O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial.
Cando falamos da festa do libro, é habitual comezar recordando que a data elixida débese a que o 23 de abril de 1616 morreron Cervantes e Shakespeare e esa data coincide tamén co nacemento doutros autores importantes.
Tamén é habitual recordar que a celebración remóntase a principios do século pasado e que a idea orixinal da celebración desta data partiu de Cataluña. O 7 de outubro de 1926 foi a primeira festa do Libro. En 1930 instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro. A historia do libro faise festiva e xurden actividades literarias en toda España.
Adoitase recordar tamén que en 1995 o 23 de abril convértese nunha FESTA MUNDIAL: A Unesco , a proposta da Unión de Editores, decidiu render unha homenaxe ese día "aos libros e aos autores , alentando a tod@s e en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura."
Adoitase recordar que o Día do Libro celebrouse por primeira vez a nivel mundial o 23 de abril de 1996 e que na actualidade máis de cen paises do mundo se suman a esta celebración.
O que non se adoita recordar tan frecuentemente é que o "inventor" orixinal do Día do libro foi o editor valenciano Vicente Clavel Andrés.
Mais que libros inolvidables, que é o que cabería esperar que deixara un editor ao seu paso, Vicente Clavel legou á humanidade un día no que celebrar a lectura e o amor polos libros,
Unha máis das maxias que ten a literatura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario