Amosando publicacións coa etiqueta SanValentin. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SanValentin. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de febreiro de 2019

E ti.. a quen tes no teu corazón?

O amor romántico está pasado de moda!
A amizade é unha parte moito máis  importante da nosa vida.  É un sentimento común a todos os seres humanos Os amigos veñen en todas as formas e tamaños  e ofrecennos cousas diferentes. Están presentes nos bos e nos malos momentos.
 E o máis importante: fannos felices!
Moi poucas veces nos decepcionan!
Repartimos corazóns
Nas aulas, decoramos corazóns, escribimos mensaxes  de amizade e repartímolos entre todos os compañeiros:

Amizade by Slidely Photo Gallery

Tamén vimos xuntos o video que preparou o equipo das TIC coa canción "Eu teño alguén no meu corazón ", de María Fumaça. 
En galego e con lingua de signos.

venres, 2 de febreiro de 2018

O día da Candeloria, cando casan os paxaros

Hoxe, 2 de febreiro, véspera do San Brais, é o día da Candeloria, unha data sinalada tradicional e culturalmente en Galicia, xa que simboliza a festa da luz e tamén o día do amor.
Orixinariamente, era unha celebración pagá, relacionada coa fertilidade e cos ciclos estacionais, que sinalaba a proximidade da chegada da primavera e o renacer da natureza despois do inverno. 
Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. 
Tradicionalmente dise que son as datas en que casan os paxariños.
Por iso  hai  un refrán que  di que a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.
Co tempo, este día foi adquirindo un carácter cristián e neste día celébrase nas igrexas a bendición de candeas, ás que se lles atribúen características para axudar nas treboadas e guiar o camiño das almas.

Para celebrar o que se considera o DÍA DO AMOR EN GALICIA,  continuando co noso  proxecto anual, e xa que o cine adoita centrar boa parte dos seus argumentos en torno ao amor, pedimos a rapaces e rapazas que buscaran frases de amor que teñen arrincado suspiros dentro e fóra das pantallas.
Non vos perdades a nosa selección de frases de amor de película: 

         

mércores, 19 de marzo de 2014

Medramos compartindo ...

Outra das actividades das semanas da Paz e do Amor  foi o traballo colaborativo levado a cabo entre os nenos e nenas de 2º de EP e os de EI 3.
Os maiores axudaron aos "peques"  a que "desen a lata" da mellor maneira posible.
Como?
Compartindo o seu tempo con eles e axudándolles a dar os últimos toques á decoración  das súas latas.

Podedes velo todo no video que prepararon as profes no que proclaman aos catro ventos a amizade que xurdiu entre tod@s eles.

 

luns, 17 de febreiro de 2014

Amamos a lectura!




Inculcar as nenas e nenos o amor pola lectura é un dos mellores regalos que podemos facerlles.
A lectura dalles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que maduran e aprenden, ademas de disfrutar. Medran en todos os sentidos!
Cun libro na man rin, soñan, e coñecen outros mundos ... ou polo menos iso é o que din eles ...



Efrén fixo un intercambio con todas a s nenas e nenos:
 un corazón de chocolate a cambio dun corazón onde explicasen o seu AMOR  a LECTURA:

xoves, 13 de febreiro de 2014

Cita a cegas ...

A mellor forma de saber si unha historia merece a pena é ler unhas cantas páxinas.  Pero ás veces xulgamos inxustamente un libro pola súa portada ou polo seu título. Se non nos parecen atractivos, devolvémolo ao andel.
Ás veces, na biblioteca  temos libros que, a pesar da súa calidade, por unha razón ou outra están "coleccionando polvo". 
Na Biblioteca pública de Os Anxeles (USA) naceu  a iniciativa "Cita a cegas cun libro" (en inglés Blind date with a book) unha idea á que se foron  unindo outras bibliotecas e tamén librarías.
Pareceunos unha actividade moi axeitada para celebrar o San Valentín, e sumámonos ao proxecto, adaptándoo as idades d@s nos@s alumn@s.
Seleccionamos uns cantos libros, envolvémolos  en papel  (de periódico, para darlle un aire de misterio) e pegamos uns corazóns de cores (por aquelo da data a celebrar) cunha pequenas pistas sobre o xénero e a historia... e un pequeno texto coma este:
" Colle este libro, lévao á casa e desenvólveo.
Ensínalle o teu lugar favorito para ler, comparte con él a túa merenda ou móstrallo aos teus amigos.
 Quen sabe... Ao mellor tendes futuro..."
Dentro do libro introducimos un formulario para "valorar a cita", que se deixará na biblioteca unha vez cuberto.

Formulario valoración da "cita a cegas"
   
                                                
  
                      Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design personalized with Smilebox