E para celebralo, hai algo mellor que recibir un premio?
Quino gañou o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, 2014
Sabedes que esta "nena" naceu coma un encargo que unha firma de electrodomésticos lle fixo a Quino, o debuxante? Pois sí. Naceu coma unha idea publicitaria, aínda que non chegou a empregarse para ese fin.Quino deuse conta de que este personaxe e os demais que a acompañan (Miguelito, Susanita, Manolito, Felipe, Libertad ou Guille), poderían representar moi ben a clase media arxentina dos anos 60 e comezou a publicar as tiras nun xornal .
É case imposible non verse retratado ou ver reflexada a personalidade de alguén do noso entorno nalgún dos personaxes de Mafalda.
Como é unha nena pequena , pode cuestionar calquera tema dun xeito que a primeira vista parece inocente, pero que resulta unha crítica mordaz ao comportamento das persoas.
.As súas reflexións servirán (por desgraza) durante moitos anos máis, pois critican actitudes que a humanidade segue mantendo.
Dela podemos aprender a non ser egoístas e outros valores importantes na vida como a amizade, a lealtade, o valor, o disfrute dos libros, o amor á natureza ...
A mín encántame o mimo co que Mafalda coidaba o seu globo terráqueo, abrigándoo e meténdoo na cama para que non enfermara ..
Ogallá dentro doutros 50 anos, as queixas e críticas de Mafalda queden desfasadas!. Iso significará que vivimos nun mundo mellor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario