Amosando publicacións coa etiqueta DiaLibro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DiaLibro. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de maio de 2026

EN ABRIL, LIBROS MIL


No mes de abril, como cada ano, celebramos o mes do libro facendo diversas actividades:

O 23 de abril,  Día do Libro, tivemos un contacontos con Erea Mora. Ademais  Efrén, a nosa mascota de biblio visitou todas as clases e entregou sobres moi especiais con sementes de flores para plantar. Co lema “ Lemos para medrar” lembrounos que, ao igual que coas plantas, se lemos , estamos “sementando o noso futuro”.


Tamén tivemos a visita das familias. Durante a “hora de ler” varias nais e pais visitaron a biblioteca para compartir contos e historias con nós. Grazas por vir!!!

Os nosos colabores/as  tamén contaron contos usando o kamishibai para narrar as historias dun modo diferente.



Finalmente fixemos o apadriñamento lector. Foi emocionante ver aos alumnos/as máis maiores compartindo lecturas cos máis pequenos.







domingo, 26 de abril de 2026

domingo, 5 de maio de 2024

DÍA DO LIBRO


 

Nesta ocasión, veu á nosa biblioteca, para festexar o día do libro un gran amigo e compañeiro de moitas andanzas do pasado, tanto na Banda de Barbadás, como na Charanga " Os Escachapeitos " e como non na Banda de Gaitas " Frouma " de Piñor. Estou a falar de Justo Calviño Cruz.

Aterrizou no cole Saco e Arce para falar do seu libro " Os contos do avó " e veu acompañado pola súa filla Iria, o seu neto Izan e por José Manuel Dopazo.

Foi un placer volver a veros e unha ledicia escoitar tantas historias que moi ben veñen reflexadas no libro. Noraboa, familia, por manter estas tradicións tan preto da xente, tanto na literatura como na música. Por certo... Izan é espectacular !!!

Apertas en nome de todo o colectivo que forma o CEIP Saco e Arce












mércores, 5 de maio de 2021

Eu son


Na nosa biblioteca hai libros de todo tipo: libros que axudan a durmir, outros que falan sobre nenas que superan dificultades, que experimentan e xogan; hai libros sobre o valor da amizade, libros para enfrontarse aos medos e a inseguridade, sobre a empatía e a solidariedade, a ecoloxía, as emocións, os mundos imaxinarios, sobre mulleres que rompen as reglas e buscan o seu propio destino...

E cadanseu libro ten unha protagonista ou un protagonista ao que nos gustaría parecernos ...

Imos celebrar o mes dos libros tratando de parecernos a estes e estas  personaxes que están entre os nosos favoritos. 

luns, 27 de abril de 2020

As familias contan

A pesar do virus, a pesar do encerro, a pesar de todo...as familias non nos defraudan e sempre colaboran connosco.
 Aínda que sexa dende as súas casas, entran 
na Biblio a facer de contacontos... 

Uxía, a mamá de Aixa e Luán conta "O señor Mago e a folla"


Carmen, a avoa de Héctor conta "Quen é ese becho? de Carmen Queralt


Sira e a súa mamá Vanessa contan "Yo mataré monstruos por tí" 



Álvaro e Vanessa len un capítulo do libro "O estanque dos parrulos pobres" 



E tamén temos mestras que colaboran

Jessica  cóntanos o conto "A telaraña" de Begoña Ibarrola


Begoña conta "Quero ser coma ti" 


Carolina, unha amiga do cole de Castrelo de Miño, cóntanos o conto de Olga de Diós "Paxaro Amarelo"


Mavi, outra amiga do CEIP de Castrelo, conta "Leotolda"

venres, 24 de abril de 2020

Rubén Riós

Rubén Riós é un actor galego, director de cine nominado aos premios Goya polo seu documental Vida, e agora , nestes días de confinamento, ten un programa diario e en directo dende a súa páxina de Facebook: "Je suis Titiriteiro".
Ademáis de todo iso é unha persoa boa e xenerosa, xa volo dixemos onte, a quen non lle importou  compartir o seu tempo, moito máis do que nós lle pediamos, connosco. E, en vez de gravar só un video para animar a nenas e nenos a facerse amigos da lectura, ocorréuselle dedicarnos o seu programa do día 23 de abril, Día do lLibro. Bueno, a nós e a todas as nenas, nenos e  bibliotecas de Galicia...



MOITAS  GRAZAS 

venres, 17 de abril de 2020

O Vampiro da Ortografía

Esta foi a proposta que lles fixemos as nenas e nenos: 
Imaxinade que fostes mordidos polo vampiro  e  redactade un conto curto , escribindo dunha forma que vos consideres que está mal. É dicir, o peor posible : sen signos de puntuación, cos signos mal postos, con faltas de ortografía, conxugando mal os verbos ...
A ver que historia vos sae!
Podedes darlla a ler aos vosos papás.  

Decídeslles que acabades de escribir a obra da vosa vida e...  por suposto, queremos unha foto da súa cara😀😀

Ho banpiro da hortografia esta fazendo estragos!
Xa chuchou a barios nenos e nenas do kole,!  
vueno e a min tamen me deveu chuchar ...!


ze bos atrebedes a ber este bideo, non me fajo responsavle do ce bos pode pazar....



O traballo de Noa 


O traballo de Darian


venres, 20 de abril de 2018

Momentos lectores

No noso cole somos verdadeiros leóns, pero non vos asustedes! Non somos leóns dos que viven na sabana, senòn leóns de libros...
Como veredes nas fotos, lemos en calquera sitio e situación : na casa e no monte,  na cama e no baño, no parque e na terraza...
 E non só iso: lemos sós e acompañadxs, lémoslle aos avós e aos bebés, lémoslle as nosas mascotas...

LER, LER, LER ...é unha das cousas que máis nos gusta facer!


Ti onde les? by Slidely Slideshow

sábado, 23 de abril de 2016

Sábado de Libro

Os libros cultivan a nosa imaxinación e alimentan as nosa fantasía.
Son os nosos mestres e os nosos compañeiros de aventuras. Axudan a ampliar o noso vocabulario, permiten que nos acheguemos a outras culturas, que nos identifiquemos con outras persoas e que aprendamos mais sobre a nosa historia...

Hoxe, DÍA DO LIBRO, é un bo día para visitar unha libraría e elixir un libro, ou deixar que un libro nos elixa a nós ... 
Porque, como dí Pedro Feijoo, "para cada un de nós hai un libro, ou dez, ou cen...  Outra cousa é que esteamos dispostos a abrilos..." 

Para ler, todos os día son bos. 

Que me dicides valentes, atrevédesvos a entrar no mundo dos libros?


As nenas e os nenos da  EEI Barrionovo de Arteixo amósannos o valentes que son:



E en guiainfantil.com tamén nos animan a dar unhas cantas voltas ao mundo entre as páxinas dun libro:

mércores, 27 de maio de 2015

Conto musical

Tod@s coñecemos os beneficos da lectura e ninguén dubida deles.
LER, ademais de ser un perfecto exercicio para o cerebro, permite que nos esquezamos dos problemas, potencia a concentración, fomenta a imaxinación e libera os soños... 
Unha longa lista de aspectos positivos que a lectura comparte coa música. 

Existen numerosos estudios que determinan que a música ten unha influencia moi positiva no desenvolvemento intelectual, cognitivo, creativo e psicolóxico dos cativos.
 Algúns científicos probaron que estimula o hemisferio esquerdo do noso cerebro, que é o que se encarga das actividades básicas da aprendizaxe da lingua, a escritura, os números e o uso da lóxica.

Entón, por que non xuntar os contos e a música?

Os contos chaman a atención e fan disfrutar tanto aos nen@s como aos maiores e, se están acompañados de música, máis aínda.

Por iso os contos  musicais son un recurso moi valioso: porque se basean na asociación palabra-son,   favorecen a atención e  a concentración e propician nos que escoitan un ambiente máxico  que incentiva a fantasía e a imaxinación. 

A música invita a ler e a lectura permítenos disfrutar, valorar e emocionarnos coa música.

 Toda esta introdución é para presentar a tres profesores do Conservatorio de Música  que viñeron a ensinarnos como soan os seus instrumentos : o trombón, o bombardino e a tuba. 
E fixérono cun conto musical titulado "Un paseo musical coa familia grave do vento-metal". 

Nós ilustrámolo e puxémoslle voz. A ver si vos gusta:



xoves, 23 de abril de 2015

Dia Mundial do Libro

O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial. 
Cando falamos da festa do libro,  é habitual comezar recordando que a data elixida  débese a que o 23 de abril de  1616 morreron Cervantes e Shakespeare e esa data coincide tamén co nacemento doutros autores importantes.
Tamén é habitual recordar que a celebración  remóntase a principios do século pasado e que a idea orixinal da celebración desta data partiu de Cataluña. O 7 de outubro de 1926 foi a primeira festa do Libro. En 1930 instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do LibroA historia do libro faise festiva e xurden actividades literarias en toda España. 
Adoitase recordar tamén que en 1995 o 23 de abril convértese nunha FESTA MUNDIAL: A Unesco , a proposta da Unión de Editores, decidiu render unha homenaxe ese día  "aos libros e aos autores , alentando a tod@s e en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura."
Adoitase recordar que o Día do Libro celebrouse por primeira vez a nivel mundial o 23 de abril de 1996 e que na actualidade máis de cen paises do mundo se suman a esta celebración.
O que non se adoita recordar tan frecuentemente é que o "inventor" orixinal do Día do libro foi o editor valenciano Vicente Clavel Andrés.
  Mais que libros inolvidables, que é o que cabería esperar que deixara un editor ao seu paso, Vicente Clavel legou á humanidade un día no que celebrar a lectura e o amor polos libros,
Unha máis das maxias que ten a literatura!