Amosando publicacións coa etiqueta Mafalda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mafalda. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de outubro de 2020

Adeus, Quino! Esta é a nosa homenaxe.

 

Dende o outro día o noso planeta, ese que con tanto esmero coida Mafalda, amaneceu un pouco máis triste, coa noticia do pasamento de Quino, unha boa persoa  e un dos mellores humoristas gráficos do idioma español. 

Quino nunca tivo fillos, pero ninguén dubida de que Mafalda foi a mellor descendente que puido ter. Esta pequena, que naceu en 1964, e as súas mensaxes irónicas e contestatarias, que fan pensar á xente e defenden  un mundo mellor, fixérono inmortal. 

As inquedanzas desa nena tan inconformista seguen sendo as mesmas que nos preocupan hoxe en día: o feminismo, a democracia, a paz, a ecoloxía ...

Quino, que a tinta da terra che debuxe unha eternidade alegre como a que ti nos regalaches  durante tantos anos. E, cando chegues a onde queira que vaias, dalle unha aperta a Castelao e outra a Forges.  

mércores, 28 de maio de 2014

Parabéns, Quino

    Mafalda cumprirá en setembro 50 anos.
 E para celebralo, hai algo mellor que recibir un premio?

Quino gañou o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, 2014

Sabedes que esta "nena" naceu coma un encargo que unha firma de electrodomésticos lle fixo a Quino, o debuxante? Pois sí.   Naceu coma unha idea publicitaria, aínda que non chegou a empregarse para ese fin.
Quino deuse conta de que este personaxe e os demais que a acompañan (Miguelito, Susanita, Manolito, Felipe, Libertad ou Guille),  poderían representar moi ben a clase media arxentina dos anos 60 e comezou a publicar as tiras nun xornal .
É case imposible non verse retratado ou ver reflexada a personalidade de alguén do noso entorno nalgún dos personaxes de Mafalda.
 Como é unha nena pequena , pode cuestionar calquera tema dun xeito que a primeira vista parece inocente, pero que  resulta unha crítica mordaz  ao comportamento das persoas.
.As súas reflexións servirán (por desgraza) durante moitos anos máis, pois critican actitudes que a humanidade segue mantendo.
Dela podemos aprender a non ser egoístas e outros valores importantes na vida como a amizade, a lealtade, o valor, o disfrute dos libros, o amor á natureza ... 
 A mín encántame o mimo co que Mafalda coidaba o seu globo terráqueo, abrigándoo e meténdoo na cama para que non enfermara ..
  Ogallá dentro doutros 50 anos, as queixas e  críticas de Mafalda queden desfasadas!. Iso significará que vivimos nun mundo mellor.

xoves, 4 de outubro de 2012

Como sería o mundo se todos pensaran coma MAFALDA?



Fonte: mafalda.dreamers.com

Mafalda é un personaxe de historietas creado polo humorista gráfico arxentino QUINO. É unha nena moi especial, que ama aos Beatles e odia a sopa, que cuestiona a vida dos adultos e está moi preocupada polo destino da humanidade.
A primeira tira foi publicada  en 1964 , así que acaba de cumprir case 50 anos. 
As súas historias foron traducidas a mais de 30 idiomas e teñen moito éxito en Latinoamérica e Europa. Tamén se fixeron versións animadas que lles deron movemento e voz aos personaxes.
A súa última tira apareceu en 1973 e, aínda que pasaron casi corenta anos, as súas queixas, preguntas e pensamentos a cerca de temas relativos a liberdade, os dereitos humanos, a paz , a educación e a familia seguen tan vixentes coma entón.
A través dos seus ditos e accións denuncia a maldade e a incompetencia da humanidade para solucionar problemas como a fame ou as guerras. 
Está convencida do progreso social das mulleres e imaxínase de maior estudiando idiomas e traballando como intérprete nas Nacións Unidas para contribuír a paz mundial.





OS AMIGOS DE MAFALDA  

Mafalda é a protagonista pero non está soa. Estes son os seus amigos (e amigas)



Non vos apetece coñecelos?
http://www.youtube.com/watch?v=ydazeXYFpnI&feature=related
Seguro que pasades un bo rato