
En tempos de confinamento a imaxinación é unha boa ferramenta. O 17 de Maio non se celebrarán os actos en homenaxe a Carvalho Calero, serán en outubro, mais hai propostas para non deixar pasar a data. Dende a biblioteca do colexio Saco e Arce, de Toén, lanzaron
 aos seus alumnos un reto: localizar os municipios de Galicia que teñen unha rúa co nome 
de Ricardo Carvalho Calero. E no caso de Ourense propoñen aos alumnos de Toén que se acheguen á mesma e alí lean textos, reciten poesías, deixen un mural ou mesmo toquen algunha peza. O Concello de Viana do Bolo tampouco quere deixar pasar a data. Está convocado o concurso de Relatos dende o confinamento, dirixido ao CEIP Bibei, animan a apoiar a campaña Defende o galego e colgarán na rede vídeos de autores de Viana do Bolo.


E tamén saímos en La región

OURENSE      Día das Letras Galegas

Debuxos infantís en Toén
e escritos de autores vianeses

Poemas musicados

É a poesía a que está feita para ser cantada.... ou son as cancións as que son poesía con música?
Non sei, ao mellor as dúas cousas son o mesmo...
A verdade é que os poemas de Carvalho Calero con música soan moi ben.

  • Escoitade neste video tres poemas do autor na voz do profesor e debuxante Xico Paradelo


  • Teño unha dor


martes, 12 de maio de 2020

Agasallos en galego

A nosa amiga Sabela Gago quixo facernos un agasallo para celebrar as Letras Galegas...
E, hai algo mellor que uns contos?
Mandounos dous contos do libro "Dez eran dez" de Xoan Babarro:

  • "Dez parraguesas"



  • "Dez xoaniñas" cunha  pequena sorpresa ao final

domingo, 10 de maio de 2020

As pitas de D. Ricardo

"As pitas baixo a choiva" é un relato que narra un feito que lle sucedeu a Ricardo Carvalho Calero cando era un meniño.
Queredes escoitar o conto que nos conta a profe Vero? 
Pois, dádelle ao  play 🎬

E si queredes escoitar a música: 

 
Se o preferides, podedes ler o conto

Ler o conto en Issuu












Tamén atopamos pola rede unha Unidade Didáctica  para traballar con este conto que temos na biblio do cole:
    
Preme para ler en Issuu
Preme para descargar

sábado, 9 de maio de 2020

Aprender xogando

Aprender xogando é moito máis doado.
 Por iso vos animamos a coñecer un pouco máis  sobre Ricardo Carvalho Calero empregando os xogos que van a continuación
  • Quen di a verdade: CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)

  • Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) 
  • Don Ridardo, xogo do Colexio S. Pio X de Ourense
  • O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero, xogo de escape de dúas mestras de 
  • Ruleta de Preguntas do CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, A Coruña


 




  • XOGO de ESCAPE: RICARDO CARVALHO CALERO, para 5º/6º 
Este xogo foi ideado por Patricia Sánchez, do CEIP A Gándara de Narón. Para entrar seguide a seguinte ligazón:

https://patrifulca.wixsite.com/xogoletras20

Pero, primeiro, quizais vos sexa de utilidade ler sobre o xogo. Picade no seguinte enlace;

http://www.afiestradamestra.gal/2020/04/letras-galegas-2020-carvalho-calero-un.html


venres, 8 de maio de 2020

Preparados para a Semana Grande das Letras?

Como case todxs sabedes de outros anos, no noso cole o Mes  das Letras está cheíño de actividades.
E este ano, a pesares de todo o que temos enriba, non podía ser menos.  Así que, dende o Equipo de Biblioteca e o de Dinamización da Lingua Galega,  vos propoñemos unas cantas actividades para que a celebración non decaia e continuemos colaborando como a grande familia que formamos alumnado ,  familias e mestres.


xoves, 7 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Calero

En marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta diante desta Institución: declarar o Dia das Letras Galegas como data para homenaxear a aquelas persoas que destacaran pola súa creación literaria no noso idioma.
Nese ano celebrábase o centeario da publicación da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, considerada como a primeira obra mestra da nosa literatura e a que lle deu prestixio universal á nosa lingua como instrumento de creación literaria.
 Por iso consideraron que o 17 de maio era unha data que debía ser instaurada para a celebración das nosas Letras e que debía perdurar no tempo, como leva acontecendo dende hai 57 anos.
Este ano, coma todxs sabedes, o elixido foi D. Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo e lingüista, profesor e catedrático.
Nas páxinas seguintes atoparedes materiais para investigar sobre a vida e a obra deste insigne persoeiro das nosas Letras:
 Documentos para imprimir, actividades en liña para todos os cursos (picar na imaxe)



Documentos descargables, actividades interactivas ...




Biografía, roteiro, obras, audios, fotos ...




Biografía e actividades dinamizadoras

Caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro




Vida, obra, textos, audios, videos









Biografía, obra, videos ...

domingo, 3 de maio de 2020

Maios na casa


Non podiamos deixar que a festa que anuncia a primavera quedase sen celebrar.
Por iso pedimos ás familias que enchesen as súas casas dun anaquiño de monte e argallasen o seu propio maio.
E quedaron así de fermosos:


Algúns ata escribiron e cantaron as coplas...






Coplas de 4º EP


Coplas de 5º EP

Coplas de Inés - 6º EP

Iness by Ceip Saco e Arce on Scribd