mércores, 13 de maio de 2020

Saímos na prensa

 O xornal La Voz de Galicia faise eco da nosa iniciativa para celebrar o Día das Letras Galegas:

                                                         
 OURENSE

 O colexio de Toén e o Concello de Viana do Bolo propoñen actos para as Letras Galegas

 

Localizar as rúas co nome de Carvalho Calero 
é unha das iniciativas

OURENSE / LA VOZ        
En tempos de confinamento a imaxinación é unha boa ferramenta. O 17 de Maio non se celebrarán os actos en homenaxe a Carvalho Calero, serán en outubro, mais hai propostas para non deixar pasar a data. Dende a biblioteca do colexio Saco e Arce, de Toén, lanzaron
 aos seus alumnos un reto: localizar os municipios de Galicia que teñen unha rúa co nome 
de Ricardo Carvalho Calero. E no caso de Ourense propoñen aos alumnos de Toén que se acheguen á mesma e alí lean textos, reciten poesías, deixen un mural ou mesmo toquen algunha peza. O Concello de Viana do Bolo tampouco quere deixar pasar a data. Está convocado o concurso de Relatos dende o confinamento, dirixido ao CEIP Bibei, animan a apoiar a campaña Defende o galego e colgarán na rede vídeos de autores de Viana do Bolo.


E tamén saímos en La región

OURENSE      Día das Letras Galegas

Debuxos infantís en Toén
e escritos de autores vianeses

Os nenos do colexio Saco e Arce invitaron aos alumnos de Ourense a decorar a rúa Carvalho Calero coas súas creacións
Doutra banda, a rúa Carvalho Calero de Toén apareceu na mañá de onte engalanada cos debuxos, poemas e murais, elaborados polos nenos de distintos colexios de Ourense, segundo unha iniciativa do colexio Saco e  Arce

Ningún comentario:

Publicar un comentario