xoves, 26 de febreiro de 2026

Día de Rosalía e da Lingua materna


 Estes días conmemoramos no cole o día de Rosalía de Castro e o día da lingua materna.

Para tal ocasión, xuntámonos todos e todas na biblioteca para ler un conto sobre a vida e a obra de Rosalía. Uxía e Noelia foron as encargadas de trasladarnos a aquela época na que Rosalía destacou na poesía, na música e no sentir galego.

Ao remate, cantamos a canción " Rosalía pequeniña "

O proxecto deste curso escolar tamén estivo presente neste día e adornamos un vestido de Rosalía con flores que ían escritas con diferentes palabras nos idiomas maternos do alumnado do cole.


Quedou marabilloso !!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario