Sempre dicimos que os amigos está aí cando os precisamos, sen pedir nada a cambio pola súa axuda.
E nós reafirmamos a nosa convicción de que contamos con amigos de verdade.
A algúns, coma a Anxo , xa os contabamos no noso haber dende hai tempo.
Outrxs tiñan vido polo cole e pasaramolo moi ben con elxs, falo de Celtia Figueiras, Abraham Carreiro, ou Fran Guede...
E a outros coma Xosé Carlos Caneiro, Pablo Nogueira , Pere Tobaruela (Grazas, Narciso ), "O Carrabouxo", e tantos outros só os coñeciamos polos seus libros.
Pero bastou unha chamada de teléfono ou un simple whatsapp para que se uniran ao noso desexo de animarvos a ler, a que vos fagades amigxs da lectura.
Agora, todas e todos xa forman parte desa familia que eliximos na nosa vida : a que forman os amigos.
GRAZAS A TODAS e TODOS
Así nos felicitan este Día do Libro tan particular, porque o fan dende as súas casas, xs seguintes escritorxs , ilustradorxs, e outras persoas (hai cantantes, cineastas, debuxantes, ...) que aman os libros (aparecen colocados por orde alfabética)
JORGE EMILIO BÓVEDA, profesor e escritor. Gañou o Premio de Novela do Peirao
XOSE CARLOS CANEIRO, articulista en La Voz de Galicia, escritor cun grande peso literario e gañador de numerosos premios
ABRAHAM CARREIRO, ilustrador, deseñador gráfico e escritor
JORGE EMILIO BÓVEDA, profesor e escritor. Gañou o Premio de Novela do Peirao
XOSE CARLOS CANEIRO, articulista en La Voz de Galicia, escritor cun grande peso literario e gañador de numerosos premios
ABRAHAM CARREIRO, ilustrador, deseñador gráfico e escritor
<
ALBA DE EVAN e JAVIER DOMÍNGUEZ, escritores, creadores de Naturizo, un ourizo moi especial
BAIA FERNÁNDEZ DE LA TORRE, escritora e you tuber
CELTIA FIGUEIRAS, escritora, titiriteira e contadora de historias
SABELA GAGO, actriz e contacontos
XOSE LOIS GONZÁLEZ, "O Carrabouxo", debuxante e humorista gráfico
FRAN GUEDE, mestre, escritor e contador de contos
SUSA HERRERA, escritora e profesora de música na Universidade de Vigo
LAURA IGLESIAS, ilustradora
DAVID LORENZO, ilustrador
ANXO MOURE, escritor, contacontos , ecopacifista e mais que amigo
PABLO NOGUEIRA, mestre ourensán e escritor de libros que transmiten valores de igualdade e respecto a diversidade
KATHARINA OJEA, ilustradora
RUBÉN RIÓS, actor, director de cine, nominado aos premios Goya
PILAR RODRÍGUEZ, presidenta dos libreiros de Galicia
DAVID RUBÍN, ´deseñador gráfico. animador e escritor de banda deseñada
ROSI SARMIENTO, escritora
SECHU SENDE, profesor, escritor e filólogo
THE TETA'S VAN, grupo de rock feminista e galeguista
PERE TOBARUELA , escritor catalán afincado na nosa terra, cunha longa traxectoria ás costas
UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA, grupo de música infantil
Ningún comentario:
Publicar un comentario