mércores, 17 de decembro de 2014

Platero cumpre 100 anos


¿Sabedes que é un poeta?
 Un poeta é alguén que busca as palabras máis fermosas para contar o que ve, o que pensa e o que sente. 

Hai moitos anos naceu en Moguer, un pobo de Huelva, un neno que amaba a natureza, os animais e que disfrutaba das pequenas cousas, as que pasan desapercibidas para a maioría das persoas. O seu amigo inseparable era un burriño de pelo gris que tiña por nome Platero. Tanto quería ao seu amigo e tan bos recordos gardou del, que anos despois escribiu un libro "Platero e mais eu" no que narraba momentos da súa vida xunto ao seu fiel amigo.

Isto aconteceu hai xa 100 anos, pois o libro publicouse no 1914.
Juan Ramón Jiménez, un dos mellores poetas españois de todos os tempos,  escribiu esta novela que é unha ds mais importantes da literatura castelá e que foi traducia a case 50 idiomas, ademais de ao sistema  braille.
Picade na imaxe





E, se queredes ler o libro, podedes  picar  na imaxe da esquerda e descargalo en pdf.  Ou podedes picar na imaxe da dereita e comezar a coñecer ao autor e ao seu inseparable amigo.

Outros enlaces de interese:
Platero cumple 100 años : Junta de Andalucía
Platero y yo en la era digital. : Proxecto colaborativo



domingo, 7 de decembro de 2014

Concurso do Día da Constitución

Hoxe celébramos o 36 aniversario da Constitución Española, e neste día sinalado tamén se entregaron os premios do concurso da Constitución organizado pola Subdelegación de Goberno de Ourense
Este cómic debuxado por Brais Pazos Pereira foi un dos traballos premiados.
 O tema deste ano era o título II da Carta Magna, dedicado Á Coroa


martes, 2 de decembro de 2014

Temos Dereitos

Xa dixemos que o pasado día 20 de novembro se cumpriron 25 anos da Convención dos Dereitos da Infancia.
Nós xuntámonos para recordar algúns dos Dereitos dos Nenos que deben ser protexidos.


xoves, 20 de novembro de 2014

Día da infancia

En 1924 asinouse a Declaración de Xenebra, que está considerada a primeira declaración sobre os dereitos dos nenos. É un texto breve, de só 5 artigos, Sinxelo, pero importante. A comunidade internacional percibía que o mundo estaba cambiando rápidamente e que @s nen@s tiñan que ser protexidos e que se lles debía asegurar un futuro digno.

E...xa que estamos co mes das Mates... canto tempo pasou dende aquela?

Pois, si... 90 anos.

35 anos máis tarde, un 20 de novembro (esta vez tendes que adiviñar o ano)  aprobouse a Declaración dos Dereitos d@s Nen@s. Tamén é un texto curto, tan só 10 artigos. Neles recóllense os deberes da sociedade para protexer aos nenos e nenas e os dereitos de est@s a ser protexidos.

Tiveron que pasar outros  30 anos  (xa adiviñastes en que ano foi?)  para que a ONU proclamara a Convención dos Dereitos D@s Nen@s, o texto internacional de protección a infancia máis importante, porque deixa de ser unha mera declaración de intencións e pasa a converterse en ley e tod@s os nen@s do mundo poden buscar amparo nela.

 A ver, xa descubristes cantos anos cumpre?

Acertastes... 25 anos ,  nada menos!

"Motivos non faltan para estar de festa: tres aniversarios  que se teñen que celebrar .
Lástima que a alegría non poida ser completa. 
Cada día morren miles de nenos e nenas que non teñen nome, nin saúde, nin educación... E morren polas guerras, polas enfermidades, pola fame, pola sede, polos maltratos ... 
Miles de nen@s que nunca souberon que eran nen@s e que tiñan que vivir contentos e ser amados.

A realidade non ten que enturbiar a esperanza e o compromiso para seguir traballando en prol dos dereitos d@s nen@s.
Boa festa e feliz aniversario aos nen@s e aos adultos que os queren."

                                                                                                                                                   Xavier Puigdollers Noblom 


Recursos Dereitos do neno


Nesta ligazón atoparedes unha recompilación de  recursos de todo tipo  para conmemorar esta data feita pola profesora Mª Asunción García (picade na imaxe):


mércores, 19 de novembro de 2014

Matemáticas e... Poesía??

Credes que pode haber algunha relación entre as Matemáticas e a Poesía?
Ou pensades que os números están reñidos coas letras?

Dende sempre, aos poetas gustoulles xogar cos números. E, ao longo da historia, houbo moitos matemáticos que se dedicaron con gran éxito á literatura.. Basta recordar a Lewis Carrol, o autor de "Alicia no país das maravillas".

Ao fin e o cabo, os poetas teñen que saber medir ben as sílabas dos versos se queren  que sexan todos iguais, e contar os versos para atopar a estrofa que andan buscando. Ademais, o ritmo é unha característica común ás dúas disciplinas: as series numéricas ás veces seguen un ritmo fantástico, como o  que poden ter as palabras, a música ou a expresión corporal...

Na Biblioteca fixemos unha selección de poemas que teñen relación coas matemáticas :

xoves, 13 de novembro de 2014

Magosto!!


Como di o refraneiro:

Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.

A pesares da chuvia que caeu todo o día, o  luns día 10 celebramos o Magosto no cole. 
E, como non podía ser menos, houbo bolos preñados e castañas asadas ... e xogos populares, e cantigas, e tiznado de caras ...

Mirade as fotos da xornada:



E os xogos


Escribimos pareados con palabras referidas a esta tradición tan celebrada ao longo e ancho de Galicia.




Entre tod@s estamos escribindo un conto que vai pasando de clase en clase e que estará rematado un día destes. 


martes, 11 de novembro de 2014

Ciencia e Matemáticas

Despois de tanta festa, imos dedicar o resto do mes á CIENCIA e as MATEMÁTICAS seguindo as recomendacións da Consellería de Educación, que vai impulsar a celebración do mes de novembro como MES da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS .

O científico Angel Carracedo, profesor da USC, investigador e divulgador científico, escribiu o seguinte texto, a modo de Manifesto.

A Asesoría de Bibliotecas Escolares realizou unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia.

Nós pretendemos relacionar estas dúas disciplinas co noso proxecto anual: A pintura

 Pero tamén queremos que descubrades que, tanto as matemáticas como a ciencia poden ser moi divertidas.
 Picade na imaxe e veredes o que descubrides...




Recordade que na Biblio fixemos unha selección de libros relacionados coa Ciencia e as Matemáticas. Animádevos a participar no xogo que vos propoñemos:



 Estamos agardando as vosas respostas.

Podedes descargar o formulario premendo  AQUI

Abaixo cos muros



Ao longo destes días, nas noticias e nos xornais,  oistes (e oiredes) falar do Muro de Berlín... E de que se cumpren 25 anos da súa caída, a noite do 9 de novembro de 1989. 
Ese día, o mundo deu un paso cara a liberdade.

 Pero... que representaba realmente o Muro de Berlín?
 Por que foi construído?
Caeu el só... ou foi derrubado ?
E... por que foi derrubado?
Por que se converteu nun símbolo de paz e tolerancia en todo o mundo?

Sodes quen de responder estas preguntas?

Para coñecer esta parte da Historia de Europa, ideamos aseguinte  WEBQUEST : "Abaixo cos muros"

sábado, 8 de novembro de 2014

Contos para antes de espertar

"Contos para antes de espertar"  é o título do libro que trouxeron Gema, Iria e Adán, os papás de Gabriel.
Regaláronnos dous contos que nos emocionaron e nos fixeron reflexionar .
"DRATUELO" é un trono que non sinte vergoña por ser como é, diferente aos demais. Aínda que os demáis queiran cambialo, el loitará por ser diferente e lograr a felicidade. Ensinounos  que outra realidade é posible e está baseada na igualdade e o respecto ás diferenzas.
"AS CORES" coas súas diferentes formas de ser, achegáronnos á coeducación , rompendo os mitos do masculino e o feminino, tratando de acabar con ideas e valores que tradicionalmente están asociados ao xénero ainda que non teñen nada que ver con él.
Estas son as fotos que mostran o ben que o pasamos con estes CONTACONTOS con maiúsculas.


venres, 31 de outubro de 2014

Samaín no cole

Personaxes terroríficos e enfeitizados -bruxas, pantasmas, trasnos, espíritus-  saen dos seus contos e lendas para mesturarse entre os mortais que se preparan con disfraces, carautas,  pelucas, pinturas, e libros e películas de terror para recibilos... sempre  mantendo o ambiente de troula e o bo humor.

Samaín 2014 by Slidely Photo Gallery


E.. este é o esconxuro que escribiron @s  brux@s de 5º e 6º de EP ...
Esperemos que non se cumpra...


  

Abaixo podedes ler o  libro "Monstros" no que colaboraron todas as nenas e nenos:


O Samaín: un pouco de historia


O Samaín   celebrábase  hai mais de 2500  anos en todo o territorio celta na noite do 31 de octubre con motivo do remate da temporada de colleitas e a chegada do inverno.



Os druídas consideraban esta data un momento perfecto para reverenciar as ánimas dos mortos que voltaban ás súas antigas casas a visitar ás súas familias, quentárense a carón do lume e comer os alimentos que os parentes con agarimo lles tiñan preparados.
Ao caer a tarde, os druídas acendían foqueiras para guiar aos mortos na escuridade e facilitarlles o camiño a aldea para participar nas honras preparadas polas familias. 
O costume era deixar comida e doces fóra das súas casa e acender candeas para axudar ás ánimas dos mortos a atopar o camiño cara a Luz e o descanso xunto ao Deus Sol, nas terrras do Verán. 
Pero ese último día, os espíritus tamén podían salir dos cemiterios e apoderarse dos corpos dos vivos para resucitar, pedirlles alimentos e maldecilos, facéndoos  víctimas de esconxuros se non accedían as suas peticions.
Algúns veciños adoitaban disfrazarse con peles e cabezas de animais para asustar e despistar a estes malos espiritus.


Esquecida case por completo durante décadas, a festa de Samaín comezou a recuperarse hai uns anos e a celebrarse e gran número de lugares onde algúns anciáns aínda recordaban a tradición que consistía na elaboración de feroces caveiras feitas de remolachas, nabos ou cabazas e que coincidía cos días de Defuntos e Todos os Santos (1 e 2 de novembro)
De estas tradicións celtas procede  o noso costume de reverenciar aos que xa non están connosco o Día de Defuntos, visitar os cemiterios e poñer flores e candeas nas sepulturas. 

No século XIX a tradición chegou a Estados Unidos dende países como Escocia e Irlanda, xa que moita xente emigrou a Norteamérica fuxindo da fame que asolaba Europa naqueles anos. Esta é a orixe do Halloween  (All Hallows' Eve, "véspera de Todos os Santos").


Santi Gutierrez

sábado, 25 de outubro de 2014

24 de Outubro, Día da Biblioteca

Coma todos os anos, celebramos o Día da nosa Biblio con varias actividades. Unha na que aos nen@s máis lles gusta é o apadriñamento lector, ao que nós lle chamamos Regáloche un conto.  Como estivo tan bo día, algúns aproveitaron para ler no patio. Outr@s preferiron ler no interior do cole, pero tanto uns coma @s  outr@s  buscaron o seu libro preferido e achegáronse cos seus "afillados" ao recuncho elixido .
Tamén participamos no Obradoiro de creación de marcapáxinas que organizaron @s profes. Así poderemos ter ao noso propio Efrén acompañándonos mentres lemos.

Día da Biblioteca, 2014 by Slidely Photo Gallery

domingo, 19 de outubro de 2014

Outubro... Mes das Bibliotecas

Outro ano máis, como sucede dende  1997  en recordo da Biblioteca de Saraxevo incendiada en 1992  durante o conflicto dos Balcáns, estamos a piques de celebrar o Día da Biblioteca Escolar. 
Cantos proxectos e actividades levamos a cabo cada ano dende a Biblioteca Escolar  para todas as  aulas do  centro!
Sen dúbida, a Biblioteca é un recurso indispensable para espertar n@s nos@s alumn@s  a curiosidade e o gusto pola lectura. 

Preparamos unha nova tarefa para que levedes a cabo na clase. A  HORA de LER pode ser un bo momento:

Que  vos parece se, xunto coa vosa profesora ou profesor, comentades os  carteis sobre os libros e  a lectura que acharedes na presentación  ?
 Que vos suxiren as imaxes?
Estades de acordo coas mensaxes? Cambiariades algunha? 

Tamén podedes elaborar un cartel (individualmente ou en grupo) cun lema sobre o que vos inspira  a lectura, a biblioteca ou os libros .
Expoñeranse no taboleiro e...  @s que participedes teredes unha sorpresa!! 

sábado, 18 de outubro de 2014

Bibliotecas e cadros

Pensades que unha biblioteca pode ser o tema dun cadro?
Credes que haberá pintores que representen (ou representaron)  este tema nos seu cadros ?
Pois si... as bibliotecas foron e seguen sendo motivo de inspiración para os artistas
 Moitos pintores, de todos os estilos pictóricos, debuxaron coas súas pinceladas bibliotecas reais ou imaxinarias,  mostrando nos seus lenzos a súa visión destes lugares.
 Para algúns semellan ser o paraíso da imaxinación e da fantasía, para outros o paraíso do saber, para os de mais alá o paraíso do entretemento...
E vós, como vedes a biblioteca?
Que imaxe tendes dela?
Que é para vós?

Mirade estes cadros que seleccionei para vós. A ver que vos parecen. Ao rematar, respondende a estas preguntas: 
En que biblioteca credes que estarán gardados os  vosos libros favoritos? 
Cal é a biblioteca que mais vos gustou? 

luns, 13 de outubro de 2014

Un proxecto con moita ARTE

Comezamos este curso poñendo en marcha un novo  proxecto; o proxecto no que todo o cole traballará de forma colaborativa : ESCOLA DE PINTORES.
Con el pretendemos achegar as nenas e nenos ao mundo da ARTE, máis concretamente ao mundo da PINTURA.
A arte é unha boa estratexia para a educación en todas as áreas. Nos primeiros anos, potencia o pensamento crítico, reflexivo e creativo. É unha ferramenta de aprendizaxe que  estimula a crear e innovar. Cando @s nen@s poden coñecer e apreciar obras de arte, estimulamos a súa sensibilidade e brindámoslles un modelo no que apoiarse. A actividade de crear é produto da capacidade de cada persoa para imaxinar, buscar e inventar, polo que xa dende pequenos debemos procurar que disfruten de actividades artísticas, usando a imaxinación e expresando libremente as súas ideas.
Ao estimular a libre expresión, todas as artes contribúen a desenvolver un aspecto esencial:a creatividade.
Segundo  o manifesto "20 razóns polas que a arte é boa para os nenos" do Museo de Arte para nen@s  MOCHA (Museum of Children's Arts- Oakland, California, USA), a arte estimula o cerebro, fomenta a autoestima, favorece a coordinación e a expresión, ensina a pensar e a resolver problemas. A arte é valiosa por sí mesma e, a través dos seus traballos, os rapaces/as aprenden a valorarse a sí mesmos e a mundo que os rodea.

venres, 13 de xuño de 2014

We are HAPPY

Que  é  a felicidade?

Para nós, a felicidade vai moito máis alá de ter, de posuír .
   Reside nas emocións:  na ilusión, na empatía, na imaxinación ...
    Na casa, pero tamén na escola,  tratamos de educar nen@s felices.
       Que cousas pensades vós que fan felices aos nenos e nenas?


 As cousas máis sinxelas son as que nos fan máis felices... 
E cando somos felices, demostrámolo... 
Como?   Mirade o video

domingo, 1 de xuño de 2014

Miguel Ángel Alonso

Miguel Alonso chegou a  Toén co sorriso nos beizos.  Será porque fai o que lle gusta? 
Él di que é "un soñador que non soña. Vive un soño!"  
E debe ser certo.
O que se percibe tralo seu sorriso é que é unha persoa feliz.
Contounos que hai dous libros que o acompañan  dende neno,  e que os leu moitas veces, porque "cada vez que volves ler un libro,  descobres algo novo". Son : "O principiño" de Saint-Exupèry e "Momo" de Michael Ende.
Comezou a escribir cando aínda non tiña barba. Estaba aínda na escola e os seus compañeiros eran o seu público.
É o autor, xunto con Luz Beloso que pon a súa arte ao servizo das historias que conta Miguel, de tres libros para nenos :
"O cullarapo croque"(2012)
"A nena a que non deixaban ser feliz" (2013)
"O soño de Esther"(2014)

 Contounos o conto do cullarapo Croque e ensinounos a facer debuxos de luz.
Amosounos tamén como se desenvolve o proceso de  edición dos seus libros .
Tivemos nas mans os "ferros" do libro "A nena a que non deixaban ser feliz", que son as probas de impresión , unha especie de ensaio,  para ver o libro montado tal e como sairá das máquinas. Tamén vimos as pranchas, unhas láminas de metal que levan toda a información  para imprimir cada unha das follas que formarán o libro, e os pregos, o conxunto de páxinas que se imprimen nunha mesma folla e que logo hai que dobrar , cortar e encadernar.

Foi unha charla moi interesante .
Só nos queda dicir: Grazas, Miguel, pola visita e por compartir connosco a maxia dos teus libros.



Miguel Alonso by Slidely Slideshow





As fotos da Festa

Estas son algunhas das fotos da nosa FESTA das LETRAS
Ceip Saco E Arce's Slidely by Slidely Slideshow

mércores, 28 de maio de 2014

Parabéns, Quino

    Mafalda cumprirá en setembro 50 anos.
 E para celebralo, hai algo mellor que recibir un premio?

Quino gañou o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, 2014

Sabedes que esta "nena" naceu coma un encargo que unha firma de electrodomésticos lle fixo a Quino, o debuxante? Pois sí.   Naceu coma unha idea publicitaria, aínda que non chegou a empregarse para ese fin.
Quino deuse conta de que este personaxe e os demais que a acompañan (Miguelito, Susanita, Manolito, Felipe, Libertad ou Guille),  poderían representar moi ben a clase media arxentina dos anos 60 e comezou a publicar as tiras nun xornal .
É case imposible non verse retratado ou ver reflexada a personalidade de alguén do noso entorno nalgún dos personaxes de Mafalda.
 Como é unha nena pequena , pode cuestionar calquera tema dun xeito que a primeira vista parece inocente, pero que  resulta unha crítica mordaz  ao comportamento das persoas.
.As súas reflexións servirán (por desgraza) durante moitos anos máis, pois critican actitudes que a humanidade segue mantendo.
Dela podemos aprender a non ser egoístas e outros valores importantes na vida como a amizade, a lealtade, o valor, o disfrute dos libros, o amor á natureza ... 
 A mín encántame o mimo co que Mafalda coidaba o seu globo terráqueo, abrigándoo e meténdoo na cama para que non enfermara ..
  Ogallá dentro doutros 50 anos, as queixas e  críticas de Mafalda queden desfasadas!. Iso significará que vivimos nun mundo mellor.

Festa das LETRAS, 2014

Por segundo ano consecutivo, un grupo de papás-gaiteiros prestáronse  a amenizarnos a Festa das Letras e viñeron ao cole acompañados das gaitas e os tamborís.
Nós recitamos, cantamos, bailamos e representamos o que tiñamos preparado para todas as familias que se achegaron a vernos.
Ao rematar, como non podía ser menos, houbo festa e merenda.

- 3º Ciclo : "Diaz Castro"
- EI: "O gaiteiro de Toén"
- 1º Ciclo: "A amora na silva"
- 1º e 2º: Baile "Perico Pérez"
- 2º: "A bertolina"
- 2º : "Malo será..."
- 2º Ciclo: Muiñeira de Chantada" "O tren" "Rap dos continentes"
- 3º ciclo : "Picadura mortal"
- Himno Galego


Gústannos os contos

A tod@s nos gusta que nos conten contos.
 Xa o temos probado en moitas ocasións.
Todos os anos invitamos a algunha (ou algún) contacontos profesional a que se achegue ao cole e nos deleite co seu bo facer.
A semana pasada estivo connosco Nate, do grupo de teatro Sarabela , compartindo con tod@s  a maxia dos contos .

mércores, 14 de maio de 2014

As familias CONTAN moito : GRAZAS

Xa sei quen non hai excusa, pero a falta de tempo foi a causa da tardanza.
GRAZAS, GRAZAS e GRAZAS a todas as mamás e ao papá que nos regalaron  un anaco do seu tempo  e compartiron connosco a maxia dos contos durante o noso Mes dos Libros.
Nas presentacións de embaixo podedes ver o ben que o fixeron.


(NOTA: Xa sei que se escoitan moitas músicas mesturadas ao abrir a páxina. Síntoo, pero se configuramos as presentacións para que non empecen automáticamente, non se escoita a música e perden moito.  Premede no altofalante de cada slide (arriba, á esquerda) e logo abride a que vos interese. )

martes, 6 de maio de 2014

As familias CONTAN moito, 5 de maio : A mamá de Martín

Marta é a mamá de Martín. Contounos o conto "Corre, corre  cabaciña"

As familias CONTAN moito- 30 de abril : A mamá de Candela

Que ben o pasamos co conto que nos contou Susi "A Casa da Mosca Chosca


As familias CONTAN moito, 29 de abril : Bea

Bea é a mamá de Xan e Alexandre.
 Contounos un conto moi chulo "A banda de Vilacendoi" 

As familias CONTAN moito, 28 de abril: O papá de Anxo

José Manuel foi o único papi-contacontos que se achegou ao cole para compartir connosco un pouco do seu tempo. Elixiu o conto "Os sete cabritos" e gustounos moito.

A familias CONTAN moito, 25 de abril : Fani

A mamá de Hugo e Valeria contounos a historia de Hércules.
Gustounos un montón!

As familias CONTAN moito -- 24 de abril: A mamá de Jose M. e Arón

Noemí, a mamá de Jose e Arón elixiu un libro da biblioteca "Peter Pan"

As familias CONTAN moito -- 23 de abril : Os papás de Gabriel

Iria e Adán, os papás de Gabriel, contaron dous contos: "
Invitáronos a axudarlles e nós... encantados!
Foi como ter uns contacontos profesionais!

As familias CONTAN moito -- 22 de abril: Lúa e Minerva

Lúa elixiu o conto que nos contou a súa mamá. Era un conto con moita fantasía... Había un bosque enmeigado con fadas, elfos, bruxas, trasnos, ogros ...

As familias CONTAN moito, 11 de Abril : Theo e a súa mamá

A mamá de Theo achegouse ao cole e leunos o conto "As princesas bailarinas" , escrito polos irmáns Grimm

As familias CONTAN moito, 10 de abril: Antón e a súa mamá

Antón e a súa mamá, Lali, foron os primeiros en deleitarnos coa lectura dun conto.
Elixiron o  libro "Al conejito le encanta leer", de Deborah Melmon.
 Aínda que o libro está en castelán, Lali contóunolo en galego, como debe ser!!

martes, 22 de abril de 2014

Compartimos lecturas


Compartir o noso tempo e as nosas lecturas é unha actividade que poñemos en marcha varias veces ao longo do ano porque é unha maneira de compartir tamén a maxia dos contos.

E, que mellor maneira de celebrar o Mes dos libros!

sábado, 19 de abril de 2014

E tí, onde les?

Les no colo da mamá?
Les na cama co papá?
Les no cuarto de baño mentres ...  ?
Les a caixa dos cereais mentres almorzas?
Les no autobús?
Seguro que mais dun LE-ón ou LEO-na contestou SÍ a moitas das preguntas .

  Démoslle unha cámara as nenas e nenos colaboradores para que fotografasen aos compañeir@s,  irmáns, amigos ... realizando esta actividade tan pracenteira... porque no cole cada un de nós le onde lle peta.

Estas son as fotos que fixeron: 

domingo, 6 de abril de 2014

Se tí LES, eles LEN



Aquí estamos de novo outro mes de abril, outro mes dos libros.
 E este ano gustaríanos encher o mes de lecturas na biblio.
Porque @s nen@s pequen@s necesitan das historias e da literatura para medrar, para que un día comecen a contar as súas propias historias.
E necesitan que os adultos (sobre todo os da súa familia e achegados) se mostren diante deles como lectores pois iso faralles ver que a lectura é unha práctica social e cultural valorada polas persoas máis significativas nas súas vidas .
Por iso pedimos a vosa colaboración.
Queremos invitarvos (calquera membro da familia será ben recibido) a celebrar o Mes dos Libros connosco, cunha lectura na Biblioteca do cole.
Que vos parece convertirvos en CONTACONTOS por un día?
Achegádevos á Biblio, escollede un conto que vos guste, levádeo á casa para "facelo voso" e... xa está!
Quedaredes convertidos en "Contacontos profesionais"... e @s nen@s estarán encantad@s!
Estamos segur@s de que será unha experiencia que non esqueceredes, nin esquecerán @s vos@s fill@s,
 (ou net@s, ou sobriñ@s)...E deixará  unha pegada imborrable pola carga afectiva que implica escoitar un relato na voz de alguén querido.

ÁNIMO !
CONTAMOS CONVOSCO!



sábado, 5 de abril de 2014

Abril, Mes do Libro


Ano tras ano intentamos programar un Mes dos Libros con múltiples actividades para disfrutar dos libros dun xeito especial.
Queremos que sexan actividades orixinais, pero sobre todo divertidas .

Estas son as actividades que programamos na Biblioteca:


Animamosvos a todos a participar e vivir estas datas como unha verdadeira festa.

mércores, 2 de abril de 2014

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares

O pasado venres achegámonos a Santiago para participar nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014
Eramos mais de 500  mestras e mestres, responsables ou integrantes dos equipos de biblioteca de todos os centros que formamos parte do PLAMBE.
 Dende hai tres anos,  o noso centro está incluído neste proxecto  que fomenta a renovación das BibEs dos centros para que o alumnado do século XXI conte con recursos que os convertan en lectores competentes e lles axuden a desenvolver as súas competencias básicas 
   Os Encontros reuniron a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras e científicos como Jorge Mira.
Nós fomos convidad@s a participar nunha das Mesas de Experiencias para falarlles aos demáis compañeir@s sobre as actividades que levamos a cabo na nosa biblioteca. 
A verdade e que, despois de superar o medo escénico a falar diante de tanta xente, sentímonos orgullos@s de que o noso traballo se vexa recoñecido, e de que a nosa biblioteca sexa coñecida fóra das catro paredes que a rodean. 
Grazas pola invitación.

luns, 31 de marzo de 2014

Xogando ...

Como dicía a miña avoa : "Todo se pega!"
O outro día,  ao entrar na biblio, sorprendemos a este grupo xogando.
 Quedamos escoitando, e adiviñades a que xogaban? A prestar e devolver libros...
Jose era o bibliotecario e "anotaba" no ordenador os libros que levaban os demais.
Deixovos a escea en cómic:

xoves, 27 de marzo de 2014

Poesía na equipaxe

O Día da Poesía coincide coa chegada da primavera, tema que ten inspirado a poetas de todas as épocas e lugares
.A primavera  é unha  época do ano ideal para viaxar.
Nós quixemos mesturar estas dúas cousas e buscamos nos libros da biblio poemas que falaran de viaxes, poemas que falaran de  países lonxanos, poemas noutras linguas ... porque a poesía é un territorio universal onde os pobos mais alexados poden xuntarse mediante palabras de todas as cores, ritmos e sons.
Lémolos e despois, cada clase creou un poema dedicado ao país sobre o que está pescudando dentro do Proxecto anual  "A volta ao mundo con Efrén". Para recibir a primavera coa equipaxe  cheíña de poesía...

domingo, 23 de marzo de 2014

O noso bosque da poesía

Todos sabemos que o día 21 de marzo é un día moi "completiño": comeza a primavera, é o Día das Árbores e o Día da Poesía.
Nós quixemos reunir todo iso e argallamos esta actividade .
Cada clase elixiu a silueta dunha árbore .  Levámola á casa e tivemos que buscar un poema dedicado a unha árbore ou ao bosque.
 Podiamos buscar nun libro de poemas, podiamos pedir axuda aos papás, mamás, avós... Podiamos crear o noso propio poema...
 O caso era atopar unha poesía que nos gustara ... e escribila na nosa árbore .
Así é como loce o noso bosque da poesía:

sábado, 22 de marzo de 2014

21 de marzo, Día das Árbores

Como case todos os anos, recibimos a visita de Xosé Santos, o técnico forestal, que sempre que se achega ao cole trata de trasmitirnos o seu amor polas árbores e a natureza.
Esta vez viña moi ben acompañado... O profe Pepe veu axudarnos coas actividades e a plantación ...
Hai xente que colecciona cromos... Nós coleccionamos árbores.
Cada ano, polo Día da Árbore, Santos aparece cargado con especies diferentes. Hoxe trouxo abetos de Douglas, pradairos, cerdeiras, e algún carballo.
Cando pasen uns anos, o noso patio será un espazo   onde os paxaros, os esquíos e os coellos atoparán acubillo e non pasarán fame.
Agora só nos queda coidar as nosas árbores para que medren e dean froitos... 
Podedes ver as fotos aqui abaixo. (A canción é de Paco Nogueiras Nodar e titúlase "Cos pés na terra", como o noso proxecto de hai tres anos)



Pero este ano, Santos trouxo tamén un xogo de orientación.
Como sabe que estamos "viaxando ao redor do mundo"...

<

mércores, 19 de marzo de 2014

Medramos compartindo ...

Outra das actividades das semanas da Paz e do Amor  foi o traballo colaborativo levado a cabo entre os nenos e nenas de 2º de EP e os de EI 3.
Os maiores axudaron aos "peques"  a que "desen a lata" da mellor maneira posible.
Como?
Compartindo o seu tempo con eles e axudándolles a dar os últimos toques á decoración  das súas latas.

Podedes velo todo no video que prepararon as profes no que proclaman aos catro ventos a amizade que xurdiu entre tod@s eles.

 

Xornalistas pola PAZ


Tardamos un pouco, pero... todo o bo se fai esperar !
Presentámosvos o terceiro número da nosa  revista de PAZ, na que todas as nenas e nenos do cole se converten en xornalistas e redactan noticias que non é doado atopar nos xornais : noticias que falan de colaboración, tolerancia,  xustiza, amizade, alegría...
Que máis se pode pedir?

domingo, 9 de marzo de 2014

Rosalía

Esta é a homenaxe das nenas e nenos de 6º  no Día de Rosalía.
Traducimos ao inglés os primeiros versos do seu poema "Adiós ríos, adiós fontes".
A ver que vos parece a montaxe que fixemos:


Rosalia de Castro Day - 24/02/2014
"Adios rios, adios fontes" translated into English by Students in Grade 6 -

luns, 3 de marzo de 2014

Festa de Entroido

Todos os Entroidos, moit@s nais, pais, avoas, avós... e demais familia achéganse ao cole para ver os disfraces que elaboramos axudados polas profes, e nanlgúns casos, polas mamás ...
Este ano, o tempo non deu tregua, e tivemos que facer o desfile no interior por mor da chuvia. 
Pero, aínda a pesar do reducido do espazo, pasámolo estupendamente:



Festa de Entroido no CEIP Saco e Arce.
Proxecto; "A volta ao mundo con Efrén"

Semana de Entroido



 O luns, Efrén e un amigo que veu de visita apareceron disfrazados de Willy Fogg e Romy, os personaxes da serie de debuxos animados "A volta ao mundo"
Estamos tod@s (profes, mamás, papás, avoas... e nen@s ) traballando arreo para ter preparados os nosos disfraces para a festa do venres.... se o tempo o permite.

... Porque este  ano, con tanta chuvia e tanto vento ...
 Non sei ..., non sei como andará a cousa...
Dende logo, ímolo pasar ben de calquera maneira...


Comezamos a semana cos  Mandadiños de Efrén:


De tanto viaxar polo mundo , fómonos acostumando aos cambios:
Cambio de hora...
Cambio de moeda...
Cambio de idioma...
CAMBIOS, CAMBIOS, CAMBIOS...


Vede o resume da semana
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free picture slideshow

Tamén andamos atarefados ensaiando a canción que escribiron os nen@s maiores coa profe de música.
A música é da Orquesta Mondragón: " Ven Viaxar Connosco"



luns, 17 de febreiro de 2014

Amamos a lectura!




Inculcar as nenas e nenos o amor pola lectura é un dos mellores regalos que podemos facerlles.
A lectura dalles a oportunidade de experimentar sensacións e sentimentos cos que maduran e aprenden, ademas de disfrutar. Medran en todos os sentidos!
Cun libro na man rin, soñan, e coñecen outros mundos ... ou polo menos iso é o que din eles ...



Efrén fixo un intercambio con todas a s nenas e nenos:
 un corazón de chocolate a cambio dun corazón onde explicasen o seu AMOR  a LECTURA: