mércores, 30 de xuño de 2021

Fin de curso


O último día de curso é especial para mestres e alumnos.

É un momento agardado por todxs; o que marca o peche dos libros e o comezo das vacacións. Porque sempre é necesario desconectar da rutina para comezar o novo curso con máis ganas.

E este curso fíxose longo... Longo pola incerteza, polas máscaras, pola distancia que houbo que gardar ... 

Por iso, unha festa de fin de curso non ven nada mal:

Parabéns por todo o traballo que levastes cabo e pola ilusión que puxestes en todas as vosas colaboracións. 

Grazas tamén ás familias por botar unha man sempre que llelo pedimos, a pesar das dificultades deste ano. 

Descansade durante o verán💤, disfrutade da familia e das  amizades😀e lede 📕, escoitade música🎶, xogade  🎽🎴  practicade deporte🏄. 

Facede todo o que vos faga felices.

Vémonos en setembro coas pilas cargadas, con novas ideas e con ganas de aprender.

Parabéns ao alumnado de 6º de EP . Esperamos seguir véndovos polo cole!


FELIZ VERÁN!

xoves, 17 de xuño de 2021

Parabéns Xoana



 Rematamos o curso dando os nosos parabéns a Xoana , a nosa alumna de 6º de EP que resultou gañadora do concurso Atrévete a ter unha idea dentro do programa Eduemprende.

Hoxe estivemos presentes no acto virtual de clausura do programa e na entrega do Diploma.

O traballo ben feito ten recompensa!

E, ademais do Diploma, Xoana recibiu o seu premio:

Moitos parabéns!


mércores, 9 de xuño de 2021

O noso horto

 Ter un horto no cole é un goce para todos os sentidos, incluso para o gusto.

 Por iso todos os anos propoñemos a nenas e nenos  sementar ou  plantar hortalizas e observar como medran para entender mellor os ciclos naturais, aos que moitas veces non prestamos atención.

Ademais, é o que facían as avoas para non ter que mercar verduras . E se lles sobraban, levábanas á feira ou ao mercado para vendelas. Comían san e ademáis sacaban uns cartiños! 

Hai unhas semanas que comezamos a traballar na nosa horta: cavamos a terra e botamos esterco.  Eliximos plantas de temporada: patacas, leitugas, tomates, cebolas, pementos...

Tamén temos árbores froiteiras e este ano ata puidemos probar as cereixas!🍒 As peras 🍐e as mazás🍏 quedarán para setembro...