Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autores. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de maio de 2024

DÍA DO LIBRO


 

Nesta ocasión, veu á nosa biblioteca, para festexar o día do libro un gran amigo e compañeiro de moitas andanzas do pasado, tanto na Banda de Barbadás, como na Charanga " Os Escachapeitos " e como non na Banda de Gaitas " Frouma " de Piñor. Estou a falar de Justo Calviño Cruz.

Aterrizou no cole Saco e Arce para falar do seu libro " Os contos do avó " e veu acompañado pola súa filla Iria, o seu neto Izan e por José Manuel Dopazo.

Foi un placer volver a veros e unha ledicia escoitar tantas historias que moi ben veñen reflexadas no libro. Noraboa, familia, por manter estas tradicións tan preto da xente, tanto na literatura como na música. Por certo... Izan é espectacular !!!

Apertas en nome de todo o colectivo que forma o CEIP Saco e Arce












martes, 21 de febreiro de 2023

Día da Paz

 Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemoramos o día mundial da Paz.

Este curso, ten unha relevancia especial. Cando xa pensabamos que as guerras eran cousa do pasado, alá polo Século XX, aparece nos nosos días unha guerra tan absurda e innecesaria que berremos ben alto que 

NON QUEREMOS METRALLETAS !!

QUEREMOS PANDEIRETAS !!

Plantemos en Toén cada un de nós unha árbore pola PAZ. 

Regala e coidala é tarefa de todos e cada un de nós.

Para esa aventura, acompañounos hoxe Anxo Moure, escritor, contacontos, ecopacifista e amigo do noso colexio desde fai moitos anos. A última vez fumos invitados á súa casa de Mariz ( Chantada ), na aldea de Garabelos. Agora visitou o noso cole acompañado do seu patinete.


Pola mañá, todo o cole foi colocando un barquiño de papel cunha mensaxe de Paz ao longo do enreixado do colexio. Contra vento e marea, eses barquiños deben navegar polas ondas para chegar ao seu destino.


mércores, 23 de novembro de 2022

O Monstriño do Río Miño

Con motivo do Samaín, e tendo de referencia o noso proxecto anual sobre a auga.... " Cada gota conta ", o alumnado ddo cole, tanto de Infantil coma de Primaria, fixo o debuxo do seu monstruiño do río Miño. Moitos deles tamén lle escribiu algunha das características peculiares do monstruo.

Velaí tedes os traballos de todos/as

O MONSTRIÑO DO RÍO MIÑO

venres, 24 de abril de 2020

Rubén Riós

Rubén Riós é un actor galego, director de cine nominado aos premios Goya polo seu documental Vida, e agora , nestes días de confinamento, ten un programa diario e en directo dende a súa páxina de Facebook: "Je suis Titiriteiro".
Ademáis de todo iso é unha persoa boa e xenerosa, xa volo dixemos onte, a quen non lle importou  compartir o seu tempo, moito máis do que nós lle pediamos, connosco. E, en vez de gravar só un video para animar a nenas e nenos a facerse amigos da lectura, ocorréuselle dedicarnos o seu programa do día 23 de abril, Día do lLibro. Bueno, a nós e a todas as nenas, nenos e  bibliotecas de Galicia...



MOITAS  GRAZAS 

xoves, 23 de abril de 2020

Día do Libro: Colaboracións especiais


Sempre dicimos que os amigos está aí cando os precisamos, sen pedir nada a cambio pola súa axuda.
E nós reafirmamos a nosa convicción de que contamos con amigos de verdade. 
A algúns, coma a Anxo , xa os contabamos no noso haber dende hai tempo. 
Outrxs tiñan vido polo cole e pasaramolo moi ben con elxs, falo de Celtia Figueiras, Abraham Carreiro, ou  Fran Guede...
E a outros coma Xosé Carlos Caneiro,  Pablo Nogueira , Pere Tobaruela (Grazas, Narciso ), "O Carrabouxo", e tantos outros só os coñeciamos polos seus libros. 
Pero bastou unha chamada de teléfono ou un simple whatsapp para que se uniran ao noso desexo de animarvos a ler, a que vos fagades amigxs da lectura. 
Agora, todas e todos xa forman parte desa familia que eliximos na nosa vida : a que forman os amigos.

GRAZAS A TODAS e TODOS


Así nos felicitan este  Día do Libro tan particular, porque o fan dende as  súas casas, xs seguintes  escritorxs , ilustradorxs, e outras persoas (hai cantantes, cineastas, debuxantes, ...) que aman os libros (aparecen colocados por orde alfabética)

JORGE EMILIO BÓVEDA, profesor e escritor. Gañou o Premio de Novela do Peirao


XOSE CARLOS CANEIRO,  articulista en La Voz de Galicia, escritor cun grande peso literario e  gañador de numerosos premios


ABRAHAM CARREIRO, ilustrador, deseñador gráfico e escritor

 PEPE CARREIRO, ilustrador e ‘pai’ dos nosos queridos  Bolechas e de moitos outros personaxes
<

ALBA  DE EVAN e JAVIER DOMÍNGUEZ, escritores,  creadores  de Naturizo, un ourizo moi especial


BAIA FERNÁNDEZ DE LA TORRE, escritora e you tuber 


CELTIA FIGUEIRAS, escritora, titiriteira e contadora de historias


SABELA GAGO, actriz e contacontos


XOSE LOIS GONZÁLEZ, "O Carrabouxo", debuxante e humorista gráfico


FRAN GUEDE, mestre, escritor e contador de contos



SUSA HERRERA, escritora e profesora de música na Universidade de Vigo  


LAURA IGLESIAS, ilustradora


DAVID LORENZO, ilustrador


ANXO MOURE, escritor, contacontos , ecopacifista e mais que amigo

  PABLO NOGUEIRA, mestre ourensán e escritor de libros que transmiten valores de igualdade e respecto a diversidade 
 

   KATHARINA OJEA, ilustradora


RUBÉN RIÓS, actor, director de cine, nominado aos premios Goya


PILAR RODRÍGUEZ, presidenta dos libreiros de Galicia


DAVID RUBÍN, ´deseñador gráfico. animador e escritor de banda deseñada


ROSI SARMIENTO, escritora


SECHU SENDE, profesor, escritor e filólogo


THE TETA'S VAN, grupo de rock feminista e galeguista


 PERE TOBARUELA ,  escritor catalán afincado na nosa terra, cunha longa traxectoria ás costas


UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA, grupo de música infantil



martes, 21 de abril de 2020

Celebramos a Cervantes

Xoana preparou unha pequena representación sobre Cervantes, o xenio das letras españolas e un dos autores polos que todos os anos   o día 23 de abril se lle dedica aos libros:

 

E agora tres versións da mesma canción: "Sancho, Quijote"

  • Xoana:



  • Alex



  • Marta


sábado, 23 de marzo de 2019

Saco e Arce

No noso cole todxs sabemos quen foi Xoan Antonio Saco e Arce, para iso a  escola leva o seu nome!
Este ano propuxémonos que tamén o coñezan ao longo e ancho, polo menos,  de toda a contorna.
Porque este ano celébrase o 150 aniversario da publicación da súa "Gramática Galega" que foi a primeira que se elaborou cos criterios científicos máis modernos daquel tempo. Supuxo  un grande avance na descrición da lingua e espallou polo mundo  a noticia da existencia  do galego. Serviu de inspiración para  as gramáticas posteriores, pero, debido a que o galego non era considerado unha lingua para empregar no ámbito científico, foi publicada en castelán.

Ao longo do curso, o alumnado investigará sobre a vida e obra do escritor, faremos un roteiro polos lugares onde estivo e os monumentos que o recordan, e realizaremos outras actividades das que vos daremos conta cando estean preparadas.

luns, 21 de maio de 2018

Homenaxe a Pura Vázquez

Os alumnxs de 5º e 6º do noso "cole" formaron parte do grupo de cerca de 300 escolares e profesores/as de varios centros da provincia que se achegaron ao Carballiño para, na chamada Insua dos Poetas, render homenaxe a Pura Vázquez, a escritora e mestra ourensana, no centeario do seu nacemento.
Ao longo da mañá, os rapaces lembraron a figura desta poetisa pioneira da literatura infantil e participaron activamente na homenaxe desenvolvendo diferentes actividades coma dramatizacións conxuntas do texto Visitas ao bosque,  xogos literarios e lectura de poemas da autora Amante e O Caracol, así como un obradoiro de creación de poemas.
O acto contou tamén coa actuación do grupo musical "A roda" , que interpretou textos musicados da autora  e rematou diante do monumento dedicado á escritora e a sua irmá Dora no espazo de natureza e cultura da Esgueva .

HomenaxePuraVazquez2018 by Slidely Photo Gallery

Pura Vázquez Iglesias
Carmen Pura Vázquez Iglesias (Ourense, 1918-2006) foi mestra, pioneira da literatura infantil galega e a primeira muller en publicar na lingua propia de Galicia tras a guerra civil. A súa obra abrangue un total de 45 títulos de poesía, narrativa e teatro, centrados no público máis novo.
Académica  da Real Academia Galega desde 1949, recibiu en vida numerosos recoñecementos, entre os que se poden destacar o Premio Trasalba (1996), o Premio das Letras e das Artes de Galicia (2002) ou o nomeamento como socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2005).

martes, 2 de maio de 2017

Coñezamos mellor a Carlos Casares


 Son moitos os recursos didácticos creados por profesores e alumnos de distintos centros de ensino de Galicia para traballar a figura de
Carlos Casares.
 Ademais do noso  Roteiro Carlos Casares en Ourense,  a Fundación Carlos Casares fixo unha recompilación das mesmas:

INICIATIVAS CENTRADAS NA VIDA DE CARLOS CASARES

INICIATIVAS CENTRADAS NA OBRA DE CARLOS CASARES

 OUTRAS INICIATIVAS RELACIONADAS CON CARLOS CASARES

sábado, 28 de maio de 2016

Abraham Carreiro

O pasado luns 23 de maio visitounos o  ilustrador Abraham Carreiro.
Deunos a coñecer en que consiste a súa profesión e como chegou a ser un debuxante de éxito.
Compartiu co alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º un obradoiro de Banda Deseñada  baseandose nos libros que estiveron traballando dentro do Proxecto anual e que tiveron grande éxito : "Estudios Tex" e "Xoeliki"
Nun papel en branco comezou a debuxar distintos personaxes dos libros, cunha rapidez que nos deixou abraiados...
Despois foi explicando como debuxar diferentes tipos de caras e como cambiar as expresións faciais dun personaxe  para que mostre a súa personalidade ou o seu estado de ánimo  (bo, malo, enfadado, durmido, sorprendido, namorado...)

Con todas as súas ensinanzas, cada un de nós tratou de debuxar  un personaxe ...

E se lle gustan... e inclúe algún deles no seu próximo traballo?
Pasárasevos a  idea  pola cabeza?


AbrahamCarreiro by Slidely Photo Gallery

Tod@s os rapaces e rapazas estiveron moi interesados e atentos e formularon unha chea de preguntas ao final da súa charla.

venres, 27 de novembro de 2015

Balbino está triste

L. Dávila - Faro de Vigo 2015
Hoxe Balbino está triste... 
Triste coma nós! 
Triste porque lle tivo que dicir adeus ao seu "pai", a persoa que o creou para o noso disfrute alá polo ano 1961. 
E é que a un pai, aínda que sexa literario, sempre custa dicirlle adeus ... 
E diredes... ¿quen é Balbino? 
Pois o personaxe protagonista do libro "Memorias dun neno labrego", o primeiro "best-seller" galego, escrito por Xosé Neira Vilas.
As súas primeiras verbas pasarán a historia:
 «Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre».
 A historia de Balbino é o testemuño da vida rural en Galicia nun tempo pasado. 
Durante décadas foi unha lectura cotiá para os alumnos en moitas escolas galegas. 
Foi traducida ao castelán, inglés, francés, alemán, checo, ruso e outros idiomas.

Se queredes saber máis sobre Xosé Neira Vilas, picade nas imaxes: 

                                        


Escoitade a súa voz:



Tamén podedes aproveitar para aprender máis sobre este libro con este LIM do CEIP Friáns- Teis