venres, 30 de decembro de 2022

Video Nadal

Momentos máxicos. Ilusión e compañeirismo. Remata un longo periodo de curso e o alumnado xe pensa en neve, agasallos, turrón, descansar na casiña coa familia e algúns, vlotar de novo ao cole para ver aos amigos e amigas.

Mentres, ambiente de Nadal, decorando a árbore con motivos relacionados coa auga ( menudas xenialidades as que aportaron dende a casa ), facer postais de felicitación aos maiores do Centro de Día, decoración de pasillos e clases...

Pola nosa parte, agradecer a todas as familias a súa colaboración coas actividades da escola e desexarvos que pasedes unhas boas festas. Que o 2023 traia o mellor para todos/as vós. Unha aperta grande !!!!

Amigo Invisible

Como cada ano, celebramos entre cada clase o " Amigo/a Invisible ", onde cada alumno e alumna da un agasallo a outro compañeiro/a. No saco e Arce, o alumnado ofrece un libro dependendo dos gustos da persoa que o recibe.

Nas clases de infantil, Efrén foi o encargado de repartir os libros a todos/as. Tanto maiores coma pequenos e pequenas quedaron super encantados/as co agasallo do seu " amigo/a invisible "

Outros videos


mércores, 28 de decembro de 2022

Semana Científica

Estes días acudimos á biblioteca a facer experimentos relacionados coa auga. Foron moi interesantes e tanto o alumnado de infantil como o de primaria observamos como se podía aprender cun chisquiño de " maxia química ".

Ata Efrén se animou a facer experimentos, aínda que algún lle daba un pouco de mal fario... cousas de esquíos...

luns, 26 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER


O día 25 de Novembro é o día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 conmemorando a data na que foron asasinadas as tres irmáns Mirabal en 1960.

A violencia contra as mulleres ten a súa orixe na falta de equidade nas relacións entre homes e mulleres en diversos ámbitos e na discriminación persistente cara as mulleres, tanto a nivel físico, sexual, psicolóxico, económico, cultural, entre outras... e non está confinada a unha soa cultura, rexión ou país específico.

No Saco e Arce queriamos aportar o noso granillo de area facendo alusión ao noso Proxecto Anual sobre a Auga ( Cada pinga conta ) e que quedase reflexado todo esa discriminación chea de pingas de auga con mensaxes e palabras negativas cara as mulleres, pasando por unha depuradora e converténdose en pingas cheas de boas accións. Transformar o negativo en positivo. Limpar esa auga, depurar esas accións que maltratan ás mulleres e convertilas en bo camiño, en fonte de esperanza para cada unha delas.

Para esta ocasión engadimos a música de María do Ceo, amiga do noso cole, que moi gustosamente nos prestou do seu novo traballo que sairá en breves. 

Moitas grazas, María !!


Charla Garda Civil


     Hoxe tivemos unha visita no CEIP Saco e Arce. 

     Roberto Valente, membro do equipo @ sobre a investigación de ciberdelitos da Garda Civil, veo ao noso cole, para darnos unha charla englobada dentro do Plan Director.

Teñen como misión : 

 - Levar a cabo as investigacións relacionadas coa delincuencia informática e os fraudes no sector das telecomunicacións, ben por propia iniciativa, por requerimento das Autoridades Xudiciais ou por denuncia dos cidadáns.

 - Detección de delitos informáticos na rede.

 - Apoiar as investigacións do resto das unidades da Garda Civil,


O MAGOSTO
Este ano celebramos o magosto cheos de ilusión. 
Fixemos xogos coperativos en diversas zonas do cole, asamos e comimos castañas e no comedor tiñamos empanada, bolos preñados e máis sorpresas...
Pasámolo xenial este día xogando todos xuntos e tamén grazas ao bo tempo que fixo.

Halloween-Samaín 2022


Cando chega a última noite de outubro, previo ao día de fieles difuntos, celébrase esta festa que tanto gusta aos rapaces e rapazas do cole. O feito de disfrazarse de demos, bruxas e todo tipo de persoaxes malignos, fai que teñan os seus medos cara a cara e se decaten que eses medos e temores non son para tanto... Atoparlle unha parte positiva, de risa, ... ver que so é un compañeiro/a caracterizado...Pero que saibades, que non todos/as estñan preparados para afrontalo......

Ademáis, fixemos a nosa exposición de cabazas, decoradas para a ocasión. Como o motivo deste ano é a auga, o alumnado trouxo cabazas relacionadas coa auga. Menuda imaxinación teñen algúns e que pacienciña teñan outros para crear tan variado elenco de cabazas. Noraboa a todos /as.

E logo, á hora de comer, unha comida especial de halloween-samaín, pasar un bo rato xuntos e agardar un ano máis para vir disfrazados ao cole daquel motivo que máis medo nos da. Entre todos/as xa buscaremos a forma de transformar ese medo noutra emoción máis positiva. 

sábado, 24 de decembro de 2022

OS ESQUÍOS DE TOÉN

O noso Efrén non deixa de sorprendernos. Non so é o guardián da biblioteca do cole, amigo de todas as nenas e nenos, animándoos á lectura de bos libros. Agora tamén é o compañeiro de viaxe do alumnado que practica fútbol gaélico no cole. Non podían chamarse doutro xeito... " OS ESQUÍOS DE TOÉN ".

Sodes un grupo xenial, así como de xeniais son os vosos adestradores. Compañeirismo, enerxía, solidaridade, fortaleza e paixón polo deporte deste grupo de nenos e nenas do CEIP Saco e Arce.