domingo, 10 de maio de 2026

EN ABRIL, LIBROS MIL


No mes de abril, como cada ano, celebramos o mes do libro facendo diversas actividades:

O 23 de abril,  Día do Libro, tivemos un contacontos con Erea Mora. Ademais  Efrén, a nosa mascota de biblio visitou todas as clases e entregou sobres moi especiais con sementes de flores para plantar. Co lema “ Lemos para medrar” lembrounos que, ao igual que coas plantas, se lemos , estamos “sementando o noso futuro”.


Tamén tivemos a visita das familias. Durante a “hora de ler” varias nais e pais visitaron a biblioteca para compartir contos e historias con nós. Grazas por vir!!!

Os nosos colabores/as  tamén contaron contos usando o kamishibai para narrar as historias dun modo diferente.



Finalmente fixemos o apadriñamento lector. Foi emocionante ver aos alumnos/as máis maiores compartindo lecturas cos máis pequenos.







domingo, 26 de abril de 2026

mércores, 8 de abril de 2026

BUSCA DOS OVOS DE PASCUA NA BIBLIOTECA

O último día de clases antes das vacacións de Semana Santa tivemos unha busca de ovos na biblio. Axudados por Efrén e os colaboradores e colaboradoras estivemos  na procura dos ovos de chocolate. Grazas a todo/as por participar.



Contacontos Celso Fernández Sanmartín

 Celso Fernández Sanmartín na nosa biblio.

O pasado 20 de marzo tivemos a sorte de contar con Celso Fernández Sanmartin, un auténtico mestre da narración oral. Fíxonos desfrutar non só de contos, tamén de historias da vida. 

Pasámolo moi ben.


xoves, 26 de marzo de 2026

Día das enfermidades raras

 Para celebrar o Día das Enfermidades Raras, tivemos unha visita moi especial na nosa biblioteca.  María del Carmen, a mamá de Xoel, acompañounos para compartir un conto co obxectivo de dar visibilidade ás enfermidades raras. 

A través da  lectura,  os nosos alumnos/as disfrutaron dunha historia emocionante e aprenderon o valor da empatía, a inclusión e o respecto á diversidade.




luns, 23 de marzo de 2026

UNHA SEMANA ENTRE NOTICIAS

 A semana do 9 ao 16 de marzo celebramos a semana da prensa na Escola. Tivemos a oportunidade de analizar diferentes noticias de varios xornais e explorar as diferenzas entre as  seccións que os compoñen. Entre os xornais cos que traballamos estiveron: Nós Diario (o único xornal integramente en galego da nosa comunidade), La Voz de Galicia, La Región, e El Progreso de Lugo.

Tamén tivemos a visita dun xornalista de La Voz de Galicia co que alumnado de 5º e 6º de E.P puido aprender como se fai un xornal. Ademais, participamos no concurso de murais coas portadas dos xornais desa semana.



xoves, 26 de febreiro de 2026

Día de Rosalía e da Lingua materna


 Estes días conmemoramos no cole o día de Rosalía de Castro e o día da lingua materna.

Para tal ocasión, xuntámonos todos e todas na biblioteca para ler un conto sobre a vida e a obra de Rosalía. Uxía e Noelia foron as encargadas de trasladarnos a aquela época na que Rosalía destacou na poesía, na música e no sentir galego.

Ao remate, cantamos a canción " Rosalía pequeniña "

O proxecto deste curso escolar tamén estivo presente neste día e para celebrar o día da Lingua materna, adornamos un vestido de Rosalía con flores que ían escritas con diferentes palabras nos idiomas maternos do alumnado do cole.


Quedou marabilloso !!! 



luns, 9 de febreiro de 2026

Traballo sobre a mitoloxía galega

 

Aquí tedes o traballo realizado polos nosos alumnos e alumnas sobre os seres terroríficos da nosa mitoloxía. 

Cada páxina está feita con imaxinación e maxia galega!!!! 

Agardamos que vos guste tanto coma a nós.