Imaxinádevos que sodes escritores/as ...
Que xa escribistes varios libros ... e que, por suposto, foron Best sellers
Estes días, o voso editor encargouvos outro libro ....
Pensade ...
Poñede en marcha esas neuronas...
Que libro escribiriades?
Podes inventar o título dunha historia de terror ou un conto de super heroes ou un poema sobre unha flor encantada ou unha aventura submarina. Ou pode ser que inventes o título dunha nova saga de vampiros ou unha nova novela de amor prohibido. Tamén poderías pensar títulos de enciclopedias de cousas imposibles ou dicionarios de seres fantásticos.
Tamén podes mesturar os títulos de dous ou mais libros que teñas na casa : Onde viven os ... larpeiros/ O segredo de ... Carapuchiña / Manolito ... no país das marabillas
De que trataría o voso libro?
Podes escribir unhas cantas liñas contandonos
Onde e cando se desenvolvería a acción? .
Na Idade Media ? No futuro? ... Nun campamento de verán? Nun monte nevado? ....
E... outra cousiña....
Como a ilustradora está confinada na súa casa da serra e non ten wifi, teredes que deseñar vos a portada e a contraportada do libro. Mirade algún que teñades na casa para guiarvos.
E poñédelle todos os datos: autor ,/editorial/ ....
Este é o conto de Noa de EI 5
Este é o conto de Noa de EI 5
Ningún comentario:
Publicar un comentario