En marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron unha proposta diante desta Institución: declarar o Dia das Letras Galegas como data para homenaxear a aquelas persoas que destacaran pola súa creación literaria no noso idioma.
Nese ano celebrábase o centeario da publicación da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, considerada como a primeira obra mestra da nosa literatura e a que lle deu prestixio universal á nosa lingua como instrumento de creación literaria.
Por iso consideraron que o 17 de maio era unha data que debía ser instaurada para a celebración das nosas Letras e que debía perdurar no tempo, como leva acontecendo dende hai 57 anos.
Este ano, coma todxs sabedes, o elixido foi D. Ricardo Carvalho Calero, escritor, filólogo e lingüista, profesor e catedrático.
Nas páxinas seguintes atoparedes materiais para investigar sobre a vida e a obra deste insigne persoeiro das nosas Letras:
- Video sobre a súa vida (canción) Colexio Franciscanas
- Vida e Obra de Carvalho Calero do Colexio S. Pio X
- Telexornal "Carballo Calero" do CPI dos Dices
- Letras Galegas 2020: video do EDNL do IES de Arzúa
- Gañadores Concurso Exposición Letras Galegas:
- Symbaloo de recursos : CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)
Documentos para imprimir, actividades en liña para todos os cursos (picar na imaxe)
Biografía, roteiro, obras, audios, fotos ...
Biografía e actividades dinamizadoras
Caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro
Vida, obra, textos, audios, videos
Biografía, obra, videos ...
Documentos descargables, actividades interactivas ...
Biografía, roteiro, obras, audios, fotos ...
Biografía e actividades dinamizadoras
Caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro
Vida, obra, textos, audios, videos
Biografía, obra, videos ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario