
E este ano gustaríanos encher o mes de lecturas na biblio.
Porque @s nen@s pequen@s necesitan das historias e da literatura para medrar, para que un día comecen a contar as súas propias historias.
E necesitan que os adultos (sobre todo os da súa familia e achegados) se mostren diante deles como lectores pois iso faralles ver que a lectura é unha práctica social e cultural valorada polas persoas máis significativas nas súas vidas .
Por iso pedimos a vosa colaboración.
Queremos invitarvos (calquera membro da familia será ben recibido) a celebrar o Mes dos Libros connosco, cunha lectura na Biblioteca do cole.
Que vos parece convertirvos en CONTACONTOS por un día?
Achegádevos á Biblio, escollede un conto que vos guste, levádeo á casa para "facelo voso" e... xa está!
Quedaredes convertidos en "Contacontos profesionais"... e @s nen@s estarán encantad@s!
Estamos segur@s de que será unha experiencia que non esqueceredes, nin esquecerán @s vos@s fill@s,
(ou net@s, ou sobriñ@s)...E deixará unha pegada imborrable pola carga afectiva que implica escoitar un relato na voz de alguén querido.
ÁNIMO !
CONTAMOS CONVOSCO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario